Andrés Milleiro
Weblog personal

Arquivo para Abril, 2006

La belleza de la enemistad 0

Quen non ten enemigos, tampouco sole ter amigos.

Baltasar Gracián (1601-1658) Escritor español.

Palomares en Pontevedra 4

Lores
O alcalde de Pontevedra se baña no rio Lérez pra demostrar a súa limpeza (a do río,claro)

No te quieres enterar (ye,ye) 1

20 euros de Diesel…y me canta One,por favor 0

Tiñamos esas colas de millas e os coches seguían chegando, así que o deixei.

Bono,de u2, sobre o seu anterior traballo nunha gasoliñeira.

Hazte oír (y de qué manera) 0

A xente de Hazte Oír, que son xente do ámbito da FAES (e polo tanto do Partido Popular,por moito que non se queira ver) bombardean diariamente os buzóns de cartas ó director dos 120 principais periódicos de España.Así de claro é o titular.
Nacho Escolar, que fai pouco deixara a redacción de Informativos Telecinco para irse a La Voz de Almería, comenta na súa bloga que nestes primeiros días que está no periódico non fai máis que recibir cartas de xente bastante conservadora (seu comentario de “Son cosa de cincuenta al día y hacen que Losantos parezca de centro” di moito),e que encontrou o motivo.
En Hazte Oír instalaron un script (un programa metido na web pra que o usen os visitantes, falando claro) que permite escribir unha carta,co seu nome e demáis, e enviala ós 120 principais periódicos do Estado.
Non sei qué te parecerá a ti bombardear os diarios pra intentar facer crer que a túa opinión é a maioritaria, pero a mín vergoñoso polo menos.

A París 0

Nos vamos a Paris
Parabéns a tódolos culés coma eu. Parabéns F.C.Barcelona. Só queda un paso máis.

El FMI asfixia Nicaragua 1

O 80% da población nicaragüense vive con menos de 2 dólares ó día. A pesar deste elevado índice de pobreza, o FMI (Fondo Monetario Internacional), unha das institucións máis influíntes do planeta, exixe ó Governo de Nicaragua que restrinxa ó máximo o gasto público. Como resultado, a inversión en saúde e educación se estancou nos derradeiros anos. As consecuencias son dramáticas:

-6 de cada 10 xoves en idade de estudar secundaria quedan fóra do sistema educativo.

-O Governo nicaragüense só gasta 2 dólares anuais por persoa en medicamentos esenciais, cando a OMS (Organización Mundial da Saúde) aconsella,ó menos, 30 dólares.

-O 70% dos xoves se iría do país se tivera oportunidade.


ESCRIBE a Rodrigo Rato, director xerente do FMI, e EX?XELLE que o Fondo Monetario Internacional acabe coas restriccións que condicionan ó Governo de Nicaragua e que estableza un diálogo aberto sobre estos procesos e o seu impacto no país centroamericano.

I Certamen Fotográfico ¿Y PoR Qué No? 0

¿Y PoR Qué No? convoca o seu I Certamen Fotográfico. A temática das fotos debe ser Linux ou Hacker (deixando a libre elección a definición destes termos).Os premios serán otorgados polas revistas Linux+ e Hakin9,as cales nos ofrecen un estupendo premio para esta primera edición do certame.
Participa. Máis información eiquí.

Necesitaba mostrarlo 12

¿Alguén lembra o Soko-ban? Era un xogo de fai uns aniños…onde unha persoa tiña que mover unhas caixas a determinados sitios,ou apartalas dos seus camiños…de fai uns aniños xa me refiro a fai anos…pero que foi bastante mítico no seu momento. Por deus…alguén me lembrou o Soko-ban cos 4 millóns de firmas (espero que non puxeran as que metimos de coña na súa web…porque eu me baixei o script, o deixei unha noite,e firmou como Francisco Franco Baamonde con distintos DNI’s unhas 10000 veces…en fin…a imaxe do día:

Rajoy
vía

De obras 0

Estamos de obras.Perdonen las molestias….
Seguimos de obras más o menos…pero aplazadas unos días,porque no termina de quedar bien lo que quiero…y no tengo apenas tiempo…

Posteriores »