Andrés Milleiro
Weblog personal

Arquivo para Junio, 2006

Touriño veranea en Sanxenxo 0

Ou iso se comenta…malas linguas din que o actual presidente socialista da Xunta alquilou un bo chalet situado en Areas (Sanxenxo) a un coñecido médico e director de hospital pontevedrés.
O mellor de todo é que o suposto chalet está frente a miña casa. Seguiremos informando…

LLega el carnet por puntos 0

Todo o mundo atentos a se teñen máis puntos na cartilla pra as cacerolas do supermercado que no carnet de conducir e mentras, un servidor intentando sacarse o carnet de conducir.
Agora que xa comencei a meter quinta,me estou a fixar en que vai ser moi difícil conseguir examiñarme o 21 de Xullo do Teórico…pero non imposíbel. Hoxe con dúas clases na autoescola xa lembrei as luces (sí,posición e cruce en poblado sempre ;)),e a limpeza de cristais,posición de espellos e demáis.
Claro,agora chega a fin de semana,e mentras uns farán sudokus, eu seguirei facendo tests (que por certo,teño que comezar a baixar a miña cifra de faios xa nos tests…a mestra hoxe na autoescola me dixo algo como podes mirar un pouco polo libro mentras os fas…),pero bon, toca fin de semana intenso!!!

Prabhu Deva,ese gigoló hindú 3

Digno de ver este video estilo “Grease” recén chegado de Bollingwood,de terras indias,protagonizado por Prabhu Deva, un auténtico gigoló por aquelas terras…o tema se chama Kalluri Vaanil e polo que se ve no vídeo debe ser unha versión de Camela…o vídeo é digno de ver :D

Mercadona acosa 25

Hai cousas que as grandes empresas non queren que se sepa.Lendo No Logo descubrín casos bastante interesantes como o caso famoso chamado McLibel
,contra unha gran empresa como McDonald’s.
Pois ben…o outro día ollando un pouco as novas e demáis te das conta que unha empresa como Mercadona,que se acaba de instalar fai máis ben pouco na Galiza e en Pontevedra, explota ós seus traballadores. O primeiro que pensas é “bon,outra empresa máis…”,pero te paras a ler un pouco,a ver os casos,e ves como un sindicato sen moita presenza nen demasiado poder como a CNT conseguiu pouco a pouco comezar a ganarlle xuizos a toda unha gran cadea de supermercados como Mercadona. Non son un nen dous os casos,senon centos e bastante variados (firma do despido ou senon te acusan de robo e polo tanto teñen dereito ó despido, maltratos en centros loxísticos…). En fin,que se queres saber un pouco máis, e pensar que cicais sexa “máis ético” mercar en outro supermercado que non sexa Mercadona, te recomendo que visites a web monográfica sobre o tema.
Sitio:Mercadona Acosa

Día cero en el B1 5

Mañá comeza un pequeno proxecto que agardo saia ben,e agardo contalo pouquiño a pouco na bloga.Mañá comezo a intentar sacar o carné de conducir.Tarea pola que todos debemos pasar se queremos ser Farruquito de maior (agardemos non chegar a esos extremos),e este verán tócame a mín. En principio intentarei poñerme as pilas co teórico e intentar sacalo en Xullo (o 21 primeiro intento,e se non,o 28),e en Setembro a ver se o práctico…seguiremos informando mañá co meu primeiro día na autoescola.

Desmadre en el Marquesito 3

Varios mariñeiros da Armada Española rodan un vídeo porno no seu barco con base en Cádiz e circula pola rede.
Para quen teña todavía morbo de velo,un fragmento en Youtube:

Si alguén o quere enteiro,está no eMule…

Quien siembra vientos… 0

Mientras en Vascongadas se simula una parada de la actividad terrorista, en la que se cuentan más de cuarenta agresiones, incluido el incendio del negocio de un concejal de Unión del Pueblo Navarro; en Galicia renace el nacionalismo independentista, que acaba de poner tres bombas.
Era de esperar el despertar del independentismo izquierdista gallego aquí en nuestro país, donde a los criminales se les va a premiar sentándolos en reuniones oficiales junto a la “la cúpula en pleno del PSE” según afirmó Pachi López, después de dos años de conversaciones clandestinas.

Miguel Barrachina, diputado del Partido Popular, en su blog.

The best of “La Sexta” 2

¿Que tes pánico a presentar un programa na tele? Lle das un traguito ó anís e a salir a presentar…o problema é cando eso non era anís,ou te pasas bebendo e saes demasiado contenta…

A veces aínda co pánico, grandes “profesionais” como Lopetegui teñen “problemas no directo”:

Sennheiser PX-100 3

Meus antigos cascos Sony co tempo se foron fastidiando e hoxe me decidín a mercar uns novos. Fai xa moito tempo (creo que ata incluso antes de mercar esos cascos de Sony) me fixara,sobre todo por xente música que usa micrófonos de esta marca, nos auriculares de Sennheiser. En concreto,merquei o modelo PX-100No poco tempo que tiven para escoitalos co iPod,a verdade que non me defraudaron.Están bastante ben no aspecto estético,porque son plegábeis e ten unha caixiña parecida á dunhas gafas de sol onde metelos. En canto ó son,o distribúe moi ben,sobre todo os baixos, onde non se nota distorsión algunha aínda subindo bastante o volume. Sempre cuns auriculares os primeiros días o son vai ser algo peor ó non ter tan aberto seu diafragma,pero me convenceron bastante pola súa calidade. ¿O prezo?
Cicais seu pequeno inconvinte: dependendo das tiendas está entre 30 e 45 euros..

Love is blindness-Can’t help falling in love (U2) 1

Posteriores »