Andrés Milleiro
Weblog personal

Arquivo para Julio, 2006

O Sacristán de Basán 0

Este é o Xabarín Club que queremos voltar a ver…


Pola volta do Xabarin Club- http://www.quevolvaoxabarin.tk

Que vuelva el Xabarín 4

Pertenzo á
xeración do Xabarín Club,o recoñezo.A miña infancia discurriu rodeada de “pero que jalo é”, de “eu son fillo de antonio e de juana carballo”,de “inventa o futbolín,inventa a tralla brava Alexandre de Fisterra moito traballa”…e polo tanto QUERO QUE VOLVA O XABAR?N E SUS CD’S.

FIRMAS ON-LINE PARA SOLICITAR LA VUELTA DEL XABAR?N CLUB Y SUS CD’S DE MÚSICA
www.quevolvaoxabarin.tk

El presidente Touriño no se sabe el himno gallego 20

E aquí a mostra…vídeo do izado da bandeira polo Día da Pátria deste ano e na metade do vídeo,Touriño “balbucea” o himno; a súa esposa ata chega a mirar hacia él como dicindo: “eso debe ser o aserejé”. Triste. Moi triste,Touriño…

La miseria en ?frica 13



Informe de Intermón-Oxfam acerca da miseria actualmente en ?frica. A análise é da miña irmá,Irene Milleiro,e creo que é bastante interesante (ademáis é breve)…os poño as dúas apariciónes que tivo,na 1 e na 2…

Primera clase práctica 3

Avisados quedan,coidado con coller esta tarde seu turismo entre as 16.30 e as 17.15. Toca a primeira clase práctica na autoescola…é dicir,primeira vez que conduzo un coche.Agárrate Pontevedra que aí vamos…
Polo demáis,me examinarei do exame teórico…o próximo Luns,o Luns 31. ¿Qué tal cos tests? Buf…si,si “a muy buen ritmo” como me di a da autoescola,pero en máis dun e de dous teño máis de catro faios…pregúntome eu cánta xente cun ou dous anos de carnet simplemente lembra cántas insuflacións hai que facer a un rapaz en caso de accidente…

Nova Poesía Galega 0

Actualmente,estamos vivindo unha etapa (aínda que para algúns sexa o contrario) de pacificación do País Vasco,inmerso nun proceso de paz,que se vive con bastante ilusión por moita xente.
Mentras,noutra das nacionalidades históricas,Galiza,se vive cunha lixeira,pero non por elo imborrábel preocupazón polo que está sucedendo.Ninguén sabe quén é ou quénes son exactamente,pero lembranzas pasadas lles veñen a moitos á cabeza. A última experiencia terrorista na Galiza foi a do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive,que tivo a súa vida entre finais dos 80 ata mediados dos 90,e que finalmente foi desarmado.
Se acerca o 25 de Xullo,unha data clave no calendario independentista galego,e por elo,volven a soar as alarmas. O pasado 25 de Xullo estoupou unha bomba en Santiago de Compostela na oficina principal de Caixa Galicia.Dous independentistas,coñecidos en toda Galiza (a ela,que se movía no ambente en Pontevedra,a coñezo de falar algunha vez),os causantes,e detidos momentos despois. Uxío e Xiana non sabemos se eran o comezo de algo,se había algo máis preparado,pero desembocou,meses despois,na Operación
Castiñeira
(chamada así en honor a un dos policías asasinados polo Exército Guerrilheiro), unha operación (para moitos non-independentistas,entre os que me inclúo,desproporcionada e sen demasiada razón de ser) que buscaba información e,pra que negalo,facer crer á población que había medo e que o independentismo galego era pouco menos que ETA.
Fai escasos días,estoupou en Sigüeiro un
pequeno artefacto
nunha casa relacionada coa empresa que constrúe unha autovía na Galiza,perto de Santiago. ¿É algo aislado ou hai un xerme?

Telmo, candidato del PP por Pontevedra 17

O que pode mudar unha campaña electoral da noite á mañá. Telmo Martín, actual alcalde do PP por Sanxenxo,se presenta a alcalde por Pontevedra.Bombazo nas últimas horas na capital do Lérez.
O que parecía unha victoria posibelmente por maioría absoluta,de novo de Miguel Anxo Lores co Bloque Nacionalista Galego, non semella tal nestes intres. Persoalmente, tremería de ver a unha persoaxe da calaña de Telmo Martín na alcaldía de Pontevedra,básicamente por temas polémicos que tivo en Sanxenxo como o da ronda (un saúdo pra o colectivo Ronda Non), que finalmente tivo que denegar pola gran oposición, ou como o ser socio partícipe nunha constructora (Construcuatro), con todo o que elo conleva sendo un alcalde…
Agardemos que finalmente o Partido Popular siga sendo oposición como nestes oito pasados anos en Pontevedra,e o BNG siga no poder…pero creo que ninguén pode negar que foi a nova do día, da semana,e de moito tempo en Pontevedra…

O ano do cambio 0

Na Galiza, o pasado ano se consumiu unha etapa política,era o fin do mandato de Manuel Fraga ó frente da Xunta e o comezo en Galiza,por primeira vez dende a Transición, de un governo “de esquerdas”,con Touriño de Presidente polo PSOE e con Anxo Quintana polo BNG como Vicepresidente.
Ben,xa pasou algo máis dun ano e vai sendo hora de facer balance do feito. Certo é que algo mellor que na etapa de Fraga se ve a Galiza, ó menos no plano social. E pouco máis. Para que mentir.En A Nosa Terra comentan que o cambio político se percibe nas formas.Pois menos mal,pensa un, ó menos se nota nas formas.
Un bo termómetro do cambio,do real cambio, é calquera fogar galego.Ó galego medio segue costándolle chegar a fin de mes, o galego medio segue tendo que emigrar a Canarias ou a Suiza en busca dun traballo,algo que pasaba con Manuel Fraga e segue pasando agora. Recentemente,nun documental sobre Muxía tralo accidente do Prestige, falaba unha muller que regresou tras estar traballando en Suíza uns anos,e que comentaba que se tivese que volver a emigrar por un traballo,o faría.
Relacionado con isto,e co mal (ou relativamente mal) que se fixeron as cousas neste país, destacar que Irlanda,foi (e creo que o segue sendo) Obxetivo 1,ó igual que Galiza,para a Unión Europea,no tema de subvencións. ¿Qué fixo Irlanda? Ofrecer terreos ventaxosos para empresas tecnolóxicas e intentar que modernicen o país,tendo agora a grandes empresas como Adobe. ¿Qué fixemos na Galiza? Todavía non o sei. Moita sorte a Zeltia e a Blusens,posiblemente as dúas empresas galegas máis tecnolóxicas (Inditex cicais tamén cabe no saco?), que intentan subsistir e saír adiante. Non boto a culpa do tema da xestión das subvencións ó novo goberno, simplemente fai falla ir ó aeroporto de Lavacolla calquera día e ver os billetes de Ida a Canarias.

Nuevo tema en el blog 1

Sí…notaredes un pequeno cambio na bloga…mudei de tema e estou modificando pouco a pouco un de Yukei,así que pouco a pouco esto mudará un pouco…agardo que lles guste.

Même until the end of the world… 2

Collo este même de Manu . Unhas cantas preguntas do que farías se se acabara o mundo xa mismo:
1. ¿Qué canción te gustaría escoitar?
Creo que “With or Without You” de U2,porque é unha canción que fala un pouco do tema da relación que unha persoa ten con Deus,de que non consegue atopar a Deus demasiado ben,e que ten un pouco de medo ó fin…
2. ¿Qué libro te gustaría ollear?
Creo que un libro que me gustaría ler e non puiden sería “A Biblia”…quitándolle ese barniz cristián creo que oculta grandes mensaxes pra a nosa vida…mesmo U2 usou en moitas cancións fragmentos de evanxeos,por pór un exemplo…
3. ¿Con quén te gustaría falar?
Buf…non o sei,creo que con demasiada xente…depende do tiempo que tivese.
4. ¿Qué te gustaría comer?
Non lle otorgo moita importancia…quizá unha empanada,polo tema de irme lembrando de onde veño,pero me da que coas présas remataría sendo un sandwich e a correr…
5. ¿Qué farías, qué te queda pendente por facer?
Coñecer a unha persoa,que despois de moitos anos,quilómetros e infortunios todavía non teño o placer de coñecer…

E o paso a…Lorena (fotologa) e a Rocío (bloga)

Posteriores »