Mejor no haberse despertado 10
Creo que hai días nos que é mellor non terse espertado. Levanteime ás 9, e no meu habitual vistazo na red me atopo con que estoupa “un artefacto” en Barajas(meneada por min) e que asasinaron a Sadam esta mañá. Sí, e recalco o de asasinado, ao igual que o ten feito el cos kurdos, porque o que hoxe se ten feito “en nome da paz mundial” non é máis que un acto de cara á galería, e me avergoño como cidadán de Occidente de facer estas cousas en pleno siglo XXI. Veremos en breve o que vai solucionar.
Respecto ao tema de Barajas, nestes intres non se saben demasiadas cousas, así que é mellor non falar moito. Se ten dito que se o comunicante falou en nome de ETA ou que se non, pero o que hai fixo é un aviso na DYA de Guipúzcoa, e iso da que pensar. E non quero dicir con isto que teña sido ETA, senón que perfectamente puido ser unha escisión, ao igual que ten sucedido co IRA, pero en fin, supoño que cando se lea isto todo se terá escrarecido (ou non). Veremos se se esgotou o cava (ou o champagne, por iso do cava catalán) na Rúa Génova esta mañá.


Esta entrada a estou a escribir dende
LO QUE EST? A PUNTO DE LEER ES UNA INOCENTADA.Deixo Weblogs SL. Canseime, e levo tan só uns meses. A decisión ven a raíz de que mellorase un pouco unha oferta económica en Hipertextual e ben, tamén que estaba cansado un pouco da xente de WeblogsSL.