Andrés Milleiro
Weblog personal

Arquivo para Enero, 2007

Las librerías de Salamanca 11

Organízate con eficaciaSe por algo pensei que era coñecida Salamanca era pola súa Universidade, súas bibliotecas e, maxinei, polas súas librerías. Pero ben, hoxe me levei unha pequeña decepzón.

Buscaba un libro en concreto: Organízate con eficacia, traduzón ao castelán do creo xa hipercoñecido (ao menos en Estados Unidos e no Universo Geek) Getting Things Done, coñecido tamén polas siglas GTD.

E ben, o tiña visto nalgunha librería online, pero ben, como me apetecía lelo en canto remate os exames, decidín pasar polas librerías máis grandes de Salamanca mentras viña a casa da facultade esta mañá. Comecei por Víctor Jara, pois tiña visto no seu web que o tiñan en tenda, e tamén porque está ao carón da miña facultade; cal é miña sorpresa cando ao chegar seu dono me di que o tivemos, según me di o ordenador no 2000 e logo en Outubro de 2005, así que habería que pedilo, que o dé dispoñíbel no noso web non quere dicir nada. Asombrado levemente, acudín a unhas cantas, onde o daban por esgotado, tanto en versión inglesa como en castelán, pois entonces terían que pedírmo.

En Cervantes nen lles soaba o libro, e atención ás dúas anécdotas do día: nunha das librerías ao buscalo a dependenta no pc puxo eficazia, ata que lle advertín do gazapo e, ao buscalo ben, me dixo que non quedaban exemplares (e xente así traballa nas librerías…). Noutra librería da cidade, cuxo nome non penso dicir por ser boa xente, me dixeron textualmente: na Casa del Libro seguro que o atopas. E me quedei pálido, teso, logo nos queixamos de que veña o Corte Inglés ou cousas así…

Así que en fin, sen querer buscar máis pois non estou como pra perder tempo, en casa botei unha ollada á rede e, certo, o atopei en la Casa del Libro pero, chegado o momento de pagar, non aceptaba miña tarxeta Maestro (unha Mastercard, de débito) da miña facultade. En fin, non é meu día de sorte hoxe. O pedín mediante Agapea, e todo foi xenial, incluso saiu un pouco máis barato. Agora agardemos que chegue bien.

Reglas estúpidas 2

Hoy en día un chaval de 15 años quizás haya visto más películas que su padre. Una persona de 25 años lleva más años de su vida chateando por Internet que sin hacerlo. Una persona de 50 años seguramente lea muchos libros y revistas sobre Internet pero apenas usa Internet. ¡Esa persona lleva 50 años leyendo libros! Algo realmente admirable. El problema viene cuando esta gente que ha vivido en un mundo analógico toda su vida piensa que las mismas reglas que se aplican a la hora de copiar, distribuir y vender libros se deben aplicar en el mundo digital. Esto es una impresión general, también hay gente con experiencia en la vida que sabe muy bien respetar las nuevas ideas e incluso crear ideas; por otro lado también hay jóvenes con mentes contaminadas de ideas carcas que hacen tanto o más daño que nuestras generaciones anteriores.

Máis na gran entrada que escribiu Kirai.

Videoraciones del 28 de Enero 4

Segunda entrega xa das Videoracións…Nesta ocasión destacadas por ser videos que vin en outros blogues, especialmente esta semana en Escolar.net, que puxo dous grandes vídeos, case historia da televisión…

  • O Gran (Gran grazas a videos como este) Wyoming no seu programa de La Sexta falando de César Vidal, a raíz dos disturbios coas bandas en Alcorcón esta semana e unhas declaracións que o propio César Vidal fixo, diño de ver. Visto en Escolar.net
  • O concelleiro de festas da Cidade Real presentando a Millán Salcedo, o de Martes y Trece, en rolda de prensa porque ía ser o pregoneiro dos Carnavais da cidade, non ten desperdizo…eu a verdade quero un concelleiro así de cachondo. Visto en Escolar.net
  • Un scaner HP Laserjet que fai música ao apagalo.Incríbel o vídeo, de veras, parece que os dos scaners de HP deixaron o bug metidiño aí dentro, e a verdade que é un cachondeo pai o vídeo co scaner facendo música. O vídeo o vin en Vidoblog
  • O capítulo da semana pasada dos rapaces de QVMT.O de esta serie é un auténtico vicio, e a verdade é que son xeniais. Para quen non os coñeza, é unha serie a través de Youtube do guionista de “Vaya Semanita”, o programa da ETB. O capítulo de esta semana eiquí (ver primeiro o que puxen)

  • Al juzgado por tu blog, ya en Galicia 11

    A moda dos Estados Unidos xa chegou a España, a Galiza, a Pontevedra. Ben, vexamos o titular:

    Dirixentes do PP levan ao xulgado a dous blogues de Cambados e O Grove

    [off-topic: Cambados e O Grove son dúas cidades da provincia de Pontevedra.]Sen entrar a xulgar de que partido viñesen as acusacións (aínda que en fin, o maxinaba) decidín entrar nos blogues e informarme un poco de que ía. Comencei por o blogue de O Grove, e descubrín que a denuncia non estaba interposta hacia unha persoa en concreto, que simplemente levantou acta un notario dos comentarios dos internautas e do autor. No caso de que alguén tente levar a xuizo un blogger polos comentarios dos internautas mal vai, a verdade, así que o único polo que pode facer algo é polo autor. Tanto un blogue como outro creo que non teñen autor coñecido, que se pudo rexistrar en Blogger cunha identidade anónima. Así que non lle vexo eu moito futuro.

    No respectivo a o blogue de Cambados pois, as cousas poden mudar, pois cae en delito de inxurias (ver aquí o articulado), pero claro, estamos nas mesmas. Namentras se poida escribir un blogue como “Manolo o do Bombo” non pasa nada. Cicais se poida pedir (que se pode, mediante autorización xudicial) a dirección física dende onde se escribiron esas entradas e velo. Se se tiveron escrito dende súa casa cicais teña un problema, se o ten feito dende un ordenador público xa non tanto. Pero me parecería unha “fantasmada” o involucrarse nisto por unhas inxurias.

    Blog de gadgets en gallego 15

    Parto nesta entrada supoñendo que sabes que é un gadget e que coñeces un blogue de gadgets, como Xataka. E ben, Xataka tivo seu comezo, e foi a raíz doutro blogue, concretamente de Merodeando, o blogue de Julio Alonso, que é o CEO de Weblogs SL, empresa coa que colaboro actualmente.

    E hoxe non quero precisamente falar de Weblogs SL, senón do futuro proxecto dun blogue de gadgets en galego. Ao igual que nesta entrada de Julio, cando buscaba a xente pra Xataka, hoxe escribo pra buscar a xente que esté disposta a un novo proxecto, o proxecto dun blogue de gadgets en galego. Eu xa o comentei vía correo electrónico con varias persoas, e as reaccións foron dispares: Manu di que non hai público lector suficiente pra un blogue así (eu creo que o mismo se dicía de Chuza e non hai máis que ver o portal agora mesmo), e outras persoas (entre elas algunha persoa destacada do Blogomillo) aceptaron o reto e se unen ao grupo.

    Así que se te gustan as novidades en canto a eses cacharriños, tes blogue e te apetece escribir sobre ilo e en galego, faimo chegar nos comentarios ou a través da sección de Contacto.

    Chega a neve 9

    Acaba de dar seu primeiro aviso en Salamanca fai un rato. Estaba cos tapóns estudando ata que escoitei un “¡La nieve, la nieve!” e me asomei á fiestra. Non tivo cuallado aínda que o rato que nevou tinxiu xa de branco algúns cartaces, así que maxino que esta madrugada xa nevará ben. Como sempre, as fotos estarán no meu espazo en Flickr.

    Ego blogosférico 1

    Conversación real entre Manu y yo.

    Videoracións do 21 de Xaneiro 1

    Hoxe inauguro nova sección. Non é nada do outro mundo, senón dunha selezón de vídeos que porei os domingos (ou tentarei ponher) que, na súa maioría irán sobre un mesmo tema.Aí van os de esta semana, altamente influenzados por Martes y Trece, agardo lles gusten:

  • Martes y Trece facendo a programazón de Telecinco no 92, cando Emilio Aragón destacaba con “Cuidado con Paloma que me han dicho que es de goma“. Tenho unha cinta de vídeo gravada da TV de fai moitos anos con este fragmento, que lembranzas…
  • Dani Martín (cantante de El Canto del Loco) cando era un rapaz, colaborando como botóns nun sketch de Martes y Trece. Eu o tinha na mesma cinta que o anterior vídeo, e nunca me dera conta en que era el, axudando á Pantoja e Encarna Sánchez…
  • Martes y Trece imitando a Eva Nasarre e a Locomía. A Eva Nasarre a borda Millán, e a Locomía que dicir, con aqueles abanicos que se gastaban, o grupo de “eses rapaces tan simpáticos que bailan tan ben”. Vaia tiempos aqueles…
  • O “Bombazo Mix 2” anunciado por Aznar.Como ben di un comentario no video, menos mal que avanzou a publicidade. ¿Ou é que alguén maxina a Aznar en Moncloa bailando aquel famoso Pujol enano, habla castellano? Se esto o veran en Georgetown…
  • Sólo podría pasar en Japón 0

    Freak

    Visto en Kirai.NET. E é que súa categoría Friki ten moito mollo. Que llo digan a Super Pikachu.

    Se coge antes a un mentiroso… 14

    En os comentarios da anterior entrada vin un comentario da xente do blogue “Cogiendo Caracoles”. E me cheirou raro, todo hai que dicilo. Así que San Google me deu a razón, o podédes ver eiquí.
    Pois iso, que se collen antes.

    Posteriores »