Andrés Milleiro
Weblog personal

Arquivo para Febrero, 2007

U2 - One 5

Adoro U2, e quen me coñece o sabe. E adoro One, entre outras cancións de U2, pola letra e o que di no fondo, e por cousas que ela me lembra e que agora non veñen a conto. Mais nun de eses intres udosianos que me entran polo Youtube, atopei unha versión que non tiña visto. Vin algún One emotivo (tocar One en Dublín e o día despois da morte do teu pai ten que ser duro, moi duro, pero emotivo); tiven visto grandes versións de One e verdadeiras cagadas de One. Ata tiven a sorte de escoitar One en directo, pero ningún como este One. Creo que algunha vez escoite algo de ese concerto, pero non ese One. Simplemente emoción a introducción e a canción en sí. U2, con One, en Santiago de Chile no 1998, recréense:

notas sobre un ataque racista en Madrid 1

Lexo no blogue de Martín Varsavsky algo que non é tecnoloxía e foneiras e me sorprende. Mais me sorprende por lelo no seu blogue e non polo que tivo sucedido e ónde tivo sucedido.

Comenta que dúas colaboradoras do seu proxecto Safe Democracy foron atacadas o pasado Sábado pola noite na estazón de Metro de Santiago Bernabeu, en Madrid. ?s 21 era o partido no Calderón contra o Atlético, e posíbelmente os atacantes irían en Metro ao Calderón pra agardar á saída e demáis, cousa bastante común entre ese tipo de persoas.

Estarei atento estes días á blogsfera e aos trackbacks que teña a entrada de Martín. Ao igual que a blogsfera se solidarizou con o caso de Julio, agardo que haxa unha reacción semellante co que conta Martín, aínda que sóio sexa coa intenzón de buscar a xente que puidera estar aló e tivera visto algo. Pero poucas esperanzas véxolle, neste país hai demasiada toleranza co racismo.

novato en el gimnasio 5

Todos fumos novatos algún día no ximnasio, e tivemos pasado por algo semellante, aínda que non ata tal punto…

Al llegar al gimnasio, me dieron una tabla con lo que tenía que hacer. Veinte minutos en bici era lo primero. Ridículo, 20 minutos pedaleando y sin moverte del sitio. Acabo y busco la monitora para que me enseñe a correr en una cinta. Por supuesto me metí en el water otros veinte minutos para descansar y secarme el sudor. También vomité.

- ¿Es la primera vez que montas? - me dijo la monitora.
- A ti sería la primera vez, churri (Esto solo lo pensé)
- Sí - le contesté.
- Bueno, te marearás un poco al bajar - me dijo.

o resto da historia eiquí

Videoraciones del 25 de Febrero de 2007 0

Ben, con algo de retraso pois tiven visita en Salamanca, aí van resumidas as Videoracións:
Os mellores momentos de “Luisma” en Aida. Adoro a Paco León, lémbrame ao vídeo de “la Sole e o chisqueiro”…diño de ver.

O xuizo do 11M visto por Eva Hache e Quequé. Porque fai falla algo de humor nunha semana así…

Futuras estrelas musicais anegan Youtube. Vídeos como este non fan falla presentazón, ou sí, pra evitar demandas. Un grupo de rapazas que se gravan na habitación dunha cantando seu propio tema, “Pija”. Tea mariñeira a próxima xeración.

O famoso porrito de Cayetana Guillén Cuervo. Pois si, o fumou, e en directo, posíbelmente debido á baixa audienza do seu novo programa na 2. O que me semella raro é que non levantara apenas polémica…

Posteriores »