Andrés Milleiro
Weblog personal

Arquivo para Mayo, 2007

La alegría de la huerta 1

LastFM

E isto é o que escoita un alumno de Informática ante un exame de Contabilidade mañá Venres de 12 a 14:30 e de 16:30 a 21:30. En fin, vaia ledicias…mellor voltar de este descanso ao estudo.

Ezcritor deja su blog 4

Ou máis ben, deixa paso ao gañador dos Premios 20Blogs de este ano. Ezcritor, a quen coñecín en Madrid e con quen tiven o pracer de estar charlando un rato (unha persoa xenial), pecha ¡Quiero ser eZcritor de éxito! se ben podemos seguir lendo súas historias en EzCultura. En fin, en forma de homenaxe a Ezcritor un vídeo recente dunha aparición súa en TV onde, definitivamente se pode apreciar súa faceta de provocador, a que monta…

El futuro que tenemos los jóvenes 5

Estos días vin varias novas que creo que serven de gran resumo do que está pasando neste país:

Un terzo dos pontevedreses elixen ir a unha universidade de fora (por algo é)
David Cal deixa Galiza ante a «falla de garantías» pra adestrarse
En Salamanca temos que facer cola pra…estudar

Destaco a última nova, adicada a todos eses medios de comunicación empeñados en mostrar unha xeración que só fai cola pra beber, destroza contidores e fai súas necesidades nos portais; nunca unha nova así será portada dun informativo.

Dejo Weblogs SL 2

Vive la ciudadBen, a partir de hoxe non son editor de Vive la Ciudad Salamanca e por tanto de Weblogs SL, só rematarei dúas entradas que teño pendentes e me irei.

O pensei moito tempo, semanas xa e hoxe o falei con Raúl, os dos chegamos (creo) a un bo acordo e ben, eu ao menos me vou contento de ter estado a gusto en Weblogs SL.

¿Motivos? Pois moitos e moi variados. Pra nada me desagradaba a remuneración económica pero, se me permitídes citar ao meu xa ex-xefe, non tes por qué facelo, e punto. Hai prioridades na vida e hai intres nos que non se pode estar a todo, e ese blogue foi a víctima.

Seguimiento del sorteo de la Fase de Ascenso 0



http://directo.pontevedracf.net
Seguimento en directo do sorteo da Fase de Ascenso a 2º División A.
Luns 28 de Mayo de 2007
A partir das 15:45 horas

Resultados de las elecciones por provincias en Galicia 2

En % de votos
Estadística
En número de concelleiros (Sacado de eiquí, no apartado “Partidos”)
PP
PSOE
BNG

+

De novo, once denuncias por “carretaxe” de votos, en pobos de Ourense

Artigo de Xosé Luis Barreiro na Voz (vía Por si las moscas):

O gran beneficiario de este contradictorio e inxusto balance é o BNG: se converteu na bisagra imprescindíbel pra tódolos futuros imaxinábeis. A estratexia que alentaba o PSOE, pra desprenderse do seu incómodo socio, quedou botada por terra, e todo apunta a que Quintana poderá incrementar seu balance de poder cando cheguen as autonómicas.

Pequeño resumen electoral 2

Cidades que me interesan:

  • Pontevedra: O BNG revalida co PSOE o goberno por un escano ao PP, que sube na cidade.
  • A Coruña: Baixa o PSOE, que terá que pactar co BNG que, por primeira vez chega á Alcaldía da Cidade Herculina.
  • Ourense: Gañan PSOE+BNG por un concelleiro ao PP, outra capital de provincia na Galiza que gañou a esquerda.
  • Lugo: O PSOE terá que pactar co BNG, pasa o mesmo que con A Coruña.
  • Santiago de Compostela: Pacto de PSOE co BNG dará a alcaldía.
  • Sanxenxo:O PP gaña por un escano, cicais se nota a falta de Telmo Martín.
  • Vigo: Como algúns agardaban, volta a esquerda, PSOE e BNG.
  • Salamanca: Victoria do PP sobre el PSOE con diferenza. Cidadáns, UPS e IU non sacan concelleiro, bipartidismo de novo, recoñezo que non acertei neste caso.

Se tivese que dar un titular na Galiza, sería PSOE e BNG consiguen a alcaldía das cidades máis importantes, é dicir, as capitais de provincia máis Vigo e Compostela e, pese a todo grazas ao rural, o PP continúa nas 4 Diputacións. Todo isto a falta do 100% do escrutinio, que pode dar sorpresas, como a da Comunidade de Madrid, que gaña Aguirre por pouco co 15% escrutado.

Actualización: En Vieiros comentan que o PP perde a Diputación de Lugo. Mañá comentamos todo con calma.

Lanzarote puede perder la alcaldía de Salamanca 1

Acabo de saír a facer unhas fotocopias duns apuntes cun amigo aquí en Salamanca, e no local estaban falando das eleccións de mañá. En Pontevedra a verdade, creo que seguirá igual (BNG+PSOE), pero aquí en Salamanca as cousas poden cambiar.

Principalmente, en Salamanca hai partidos novos, especialmente Ciudadanos de Salamanca que, na miña opinión, poden roubar votos ao PP e ao PSOE, descontentos con Zapatero, e Unión del Pueblo Salmantino, que poden robar bastante voto localista que, xeralmente, é de centro-dereita ou de dereitas.

Polo tanto, ademáis do PP,PSOE,Esquerda Unida, haberá que ter en conta aos Cidadáns e a UPS. Vendo o que vin durante toda a campaña, do que case estou seguro é de que o que gañe, sexa quen sexa, terá que pactar e se dirá atalogo en Salamanca á maioría absoluta. Sinceramente, o candidato e actual alcalde do PP, Julián Lanzarote, foi bastante prepotente esta campaña electoral (negou unha entrevista a “La Palabra de Salamanca”, un gratuíto bastante lido na cidade e que, ao menos na mi ña opinión, non está politizado, non entendo a razón a negar a entrevista), ou certas frases do propio candidato como “Non quero un blogue, quero tres periódicos” (en referencia ao control ideolóxico dos tres periódicos da cidade, e contestando á pregunta de se tería un blogue nesta campaña electoral).

Mañá pola noite, namentras esté estudando, tentarei fixarme a ver cando remata o escrutinio e veremos. Interesante está a cousa na cidade. Por certo, o comentan tamén en BlogSalamanca.

Algo está pasando en Salamanca 2

Hai días que parece que isto é Los ?ngeles, e que en calquera tugurio de esquina podemos ter por compañeiro de barra ao mesmísimo Philip Marlowe que taciturno ollea o Salamanca Chronicle, entre sorbo e sorbo de whisky, mentras repasa mentalmente os detalles do cadaleito de Dolores S.M., a muller que ás 4,30 da madrugada foi atopada morta na acera da rúa Valencia, frente ao seu domicilio, cos brazos rotos, dúas puñaladas e outra no muslo.
Marlowe pecha o Chronicle, encende un cigarro, pide outro whisky con soda á rubia de labios cereza. O tipo caucásico –tal vez ruso- era forte, non presentaba siños de violencia: de cúbito supino, sen cortes, nen magulladuras, ao carón de las vías del tren, nas aforas do barrio de Buenos Aires, tal vez simple mala sorte, ou tal vez…, ese barrio…, nunca se sabe. Revolve o bourbon co dedo anular, despacio como recén erguido, vólvese hacia a porta reclamado por un olor dulzarrón e feminino. Claro, que pra mala sorte a do vello: acabar seus días afogado nun río apestoso, ao carón do desagüe do colector do Zurguén. Marlowe apura dun trago seu vaso, bota unha última visual á rubia da barra e saúda ceñudo aos da bofia que xogaban ao póker na mesa da entrada.

“Non é gracioso que lle asesinen por tan pouca cosa, e que súa muerte sexa a moeda do que chamamos civilización.” Raymond Chandler, O simple arte de matar.

vía Emma B. No primeiro caso, o da muller, hai novas recentes.

Concierto de Ok Corral Band en Salamanca 1

Ok Corral Band

Ok Corral Band, aquela banda da que falei no seu momento, actúan hoxe en Salamanca. Como a cantante é amiga e o grupo non está mal, haberá que ir media hora ao Savor a escoitar boa música Country.

Pra quen se apunte tamén, aí van os dados:

Bar Savor (ao carón do 24h de Gran Vía e da Praza de Bretón)
Xoves 24 de Maio
23.30h
Entrada libre

Posteriores »