Desde fai un tempo, pese a non ser usuario, leo o foro de SkyScraper na súa versión hispana: recoñezo que me encanta. Para quen non o coñeza, nel se falan de cidades, de estructuras, de espazos, algo ao que me aficionei non sei moi ben por qué dun tempo a esta parte, derivado tamén da miña lectura habitual de os foros de Andén 2 (Amigos do Metro de Madrid), pois o Metro e máis especialmente súas instalacións é algo que me fascina.
Ben, ao que vou: na miña última pasada polo foro atopei este fío sobre o antigo cárcere de Carabanchel, xa abandoado, e onde un usuario mostra as fotos dunha visita que fixeron. E é aí, cando se mezcla esta afición con outra miña, a fotografía, onde case só me falla aplaudir. Algo semellante me pasou no seu tempo coa historia de a estación abandoada de Metro en Madrid, a Estación de Chamberí, historia que realmente me fascina e lugar polo que sempre paso cada vez que vou a Madrid.
O que queda do cárcere a algúns lles parecerá tétrico, sobrecolledor, a min ao menos me parece peculiar por ver o espazo dun cárcere, xa tomado por vándalos, grafiteiros e demáis. Lóxicamente a mín me disgusta iso último, pero recoñezo que é case inevitábel. Non me maxino a sensazón de pasear por un cárcere máis ou menos recén pechado, pero será algo semellante ao que sentín no DA2, o Museo de Arte Contemporáneo de Salamanca, que ocupa o edificio da antiga Prisión Provincial tal e como era.
Máis información: Cárcere de Carabanchel (Wikipedia)
Máis información: “Un día en la Cárcel de Carabanchel (fotos no foro de SkyScraperCity.com)
Máis información: “La estación abandonada de Chamberí en Metro Madrid (artigo neste blogue)