Andrés Milleiro
Weblog personal

Arquivo para Julio, 2007

links for 2007-07-31 0

Notas sobre los gallegos en el exterior 2

Namentras entre as demais nazonalidades “tende a desaparecer o asociacionismo”, entre os galegos aumenta. En Lisboa, por exemplo, o centro galego ten máis socios que o centro español. E a tendenza é “a medrar”. Na lista de espera, pendentes de obter o recoñecemento da Xunta, coa tramitazón estancada ata que se aprobe a nova Lei de Galeguidade, están as asociacións de Glasgow, Viana do Castelo, Copenhague, Praga, Ciudad del Cabo, San José de Costa Rica e San Francisco.

“Cando nos xuntamos no Waldorf Astoria tódolos empresarios galegos de Nova Iorque, a cidade treme”, soe dicir Tomy Sánchez, presidente do centro galego da Gran Mazá. Sánchez ten o monopolio de recollida de neve en Nova Jersey, montou tódalas grúas do porto de Bos Aires e, se iso é pouco, posee unha das dúas empresas de ferralla máis importantes de Nova Iorque. A da competenza, por certo, tamén pertence a un galego.

Por vender, os galegos son capaces, aínda, de vender e prestixiar o idioma. Nos colexios Castelao de Caracas e Santiago Apóstol de Bos Aires, fillos de xudeus, árabes, venezoláns ou arxentinos estudian galego porque é unha máis das asignaturas que se imparten nas aulas.

Máis en este artigo de Elpais.com

Tu blog nunca lo haría 1

Viñeta de Mauro Entrialgo
A viñeta de hoxe de Mauro Entrialgo en El País.

links for 2007-07-29 0

¿Qué es 11870? 3

Logo de 11870

Tranquilos, que non é un servizo telefónico. Pra quen non lle soe o número, 11870.com é un servizo web creado 100% en España e, na miña opinión unha das start-ups máis interesantes que saíron en España.

¿Que fas en 11870?
11870 básicamente é unha guía de viaxes. É dicir, se vas ir a algunha cidade e non sabes ónde comer, en 11870 os usuarios introducen ou consultan sitios relevantes, dos que gosten. Se gostas dos palabros, poderíamos chamalo unha guía de viaxes colaborativa, pero principalmente de restaurantes, bares ou similares.

Se queres facerte unha idea de que é máis a fondo, podes ver miña páxina en 11870, onde incluín algúns sitios de Xenebra nos que estiven. Se serve de referencia, a través de 11870 atopei algún sitio xenial en Madrid nalgunha das ocasións nas que estiven, polo que os sitios que a xente mete soen ser de total confianza. Por ilo, ti podes facer reviews de sitios que cazou outra persoa ou de algún que queiras meter ti.

Estou case seguro de que 11870 rematará sendo mercado por algún grande, pois na miña opinión é un servizo fantástico, de esos que dis que se non existe, hai que inventalo (como me sucede con maravillas como Flickr). Pra que logo digan que non se fan cosas boas na web por aquí perto…

¿Es que somos negros? 2

Tremendo o momento vivido no Programa de Ana Rosa Quintana, se é que aínda queda moito racismo neste país…

Björk y Arcade Fire en directo en el Festival de Páleo 0

Bjork en directoA noite pasada estiven vendo en o festival de Páleo en Suiza a dous grandes do directo, a Arcade Fire e a Björk.

Os Arcade, pese a que non son santo da miña devoción tiveron unha actuación bastante boa, que foi de menos a máis e rematou con Wake Up, do seu anterior disco “Funeral”, un auténtico colofón.

Punto e aparte foi a actuación de Björk, un auténtico furacán por riba do esceario (para que logo falen de artistas como Paulina Rubio e similares), que sabe xogar moitísimo cos efectos e co público, e que rematou levándose totalmente ao público suizo.

Máis información: Arcade Fire na Wikipedia
Máis información: Björk na Wikipedia
Máis información: Fotografías do Festival de Páleo
Máis información: Vídeos do Festival de Páleo

Rediseños web el 25 de Julio 12

Hoxe é 25 de Xullo, Día Nacional da Galiza e casualmente lin novas de redeseños de varias webs galegas, entre elas Trebellos, proxecto no que colaboro; resumindo:

  • Redeseño de Trebellos.org, o novo deseño o fixen eu con consellos de algunhas persoas (grazas!)
  • Código Cero tamén retocou un pouco seu sitio web, se non lembro mal.
  • GZNación estreou deseño feito pola xente de Abertal e estreou algúns espazos colaborativos e de debate.
  • Agalega.info (web dos informativos da TVG) estreou unha sección de vídeos moi interesante (aínda que haxa que usar Windows Media Player), con sementes RSS.
  • La Voz de Galicia fixo un redeseño, ampliando o ancho de 800 a 1000 píxeles, subindo o menú e deixando todo un pouco máis claro. ? vez tamén rediseñaron o periódico en papel, a partires do exemplar de hoxe.

Creo que non me deixo ningunha no tinteiro, certamente foi un bo día pra a web galega, un paso máis.

links for 2007-07-24 0

Minivacaciones en Ginebra 2

A partir de mañá día 24 e ata o día 1 me tomarei un pequeno descanso e me irei a terras suizas, concretamente a Xenebra. Pode que non conteste a absolutamente tódolos correos electrónicos, de aí que se chame descanso. Deixo todo medianamente en orde e agardo non se me alteren ata miña volta, de tódalas formas cicais escriba algo dende aquelas terras. Por se acaso sucede, nunca está de máis ler cómo aterrizar un avión (en Microsiervos e máis detalladamente en Knithx.net). Non se alboroten, o dito.

Posteriores »