Andrés Milleiro
Weblog personal

Arquivo para Agosto, 2007

En Salamanca se corta por lo sano 2

Y eso que aún no hemos empezado el curso en la ciudad charra… “Un joven se corta el pene y lo tira al retrete en Salamanca porque ‘no quería pecar más’“.

Mis 5 blogs para el BlogDay 2007 4

Hoxe é o Blog Day e nel os escritores de blogue debemos presentar aos nosos lectores cinco blogues que nos gustaran especialmente no último ano.

Recoñezo que me costou elexir, e tentei buscar blogues asentados, cun tempo e que creo que funcionan bastante ben. Aí vai miña selección:

  • El Telendro, con novas sobre posicionamiento e cousas interesantes pra os que nos interesa o tema en especial, e pra os que temos un blogue en particular.
  • El Canasto é un blogue sobre productividade persoal e organización, que a todos nos fai falla. Sinceramente, creo que é un xenial blogue, pero pouco coñecido pola blogosfera; unha auténtica xoia.
  • Madrid me Mata é un blogue bastante coñecido, pero que eu non coñecía e que cheguei a el na gala dos Premios 20 Blogs; un blogue ideal pra todos aqueles que nos encanta esa pequena gran cidade.
  • Carlos Mantero, que comezou de novo co blogueo fai uns meses e a verdade é que lle vai xenial ao crack de Barcelona. Fala sobre negocios na rede, algo do que sabe un pouco, pois traballa en Migoa, unha start-up da cidade condal.
  • Galpón de Breogán, un deses blogues do Blogomillo que me encantan realmente, tratan a actualidade de eiquí cunha dose de humor altamente recomendada.

Roces en Greenshines 12

Na blogosfera, de vez en cando hai roces, como en tódolos lados, e é normal. Pero hai intres nos que o roce entra na provocación, e máis se ese roce é continuado.

Resulta que a cousa comeza en “Joderos, PinkShines ha vuelto”, onde nos seus comentarios se entabla unha conversación sobre WeblogsSL, seu método de retribución e a compañía en xeral. A bronca se crea un pouco entre Israel, propietario da propia Greenshines, e Raúl Hernández (a.k.a. Consultor Anónimo), empleado de Weblogs, a raíz da compañía.

Sen meterme moito, pois tampouco me incumbe endemasía, eu traballei un tempo pra WeblogsSL, e de feito foi ás ordes de Raúl nun weblog que aínda segue a día de hoxe, Vive la Ciudad Salamanca. E pra nada estou resentido, miña etapa en Weblogs SL a calificaría de fantástica polo trato recibido,e se abandonei o barco foi simplemente por falta de motivación, pois a veces non é fácil atopar que escribir nun metroblog, ao menos no meu caso; cicais tamén por falta de tempo pra o blogue, pero nunca por descontento coa empresa nen coa retribución que recibín durante meu traballo. Como tampouco me importaba moito a cantidad económica senón máis ben o estar nun gran proxecto como WeblogsSL o deixei, con calma, falándoo e acordando unha solución satisfactoria.

O que quería decir, que me desvío do tema, é que hai xente que busca a polémica. Persoalmente o modelo de negocio de Israel me parece xenial e cómo convertiu a Greenshines nun proxecto con tódalas letras sen demasiado apoio detrás. Pero outra cousa é que se busque algo (lectores, fama, non sabería moi bien dicir que busca) con entradas como esa, o como coa entrada que escribiu sobre Gina meses atrás. Calquera pode facerse un blogue (incluso un podcast) pra poñer a caldo á xente, pero outra cousa é que me pareza correcto faltar sen máis razón que a de pasar o rato.

Simplemente é unha opinión. Non por ilo me cae mal Israel, pero simplemente hai cousas que les, que te desagradan, e te apetece comentalo no teu blogue, pois cres que non é xusto que se digan certas cousas de Weblogs SL. Punto final.

Esto es Localia Pontevedra 1

Onte en directo…cando o vin, pensei que non podía da risa…

Mahalo,Techmeme y Facebook contra Google 1

Un blogue que fai meses que me encanta, e cada vez máis (aínda que o deseño deixa un pouco que desexar) é Scobleizer(ING), o blogue persoal de Robert Scoble, cibergurú coñecido polo seu empleo en Microsoft anos atrás.

Ben, o outro día publicou un post chamado Why Mahalo, TechMeme, and Facebook are going to kick Google’s butt in four years que pareceume bastante interesante (de esos elementos que marco cunha estrela en Google Reader pra ler con calma cando teña tempo), e de feito montou algo de polémica na blogosfera. Que haxa lido en castelán, en Blogpocket falan de se ¿Poden Facebook e outras aplicacións sociais darlle un puntapé a Google? (se ben kick Google’s butt non sexa precisamente un puntapé, pero sexamos finos e digamos Roberto Scoble tamén). Boto en falta un pouco máis de repercusión sobre o artigo de algún outro grande da blogosfera como Antonio Ortiz, pero parece que non vai ser.

En fin, na entrada, Robert Scoble comenta que buscadores como Mahalo poden revolucionarlle o futuro a Google. ¿Por que? Pois porque en Mahalo os resultados dunha búsqueda non son automáticos, senón que os usuarios promocionan ligazóns e, en teoría, os resultados serían máis interesantes porque teñen máis valor ao existir alguén con razón que diga esto sí, esto non, e non faga ese traballo un robot. Por ilo, Scoble di que o xigante non pode adaptar seu algoritmo a un buscador coa calidade do desenrolado por Jason Calacanis.

¿Cál é miña opinión? Creo que, a falla duns meses pra ver cómo se asenta en Internet, Mahalo ten unha pinta estupenda, aínda que lóxicamente terá que ter unha base suficente de usuarios modificando os resultados de búsqueda pra que poidamos buscar cousas e non atoparnos decepcións. Se isto se cumple e ten moitos resultados adaptados, pode ser un dos proxectos estrela no futuro. ¿E que será de Google? Ben, Google podería deixar a faceta “buscador” a un lado e centrarse en servizos como Gmail e demáis, algo como o que lle terminou pasando a Yahoo, se queira ver ou non; o futuro dirá.

Actualización: Google saca súa aplicación oficial pra Facebook (se non podes loitar contra o inimigo, únete a il)

El nuevo periódico de la izquierda se llamará “Público Actual” 0

E parece que así será definitivamente o nome completo do novo periódico que dirixirá o blogueiro Nacho Escolar e que tentará facer competencia a El País.

Segundo El Confidencial Digital, Público Actual é o nome completo que elexiu Jaume Roures pra seu periódico de tirada nacional pra evitar problemas xurídicos por denominacións similares, se ben tamén temos que ter en conta que periódicos como El País ou El Mundo non se chaman así, senón que teñen un nome máis longo.

Sinceramente, apeteceríame voltar a facerlle unha entrevista a Nacho Escolar e preguntarlle algunha cousa máis acerca de este periódico que, lembremos, pretende ser a representación da ruptura que pouco a pouco se fragou con El País e con Polanco, e que encaixaría nesa postura da que falei o outro día co artigo de “O Goberno recupera España“, acercándose ao grupo mediático de La Sexta e do futuro periódico.

Pois ben, buceando pola rede atopeime cun blogue chamado Diario El Público Actual, en principio non-oficial (pois está aloxado en Wordpress.com, aínda que a estas alturas quén sabe) e escrito por Ignacio Bachiller, onde se recopilan tódalas novas acerca do novo periódico. Soe ser normal que este tipo de blogues se fagan acerca de lanzamentos como o do iPhone, pero pra que se faga antes do lanzamento do periódico di moito das expectativas que hai nel postas.

links for 2007-08-27 0

links for 2007-08-26 1

Ella no quería, oiga 0

Anoche Manuls y un servidor decidimos ver un partido de fútbol juntos. No quitó que me dijese “trae el pc, a ver si podemos poner el Carrusel Deportivo y evitar el retardo”, y así saliese una Tortilla de Patata hecha podcast. Sí, temblad.

Posibles nuevos bloques de Adsense 3

Novo bloque de AdsenseIso que védes é un bloque que acabo de ver fai un intre no blogue. Se vos fixádes, ademáis do bloque de anuncios tradicional, ten un pequeno bloque con ligazóns.

Persoalmente, eu ao menos nunca tiña visto ese bloque anteriormente, e se só sucede co tamaño de 200×200, pero é algo realmente interesante, pois podería significar un pequeno avance nos bloques de Adsense.

E a ti, ¿tamén te aparecen estos anuncios no teu blogue?

Posteriores »