Disclaimer: este artigo é un artigo patrocinado.
O programa NEW (Ninguna Empresa sin Web) é unha iniciativa creada por parte do Goberno de España, a través do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, mediante a cal se tenta fomentar unha maior presenza das empresas españolas en Internet.
Por ilo, a un prezo de aproximadamente 65 euros, calquera empresa poderá dispor dun espazo web, con varias direccións de correo electrónico e posibilidade de anunciarse nos laterais dos resultados do buscador Google.
Na miña opinión, este plan podería funcionar se se anuncia bastante, pois na súa intención paréceme algo fantástico, que debería terse feito fai moito tempo xa, dando un paso máis hacia a tan mentada “sociedade da informazón?.
Fun a Nominalia, pois é un dos partners do plan, e ofrecen o seguinte por 70 euros ao ano, durante dous anos:
- Un dominio .es
- 13 enderezos de correo electrónico con 1Gb de espazo, con antivirus e antispam en tódalas contas
- Espazo ilimitado para aloxar a web
- 50€ de publicidade en Google.
Destacaría tamén a posibilidade de usar ilimitadas bases de datos SQL, e así poderemos instalar bos xestores de contido como pode ser Drupal para montar un pequeno portal sobre noso negocio ou Wordpress para instalar un blogue e ter así un contacto máis man a man cos clientes.
Parabéns ao Goberno, recalco unha vez máis que nunca é tarde se a dita é boa, e agardemos agora que as empresas tomen concienza da importancia de ter seu negocio aberto 24h na rede, sen demasiado mantemento e unha boa rentabilidade.
Máis informazón: Programa New