Cuestión de necesidade 22
P.D.1: Meu cumpreanos é o 13 de Novembro, día que coincide fatídicamente co afundimento do Prestige.
P.D.2: Ao respecto dos cambios de servidor, fareinos na ponte, aproveitando que teño algo dmáis de tempo libre…
P.D.1: Meu cumpreanos é o 13 de Novembro, día que coincide fatídicamente co afundimento do Prestige.
P.D.2: Ao respecto dos cambios de servidor, fareinos na ponte, aproveitando que teño algo dmáis de tempo libre…
Estos días vai haber mudanzas no blogue, vou mudar de servidor, de Dreamhost a Media Temple. Por iso, pido pacienza se vos sae algún pantallazo de erro ao tentar acceder ao blogue. Avisarei cando esté a situación normalizada, graciñas.
Actualización: Xa está todo en Media Temple, polo que se védes algún faio (ademáis dos acentos nalgunhas A e ao poñer comentarios), avisádeme.

Hoxe na Escola Universitaria de Informática da UPSA tivemos unha conferencia a cargo dun ex-alumno da facultade, Javier Castellanos, creador da web El rincón del vago (que ten oficinas eiquí en Salamanca), e agora xerente de portais de Orange (France Telecom).
Certamente, a charla foi un poco mezcla de moitas cousas sen moita conexión: falou de Web 2.0, de Seguridade nas redes Wi-Fi, dos usos que se lle pode dar a Google, etc… pero teño que dicir ao seu favor que estivo bastante ben. Fíxome gracia o rato que falou de “o considerado gurú da blogosfera española Enrique Dans” (dito por el hoxe), citando tamén a Xataka como blogue de referencia. Tamén falou de servizos web como del.icio.us, Flickr ou Facebook, certamente interesante para quen non coñecera os servizos. Na parte de blogosfera usou un termo do que eu nunca escoitara falar, e foi o de blogoblog (creo que dixo iso), e é un blog dos chamados tamén “copy+paste”, pois copian novas de outros sitios para metelas no seu blogue.
Botouse de menos que falase un pouco sobre cómo comezou o tema de El Rincón del Vago, mais posíbelmente a finais de Novembro se faga unha segunda charla con el e mais coa outra persoa que leva o portal para que expliquen un pouco o tema de como levar unha web, e agardo que tamén sobre cómo comezou todo. Comentar que o rapaz contou que non acabou nunca a Carreira de Informática pois se pasou a Económicas (creo que por culpa dunha das profesoras alí presentes)….pero unha historia curiosa, algo como lle pasou a Steve Jobs na Universidade….
Como rapaz pontevedrés que son, ás veces falo de temas da miña cidade, pese a estar en Salamanca e visitar Pontevedra de vez en cando. Anda revolucionado o patio estes días na cidade a raíz da proposta do alcalde, do Bloque Nacionalista Galego, de trasladar o botellón.
Vou comentar a historia, antes que nada. En Pontevedra dende sempre se saiu de copas na zona vella, e é aí onde se fai botellón, nun parque ao carón dunha igrexa, o “Campillo de Santa María”. Hai un par de bares pequenos alí xustamente, mais alí se fai botellón ao ser un parque e perto do Casco Vello. Lóxicamente, alí tamén viven veciños, polo que sempre existiu o problema de ruídos.
Nesta 3º lexislatura conxunta de BNG+PSOE en Pontevedra se plantexa a opción do seu traslado, se levaron a cabo reunións con asociacións veciñais e co colectivo de mozos (para que logo digan que o BNG non escoita) e o BNG propuxo levar o botellón a un parque ao carón do Recinto Feiral, ao outro lado do río, onde non existe veciñanza pero a algo menos de 5 minutos andando do Casco Vello. Ademáis, Guillerme Vázquez, edil do BNG comentou a idea de aproveitar o Recinto Feiral que está ao carón para ofrecer alternativas de lecer e que non sexan o botellón.
O botellón non debe agacharse como se fai con moitos problemas, debe ser abordado entre tódolos sectores implicados para a súa soluciónResulta que hoxe a Asociación de Veciños do casco Vello din que non pode ser un mero traslado e que se deben ofrecer alternativas (aquí nótase quen non le a prensa). O PSOE pontevedrés, socio de goberno do BNG critica que se plantexe un traslado do botellón sen aportar alternativas, pois o botellón seguirá a existir.
Eu fixen (e fago) botellón, aquí en Salamanca case sempre na residencia pois na rúa multan. E, de pouco serve ocultar as cousas, pois seguirán existindo alá onde sexan, e xa poño aquí o exemplo, pois se segue facendo botellón. Se a xente quere facer botellón, se deberían adaptar recintos como o que propón o BNG. ¿Botellódromo? E que problema hai, alí non hai veciños que se poidan molestar, a limpeza sería máis sinxela pois se concentraría nun só sitio.
Resumindo, o botellón existirá namentras existan bares que cobren cantidades excesivas por copas que teñen de todo menos alcol, e namentras existan rapaces que queiran practicalo. Porén, se deberían adaptar lugares específicos e consensuados para que non haxa problemas e non ocultar o problema, pois xa temos experiencia en ver problemas ocultos que saen á luz…
Sen comentarios, demoledor vídeo, vía Píxel y Díxel:
Emilio pasoume un meme fai un tempo, que aí vou a contestar, sobre os meus comezos na internet…
¿En que ano comezaches a usar internet?
-Non o lembro, mais penso que antes do 2000, cicais un par de anos antes, eu cheguei a usar o Napster, logo o WinMX…
¿Que tipo de conexión tiñas e cánto te costaba?
-Eu aínda lembro de Infovía, que era unha aposta propia de Telefónica por internet en forma de diskettes, unha cousa particular. Lembro o modem US Robotics de 56k, logo a desaparecida Retevisión, e finalmente xa R con cable.
¿Cantas horas navegabas e que facías? (chatear, buscar novas, etc)
-Buf de todo, tiven etapas. Lembro que o que se levaba fai tempo era o IRC-Hispano e todas esas cousas co Mirc, tamén os portais de chat como Olé ou Ozú (o que agora é Terra, que antes tiña outro nome, non lembro); cousas de cando eras un rapaz.
¿Que buscador utilizabas e cando coñeciches Google?
-Pois se usaba bastante Yahoo e o de Olé ou como se chamase. A Google o debín coñecer fai uns anos, cando comezaba a soar, foi un pouco como cando Manuls me descubriu Youtube como un sitio onde podes subir vídeos e que a xente os vexa, é curioso.
¿Lembras as páxinas que visitabas?
-Pois a antiga Olé, Vieiros cando era The Galician District, e a do Irc Hispano.
Paso o meme a Antonio Ortiz (teño curiosidade), a Mantero, a Felipe, a Anllo e a quen o queira facer…
Porque unha vez que reclamen a súa galeguidade amparándose na lei, os fillos de Fidel Castro, o triplo campión mundial de fórmula 1 e o presidente de Uruguai, como netos de galegos, galegos serán. Pero a lista non é, nin moito menos, breve.
¿Imposible seica que Bebo Valdés, xenial pianista cubano, pai de Chucho Valdés, puidese votar no concello de Pontevedra? ¡Pois non! Porque Bebo Valdés asegura que o seu avó era un galego de Pontevedra e, polo tanto, ampárao a lei.
Fidel Castro e o seu irmán Raúl xa podían habelo feito, porque eles non son netos, senón fillos dun galego, do emigrante de Láncara (Lugo) �?ngel Castro Arjiz. Non descarten que un día lles dea por censarse…
Máis en La Voz de Galicia
O Monarca proseguiu. “Díxenlle a Rouco Varela que recen menos por mín e a monarquía e se ocupen máis da Conferencia Episcopal que controla á [cadea de radio] Cope“, enfatizou visíbelmente molesto, según tódalas fontes. “Se a montaña non ven a Mahoma, Mahoma irá á montaña”, pechou enigmáticamente o Rei.
Textual conversación entre Juan Carlos I e Esperanza Aguirre o 11 de Outubro pasado. Máis en El País (con til).
Con cousas como esta:
Para gustos cores pero eu, que son amante ata a fin dos deseños de Sargadelos, non gosto nada nadiña da nova. Hai certas cousas que está ben que se fagan modernas, mais Sargadelos vive dos seus deseños, e o seu deseño dende sempre foi, con xente galega como Díaz Pardo e coa súa típica combinación de azul e branco, como nesa figura de Castelao que sempre quixen ter mais o deixo para cando teña casa propia; namentras terei que conformarme co cornamán que sempre agasallo á xente de fóra.
Namentras,Quintana anuncia un investimento de cinco millóns para revalorizar as antigas fábricas de Sargadelos. O que fagan, ninguén o sabe. Xa podemos ir botando a última oración por Sargadelos.