Andrés Milleiro
Weblog personal

Arquivo para Noviembre, 2007

O mellor vídeo de humor visto en moito tempo 0

O novo ídolo de rock, moito máis heavy que Charly García, Fito e Calamaro. Pomelo é un rockeiro de verdade. Pomelo descontrola, Pomelo bardea, Pomelo é rock.

R comeza na telefonía móbil 2

Logo R

Pequena sorpresa que saiu á luz fai unhas semanas e que dende que saiu me apetecía comentala por eiquí. Dicía, pequena sorpresa ou non, pois é un segmento de negocio cada vez máis apetecíbel, sobre todo tratándose da cableira galega e do ritmo imparábel ao que está a medrar.

Para quen non o saiba, R comezará nun par de meses (rumoreábase que para Navidad) a operar con telefonía móbil baixo a cobertura de Vodafone, o que lle permitirá ofrecer nun mesmo conxunto servizos de telefonía fixa+internet+televisión+telefonía móbil.

Dende fora da Galiza se menospreciou a incorporación de R ao elenco de compañías que comezaron a prestar servizos como OMV. Unha das razóns para este menosprezo creo que é o descoñecemento do que ven facendo R en canto a tarifas e que pode rematar de rachar o mercado galego (lembremos que en clientes de telefonía fixa R xa supera a Telefónica na Galiza, como ben lembra Breo en esta entrada).

En telefonía fixa R ofrece chamadas entre clientes a 0€/min e 0€ establecimiento, o que non sería de estranar na telefonía móbil (ao igual que o que fixo Ono). Por tanto, imaxinádevos un comercial que traballa nunha empresa que ten R nas súas oficinas, cun telefóno móbil da mesma R para traballo, e con R na súa casa. Creo que queda todo claro.

Actualización: En XatakaMóvil publican as tarifas de R como operador móbil: 0 cents se a chamada é a un número de R noso e 3 cénts se é outro cliente de R, segue sendo apetecíbel.

Cómo mostrar blogroll en Wordpress 8

Estou tocando algo de código estos días e observando esta páxina do Códex de Wordpress doume conta do seguinte:

Links Manager

É dicir, que según me da a entender, tódalas funcións actuais para mostrar unha lista con ligazóns amigos están deprecated. Por tanto, ¿con que función podo mostrala correctamente?

Cuarto Milenio na Cova de Salamanca 4

O que faltaba…

Descanse en paz 3

Volvo a Weblogs SL 14

Hipersónica


Concretamente ficháronme para Hipersónica, seu blogue de música, así que volvo a WeblogsSL, a maior rede de blogues en castelán, onde estiven escribindo fai meses para Vive la ciudad Salamanca.

Todo surxiu no xantar do Congreso o Sábado en Madrid grazas a Antonio, así que aceptei onte e dentro de pouco xa poderédes ver miña primeira entrada…

Hai que Roelo! 3

Recién oído 2

No autobús, chegando a Carabanchel

Rapaza 1: Que forte o do espía. Ao final era polonio.

Rapaza 2: Que non, tía, que era ruso.

Máis en Recién Oído, un xenial blogue que comezou fai pouco, sobre todo iso que “se escoita” en Madrid…

Maximeme 5

Daniel López aka Tauron32 pásame este meme. Deus maldiga ao que o inventou; aí vai:

EU

Teño: Demasiadas cosas que facer para tan pouco tempo.
Desexo: Ser feliz ao carón de alguén.
Odio: A intolerancia, a inxustiza, os cotillas e a xente que non me deixa en paz.
Téñolle medo: Aos hospitais e aos matasanos que os poblan.
Choro: Ao reírme, e sobre todo cando hai frío.
Perdo: A pacienza fácilmente, estou tentando recuperala.
Necesito: Un MacBook.
Débolle: Creo que non lle debo nada a ninguén (a un amigo lle debo algo, pero o pagarei en breve)
Te doe: A lembranza dunha persoa.

¿SÍ OU NON?
Tes un diario: Sí, teño unha Moleskine negra grande a forma de Diario, onde sobre todo escribo cando estou fora..
Gostas de cociñar: Sí, e góstame experimentar cosas novas cando cociño…
Tes un segredo que non lle contaches a ninguén: Moitos, teño esa virtud/defecto, a de ter bastantes segredos.
Poñes teu reloxo uns minutos adiantado: O facía, pero non serve de nada, sabes que podes estar un ratiño máis en cama…
Cres no amor: Creo na felicidade que da o amor.
Te bañas tódolos días: Non, só en Pontevedra, aquí temos ducha…
Te queres casar: Non o sei…
Te gustan as tormentas: Gostaríame ir a fotografialas.

¿QUÉN É?

A persona máis rara: Uf, Pontevedra é unha cidade con demasiados freaks. Pero persoa coa que trate…non sei.
A persoa máis molesta: Non sei…non me soe molestar a xente, sobre todo se coñece miña mala uva..
A persoa que te coñece mellor: Ao ter bastantes segredos, creo que son eu a persoa que me coñece mellor…
A frase que máis usas no MSN: xD
Teu grupo favorito: U2, sen dúbida.
Teu maior desexo: Tocar a batería nunha banda diante dun estadio de fútbol cheo…

OUTRAS PREGUNTAS

Signo: Escorpio (cumplo hoxe, carallo)
Cor natural de pelo: Castano (pero de pequeno era loiro, aínda teño as raíces algo loiras)
Cor de ollos: Marróns.
Número favorito: O 13 e calqueira par.
Día favorito: Sábado.
Estación do ano: Inverno.
Deporte favorito: Fútbol para ver no estadio e Tenis para practicar.
Café ou té: Nestea…
Montaña ou praia: Montaña. Praia cando cae o sol, a última hora da tarde…
Sol ou neve: Neve.

¿Nas ultimas 24 horas ti…
…choraches? Sí.
…axudaches a alguén? Mmmm, creo que sí.
…mercaches algo? Sí, o Público e a revista Emprendedores.
…enfermado? Non.
…fuches ao cine? Non.
…saíches a cear? Non.
…escribiches unha carta? Non.
…perdices a un noiv@? Non.
…falaches con alguén que fai tempo non falabas? Si, cunha ex que me felicitou polos 20.
…escribiches nun periódico? Non.
…abrazaches a alguén? Non.
…pelexaches cun parente? Non.
…pelexaches cun amigo? Non.
…sonaches esperto? Sí, sempre estou sonando.

¿ALGUNHA VEZ PODERÍAS…

…xantar un verme? Tería que ser supervivencia…
…matar a alguén? Caso extremo tería que ser…
…besar a alguén do mesmo sexo? Dubídoo, pero tería que ir bastante soplado…
…ter sexo con alguén do mesmo sexo? Contesto o mismo que a anterior…
…lanzarte dun paracaídas? Dubídoo.
…cantar nun karaoke? Sí.
…emborracharte? Onte mesmo collimos unha co cava…
…usar maquillaxe en público? Sí, pero nunca o fixen..

Non o paso a ninguén, non quero morir xove, que acabo de cumplir anos…

Xa 20 anos 28

Isto simplemente é unha entrada de agradecemento. Hoxe 13 de Novembro cumplo os 20, e xa recibín moitas felicitacións de amigos e demáis xente…

Grazas por facer de estos 20 anos algo xenial, agardo seguir celebrando convosco os 30, os 40…

Posteriores »