De mercas, Menéames e Coranks 4
Anda revolta a blogosfera estos días polas supostas negociacións para a merca cicais de Menéame por parte de Digg, o que sería un paso de xigante para este tipo de servizos de filtros sociais (O comentan Loogic ou Enrique Dans, ao que lle collín a imaxe).
Para comezar, servizos do tipo Menéame ou Chuza! (que é o que máis uso, probábelmente porque síntome máis identificado) poden plantexar problemas a longo prazo aos creadores de contidos e de novas tradicionais. Polo dagora, baixo meu punto de vista, a portada chegan, as novas importantes, de primeira plana, pero tamén moita palla, a suficiente como para que non se lle considere unha alternativa seria a un medio online como pode ser Elpais.com .
No tema do CoRank, as iniciativas que vin en castelán non me convenceron moito, concretamente os Corank de Error500 e o Loogic Rank. ¿A razón? Creo que non hai a comunidade suficiente e ao final a persoa que remata enviando e votando novas é o mesmo autor do blogue.
Por outra parte, os medios tradicionais poden estar a tempo. ElPais.com introduciu cousas como a valoración de novas de 0 a 5 estrelas, pero sería aínda máis interesante a posibilidad de ver unha portada influenciada por esos votos, incluíndo novas da redacción e de periodismo cidadán como Yo, Periodista e non un simple ránking, obtendo na parte máis superior a nova máis importante para os lectores e de aí baixar en función do interés. Sería un contido xerado por medios e editado polos usuarios, algo que semella que non se tivo moi en conta e que podería poñelos en igualdade de condicións.


O banner que védes no lateral de Havana Club non é nada casual, cada vez o márketing con blogues e blogueiros é maior (e mellor para os propios blogueiros), polo que vou comentaros unha acción na que estou a participar dende fai un par de semanas.
E ademáis, por se fora pouco, sae á luz o libro