Andrés Milleiro
Weblog personal

Arquivo para Enero, 2008

A importancia dunha boa firma 8

Weblogs SL

Hoxe no tren estiven pensando cantos dos meus contactos 2.0 (así é como chamo aos contactos que fixen a través de isto do blogueo están en Weblogs SL, a maior rede de blogues en castelán e na que colaboro, concretamente no seu blogue de música, Hipersónica.

E resulta que é tremendo, sobre todo no senso de que non é xente que coñecín a través de WSL, senón que é xente á que admiraba ou coñecía por uns ou outros motivos e están a traballar tamén para eles.

¿Casos concretos? Recentemente Alexliam fichou por Genbeta (e a verdade que tene un dos mellores blogues persoais escritos en castelán), onde comparte sitio con verdadeiros cracks como Sacha Fuentes ou por exemplo Óscar Baeza (para quen non o coñeza, Óscar de Kafelog, o podcast), Cyberfrancis (o megaposteador, seu sistema GTD debe ser incríbel), Diego de Haller (ao que tiven oportunidad de coñecer o pasado Novembro en Madrid e pareceume un tío fantástico) ou ao macromegahiperposteador de toda a rede, Javier Penalva.

Vale, non falo máis de Genbeta, paso a outro…Applesfera. Fai uns meses ficharon a Samuel Campos (SopMac para os amigos), un auténtico crack do Mundo Apple, que xa triunfaba con ese tema no seu blogue persoal Sopmacsl.

E podería seguir, pero non quero abusar de este tema que me desvío. O que quero dicir é que paréceme tremendo a cantidade de firmas “coñecidas” nisto da blogosfera que ten Weblogs SL, e en moitos casos coñecidas por outras cosas ademais do seu traballo en Weblogs SL, o que creo que aporta moitísimo máis valor (caso do xugón e tremendo fotógrafo de Victoriano Izquierdo, que postea en XatakaFoto. Dentro de pouco sairá un blogue con dúas caras coñecidas para min (vale, vale, non digo máis) e será máis respaldo á miña suposición, cada vez meu círculo de amizades 2.0 está máis dentro de WSL.

Esto ven a raíz de certos comentarios últimamente na blogosfera acerca de Gawker e súa rede de blogues, caracterizada por ter unha “equipa” e dar valor ao nome do editor para darlle máis valor se cabe ao contido que este escribe. Cicais en WSL pagaría a pena facer o mesmo, eu non decido nada nesa empresa así que non son eu quen o diga, mais coñecendo a temporalidade que ao menos por estos lares existe nos empregos de redes de blogues (e non por parte da empresa ollo,senon por parte do blogueiro a miúdo pouco profesional).

P.D.: Únome ao clube de fans dos que se morren de ganas por saber qué narices vai pasar en Applesfera. Aposto por un podcast, e se fose ese o caso, sería creo un caso tremendo (¿o primeiro podcast nunha red de blogues cicais, pese a non ser podcast autónomo?). Veremos que nos depara o futuro…

Unha vez máis… 2

A reordenación de material aplicada por Renfe, aproveitando os trens que xubila o AVE nas rutas nas que comeza a circular, volve penalizar a Galiza, que contará cos convois con menos prestacións de toda a cornixa cantábrica en enláces con Madrid e cun talgo a Barcelona que nin sequera disporá de tecnoloxía de cambio de ancho para aproveitar o trazado de alta velocidade entre Zaragoza e a capital catalá.

Isto ven tamén para recalcar os novos Talgo a Madrid, nos que puden vir eu de Zamora a Pontevedra onte…e eran os novos. Supostamente tiñan que ter algún cambio, pois eran os que operaban o Madrid-Málaga antes do seu paso a ser AVE e xa digo que….de diferencia pouca, Renfe segue a ter os mesmos retrasos…e algúns son tan vellos que ata arden. E algúns os seguirán a votar…

A camiseta 2

Fragasaurus

Definitivamente, é a camiseta. Deseño de Lapicerdo, marca espanhola que non coñecía ata fai non moito e ten desenhos moi chulos, como o de Hoygan!.

Curiosidades 1

É curioso ao menos que cando menos tempo lle dedicas ao teu blogue persoal máis xente chegue a ti a través de el, ata saiu la crueldad del 20 Minutos en portada en Menéame.

Xa son maquero, xa teño meu Macbook, en negro por certo.. En canto teña un pouco de tempo comento que tal, pero por encima eu xa digo que me namorei do ben que van os Mac. Ao fío de todo isto, Óscar Reixa ofreceume escribir un pouco acerca de “as experienzas dun switcher a Mac” en Planeta Mac e xa fixen unha entrada, tentarei seguir escribindo, pero de novo a falta de tempo…

Os exámes e todo iso. O día 9 remato, e agardo poder ter un pouquiño máis de tempo, o prometo..

A crueldade do 20minutos 25

É que hai maneiras e maneiras de dicir as cousas…

Enrique Iglesias

Nace Estamos.es 6

Nen Soitu nen Público.es nen adn.es gostáronme tanto como gosto de Estamos.es, fantástico.

Algúns dirán que non se poden comparar entre eles. Eu opino que sí. Vale, por un lado temos a proxectos, en moitos casos con cartos detrás e polo outro ao experimento dun Teleco madrileño. Pero eu se mañá tivera que lanzar un periódico on-line apostaría por algo radicalmente distinto, algo que logrou Estamos.es. Encántame, encántame. Recoñezo que lle faltan aínda moitas cousas (cicais unha ligazón a nova ampliada, créditos de fotos, etc…), mais pode ser un proxecto fantástico.

O comenta no seu blogue fesja: Estamos.es, otra forma de ver las noticias. Parabéns crack.

O legado de Radiohead 6

Din que a industria musical morre, que facer un disco xa non paga a pena. Cicais sexa certo, pero facer obras de arte segue pagando a pena, e Radiohead o demostrou.

Seu último disco In Rainbows pasará á historia non tanto por algunhas verdadeiras obras de arte que agocha senón por ser un disco que se distribuiu de forma gratuita por internet co permiso da banda. Radiohead non foron os primeiros en distribuir música de forma gratuita, mais nunca unha música distribuída gratuitamente tivo a firma dunha banda do renome de Radiohead. Aí as razóns do éxito.

E moitos criticaron a Radiohead polo feito. Outros aplaudíronlles. Mais nese mar de dúbidas o tempo foi pasando, e semella que lles deu a razón. Hoxe saiu a nova de que nace unha plataforma para autoeditar seus discos na España. Cicais os grupos de rock estatal que a forman non sexan o equivalente de Radiohead, mais creo que a iniciativa paga a pena de ser escoitada. Sobre todo porque supón un espaldarazo aos que defendemos á cultura libre, aos que estamos en contra das barreiras á creatividade.

E, pra finalizar, deixade que rescate unha perla do In Rainbows. O propio cantante da banda, Thom Yorke, di que é súa peza favorita. Na miña opinión, cicais sexa a máis sensíbel, a máis tenra, non sei se a mellor, pero me cautivou Videotape: