Ava Gardner Nunca Máis
Non se trata, por tanto, de gordas e fracas. Como afirma o título dunha película, as mulleres de verdade teñen curvas. A cuestión reside no empaquetado. O que non pode pretender unha pava metida en quilos –e coñezo a algunhas que son señoras espléndidas– é meterse nunha camiseta tres tallas máis pequena, poñerse un pantalón pirata que deixe a raia do tanga ao descuberto e rebose chicha polos flancos, non ducharse en dous días, e que enriba a chamen guapa. E se a iso engadimos a ordinariez que tanto abunda, a mala educación, a ausencia absoluta de maneras e a imitación de canta retrasada mental aparece na tele dándoas de señora, o resultado é inevitábel: desagradábeis touciños sen fronteiras que se cren divinas da morte, marmotas domingueiras que non saben poñerse tacóns cando o intentan, e tías vestidas, os días de voda, con vestido largo ás dez da mañá, como se viñeran de pechar un puticlub dos de antes.
Más en “Ava Gardner Nunca Máis“, artículo este Domingo de Pérez Reverte. Paniagua tamén se fai eco do artigo, e realmente o merece.


Eu tamén lein o artigo, e o primeiro que me chamou a atención foi que Pérez Reverte pusiera o de “Nunca Mais” (non é moi amigo das outras linguas de España). Eu estou de acordo con él en casi todo. Pero despois de todo acaso non nos ve as mulleres como pedazos de carne embutidas en distintos envoltorios, mentras que os homes son os guerreiros e os cazadores, é dicir que temos que ver neles algo mais que a simple apariencia física, ¡pois non señor! si falamos de apariencia física, ás mulleres nos gusta tamén algo mais, se a nos se nos “obriga” de algunha maneira a estar sempre ben, porque os homes non tratan de disimilar de igual forma esa barrigiña cerveceira da que algúns sentense moi orgullosos, as arrugas deberían ser tanto para homes como para mulleres marcas do transcurrir da vida, e as canas ¿porque “demonios” teñen que sentarlle ben aos homes?, non é isto unha forma de defender a vagancia masculina a hora de coidar su aspecto físico, penso que con afeitarse unha a vez á semana non chega ¡vivan os metrosexuais!
POST DATA.- Seguirei opinando teño que irme agora a votarme as miñas cremas matutinas, non vaya a ser que as arruguiñas campen a seu gusto.
Falando de imaxe, como pódese mudar esa cousa horrorosa que aparece xunto a meu comentario. Unha teñe que coidar da sua imaxe, e iso non me fai xustiza.
Carme, para ter túa imaxe personalizada, neste e noutros blogues, debes inscribirte en Gravatar e asociar unha imaxe ao teu correo electrónico. Inscríbete en:
http://site.gravatar.com/signup
Unha aperta :)