Blog Action Day-Reganosa

Os bos de FaqOff me invitaron fai tempo a escribir un post sobre o Blog Action Day, o único que tiña que facer era escribir sobre un tema ligado co medio ambente.
Porén, vou criticar un pouco o tema de Reganosa, moi falado en Galiza mais pouco en España, e por iso a idea de sacalo. Na Galiza dende fai un tempo temos un Goberno teóricamente de esquerdas, e teóricamente máis concienciado co Medio Ambente, sobre todo no caso do Bloque Nacionalista Galego.
Pois ben, despois de anos de loitar en contra da explotación descarada dos recursos naturais galegos sen recibir demasiado a cambio, resulta que o actual goberno galego decide continuar coa idea de instalar en Ferrol unha pranta de gas. Porén, os barcos atracan en Ferrol, surten de gas á pranta de Reganosa e mediante gasoductos envíase pola Península.
Reganosa admitiu que a pranta de gas estaría mellor fora da ría, e namentras as cousas seguen aí, co perigo que pode ter unha pranta de gas tan perto da cidadanía. Si, sei que todos sabemos que estas cousas pasaban fai tempo, pero que segan a facerse no 2007…é vergoñento cando menos.
Para máis información tedes o blogue do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, con información actualizada sobre o conflicto.