Andrés Milleiro
Weblog personal

Blog de gadgets en gallego

Parto nesta entrada supoñendo que sabes que é un gadget e que coñeces un blogue de gadgets, como Xataka. E ben, Xataka tivo seu comezo, e foi a raíz doutro blogue, concretamente de Merodeando, o blogue de Julio Alonso, que é o CEO de Weblogs SL, empresa coa que colaboro actualmente.

E hoxe non quero precisamente falar de Weblogs SL, senón do futuro proxecto dun blogue de gadgets en galego. Ao igual que nesta entrada de Julio, cando buscaba a xente pra Xataka, hoxe escribo pra buscar a xente que esté disposta a un novo proxecto, o proxecto dun blogue de gadgets en galego. Eu xa o comentei vía correo electrónico con varias persoas, e as reaccións foron dispares: Manu di que non hai público lector suficiente pra un blogue así (eu creo que o mismo se dicía de Chuza e non hai máis que ver o portal agora mesmo), e outras persoas (entre elas algunha persoa destacada do Blogomillo) aceptaron o reto e se unen ao grupo.

Así que se te gustan as novidades en canto a eses cacharriños, tes blogue e te apetece escribir sobre ilo e en galego, faimo chegar nos comentarios ou a través da sección de Contacto.

15 Comentarios

  1. Manuls el 24 de Enero de 2007

    Ti sempre poñéndome de malo… eu digo iso porque a blogosfera está poblada de blogs de gadgets. Escarvas e atopas un en seguida, polo que un blog de gadgets non é a mellor forma de comezar algo, na miña opinión polo menos :)

  2. de mares, portos e portas el 24 de Enero de 2007

    trebellos…

    se os curas tenhen hostias, e os policias porras, nos -os que vivimos mais no outro mundo que neste, ainda que os dous mundos non son dous, senon un, ou medio- temos os trebellos.
    eis que un arroutado netoyen milleiro vaise botar ao monte e chama a out…

  3. xOsse el 24 de Enero de 2007

    O pior non é que esté poblada, o pior e a maioría son un simple copia e pega dos outros.

  4. makeijan el 25 de Enero de 2007

    Xustatamente, xOsse. Non penso que sexa mala idea, pero habería que buscar nas fontes, e non copiar do xataka, microsiervos, gizmodo, etc.

    En codigocero.com hai case sempre un apartado sobre o tema…

    Sorte co proxecto igualmente, Andrés.

  5. An el 25 de Enero de 2007

    Eu como non teño nin idea de nada de tecnoloxia…pois ei esperar a ver o que acontece…eso si, quenes o fagan teran a miña visita. Listo por hoxe

  6. Andrés Milleiro el 25 de Enero de 2007

    Penso que en fin, non só podería ser de gadgets, senón sería un blogue orientado a toda a tecnoloxía que sae da Galiza, gadgets (temos a Blusens) e software tamén, por que non, dando un lugar onde “falar” a todas esas comunidades que traducen software ao galego e sacan cousas interesantes…

  7. tempestade el 26 de Enero de 2007

    yo tan poco entendo desta tecnoloxia, pero me gust amuxo vuestra ciudad

  8. An el 26 de Enero de 2007

    Galiza e tod moi fermosa :) inda que Juan esta fora da Galiza :P

  9. eula el 26 de Enero de 2007

    !Mola a idea!
    Un blog de paratos e chintofanos!
    Eu apuntome a colaborar.

  10. Chispa el 26 de Enero de 2007

    Calquer iniciatica a prol da nosa cultura é benvida. Os meus parabens.

  11. An el 27 de Enero de 2007

    unha pregunta..Existen gadets feitos 100% na Galiza?

  12. Andrés Milleiro el 27 de Enero de 2007

    Pois…eu penso que non. Blusens os fai en China, eu imaxino que non se fan aquí básicamente polo costo, igual que en España, non creo que haxa empresas que fabriquen eiquí…

  13. [...] crear un blog de gadgets en gallego con fines de intentar obtener la semilla para una red de blogs comerciales en gallego es, en menor [...]

  14.   Nace Trebellos || Trebellos el 3 de Abril de 2007

    [...] ónde saiu Trebellos? Todo naceu con esta entrada no meu blogue, onde buscaba a persoas interesadas en participar no proxecto dun blogue de trebellos en galego. Co [...]

  15. [...] donde ha salido Trebellos? Todo nació con esta entrada en mi blog, donde buscaba a personas interesadas en participar en el proyecto de un blog de gadgets en [...]

Deixa un comentario