Andrés Milleiro
Weblog personal

Bono en Muchachada Nui

Hoxe estaba comendo e vin unha das promos de Muchachada Nui, o programa que comezará a emitir La 2 con os actores de La Hora Chanante. Só vin unha, na que se imitaba a Bono, o cantante de U2, namentras cantaba Lemon, unha das miñas cancións favoritas da banda. Por moitos é coñecida miña gran afición a U2, e non puiden evitar a gargallada ao ver o vídeo, tremendo.

Sobre o programa, empeza o 19 de Setembro ás 23 horas en La 2, e páreceme, independentemente de se o quero ou non, unha aposta por humor e, ao menos seguro, por traer audiencia á TV pública. Parabéns, e aí vai o vídeo:

Relacionado: Las promos de Muchachada Nui (¡Vaya Tele!)

1 Comentario

  1. [...] fai un tempo falei de a promo de Bono con Muchachada Nui, agora me entero vía U2FanLife que voltaron a sacar ao cantante de U2 no [...]

Deja un comentario