Andrés Milleiro
Weblog personal

Cómo organizarse con BackPack

Logo Backpack

Son un namorado de Backpack (ligazóns con referidos), unha ferramenta para manexar información online, a modo de “organizador persoal” como eu o uso ou ben para manexar equipas de persoas e información entre elas.

Son un pequeno namorado tamén do método GTD (Getting Things Done), e conseguín en certa medida conseguir aplicar o método GTD ao meu Backpack. Escribo esta entrada a petición de Javier Penalva comentando un pouco cómo me organizo, tentareino explicar.

Backpack ten unha función fantástica: poder crear notas, listas ou colgar imaxes ou ficheiros se se envían a certo enderezo de correo electrónico. De aí que forme o tándem Blackberry + Backpack e envíe correos electrónicos de cousas a lembrar e telas almacenadas para cando fagan falla.

Backpack e GTD

Menú de BackpackGosto de ter o escritorio de MacOS limpo, a poder ser co menor número de cartafois posíbel, e na barra lateral de Backpack igual. Como ves na captura, son poucas as ligazóns:

  • Bandeja de entrada, a onde mando notas e tarefas por facer na Blackberry. Tento tela baleira e/ou usala como tarefas pendentes (non é así exactamente no GTD, mais a mín góstame ter as pendentes na bandeixa de entrada, se non esquézome). Ademáis, pódense mover calquera dos elementos dunha páxina a outra, así que da bandeixa de entrada se se vai a almacear o movo a outra páxina.
  • All Pages é unha función de Backpack mediante a cal accedemos a unha lista de tódalas páxinas que temos, pois algunhas as podemos ocultar da barra lateral.
  • Estudios,Guardar,Personal e Trabajo obviamente as uso para ter cousas de esas temáticas. Non uso nesas seccións a funcionalidade de email, salvo como contarei para gardar copias de seguridade dos meus blogues.

    Menú secundario de BackpackComo dicía, teño a barra lateral un tanto simplificada. ¿E o resto de páxinas ónde están? Uso a funcionalidade mediante a cal podemos meter código HTML a pelo nas notas, polo que na parte superior da páxina creo unha nota e meto ligazóns a páxinas ocultas ligadas, como podes ver na captura con Correos a guardar, a donde reenvío correos electrónicos que por un ou outro motivo (porque teñen arquivos adxuntos interesantes, por exemplo) apetéceme gardar para poder usar en calqueira lugar.

    Backpack para eventos

    Backpack ten unha función fantástica que é a de facer páxinas públicas con unha URL que pode ver calqueira persoa.

    Ademáis, as notas admiten código HTML polo cal podemos embeber nunha páxina de Backpack calqueira cosa, un mapa de Google Maps, un vídeo de Youtube. Maxina por un intre facer en 5 minutos a web de cómo chegar a un restaurante dunha boda, cun mapa de Google embebido coa ruta e un vídeo do restaurante por fora ou un set de fotos en Flickr do restaurante… máis doado, imposíbel.

    Backpack para proxectos conxuntos

    Cicais non use moito Backpack con moita xente, pero o uso un pouco. Tortilla de Patata se fai grazas a Backpack, concretamente grazas a os Writeboard integrados, onde tanto Manu como eu imos elaborando guións e facemos listas e notas de cousas pendentes no podcast.

    Comentar neste senso que Backpack fixo cambios moi moi bos para compartir a cuenta con máis xente últimamente, se ben eu a uso sobre todo como organizador persoal e comparto só as páxinas que eu quero. Ao que ía, Backpack xera sementes RSS individuais para cada páxina e así poder enterarnos se outra persoa fai cambios nela. Fantástico, ¿ou non?

    Backpack como almaceamento

    Teño unha conta de pago de Backpack (barata, por uns 7 euros ao mes) e me dan 1 xiga de almaceamento. ¿Que fago? Teño programado o envío a diario copias de seguridade de varios blogues de Wordpress grazas ao engadido de Wordpress Database Backup á dirección de correo da páxina “Datos a guardar” do meu Backpack, fácil e sinxelo.

    Usar Backpack adaptado

    Prism con Backpack¿Adaptado a que? Te conto. No meu caso moitas veces apetéceme abrir Backpack sen ter que abrir o navegador, tegrear dirección, etc… polo que uso Fluid en MacOS X para tela como un programa máis (en Windows e Linux pódese facer con Prism). O día que inventen un programa offline que axuste todo ben será miña salvazón, mais non hai gran cousa salvo Backboard e PackRat (probado mais non sincroniza moi ben).

    No tema de versiónes móbiles, Backpack ten versión móbil e versións como a adaptada ao iPhone / iPod Touch.

    Máis información

    A web de Backpack é un gustazo e nela pódense atopar miles de exemplos acerca de para que usa a xente Backpack, así que bótalle unha ollada e a ver se te remata de convencer.

    Ah, por certo, fixen unha páxina de proba, en honor a un (templo da gastronomía galega)™ que teño ganas de sufrir: Cása Cándida.

14 Comentarios

  1. matallo el 7 de Marzo de 2008

    Gran howto que te has currado. La verdad es que Backpack tiene muchas posibilidades y aunque previamente solo lo había utilizado para preparar algún viaje parece una gran herramienta para mantener todo organizado en el día a día.

  2. Diego el 7 de Marzo de 2008

    Pregunta inocente: ¿por qué pones un parámetro en todos los links a Bakcpack?

  3. Andrés Milleiro el 7 de Marzo de 2008

    Hola Diego, lo digo al comienzo, todos los enlaces son con referidos. Es decir, si alguien se inscribe y paga una cuenta de pago de Backpack me llega un porcentaje. Obviamente, cada uno que haga lo que estime oportuno.

    Un saludo y gracias por interesarte ;)

  4. Diego el 7 de Marzo de 2008

    Vaya, se me pasó… Si con decirte que me acabo de dar cuenta de que el post está en galego… Y yo leyendo tan ricamente xDD

  5. Andrés Milleiro el 7 de Marzo de 2008

    Diego, este blog es bilingüe, así que tienes el contenido en gallego y en castellano (simplemente con hacer clic en el idioma en la parte superior de la barra lateral alternas entre uno y otro).

  6. Diego el 7 de Marzo de 2008

    Pues tengo puesto el feed en castellano, pero luego lo leí (el completo) en gallego…

  7. Seve el 10 de Marzo de 2008

    Fantastico tutorial!.
    Parece unha ferramenta moi completa, mais non topo demasiadas diferencias coas ferramentas de google, e estas últimas son gratuitas (cecais, o RSS para control de cmabios botase en falla).
    (Por certo, ten algo que ver con basecamp?, o estilo da web parece semellante, mais non sabía que trocara de nome)

  8. Andrés Milleiro el 10 de Marzo de 2008

    Hola Seve, canto tempo :)

    ¿Con qué ferramentas de Google reemprazarías a Backpack?

    E sí, son de 37 Signals, os mesmos que Basecamp, o que pasa é que Basecamp é orientado a grupos e empresas..

  9. Seve el 10 de Marzo de 2008

    ¿google notebook e google docs, supoño… Podes facer proxectos conxuntos, e podes publicar a paxina (e ten mas dun Gb). Xa sabes que e o que eu adoito facer.
    Supoño que non estará tan integrado con dispositivos mobiles…

  10. HabitosVitales el 12 de Marzo de 2008

    ¡Interesante solución!

    Si un día decidiré cambiar mi set-up GTD a uno online voy a mirar este solución.

    Cómo haces para captar las ideas que tienes cuándo vas andando en el mundo analógico? (la calle…) ;-)

    Un saludo!

  11. [...] lo que inmejorablemente nos ofrece Andrés Milleiro en este artículo en el que explica cómo aplicar Backpack para utilizar el método [...]

  12. Andrés Milleiro el 12 de Marzo de 2008

    HábitosVitales, cojo la Blackberry y me mando un correo y así lo añado automáticamente, tanto en forma de nota como un elemento de una lista de tareas :)

  13. [...] Backpack: Muy buena aplicación para organizar nuestros ficheros y compartir información. [...]

  14. Mascotas el 16 de Marzo de 2008

    Gracias por el aviso, voy a cotillear a ver si le saco utilidad ^_^ .

    Hace poco he conocido otra aplicacion util que se llama logmein, es para conectar todos tus ordenadores y acceder desde cualquier sitio con tu nick y contraseña.

    :) hastaluego!

Deixa un comentario