Andrés Milleiro
Weblog personal

De mercas, Menéames e Coranks

Filtros socialesAnda revolta a blogosfera estos días polas supostas negociacións para a merca cicais de Menéame por parte de Digg, o que sería un paso de xigante para este tipo de servizos de filtros sociais (O comentan Loogic ou Enrique Dans, ao que lle collín a imaxe).

Para comezar, servizos do tipo Menéame ou Chuza! (que é o que máis uso, probábelmente porque síntome máis identificado) poden plantexar problemas a longo prazo aos creadores de contidos e de novas tradicionais. Polo dagora, baixo meu punto de vista, a portada chegan, as novas importantes, de primeira plana, pero tamén moita palla, a suficiente como para que non se lle considere unha alternativa seria a un medio online como pode ser Elpais.com .

No tema do CoRank, as iniciativas que vin en castelán non me convenceron moito, concretamente os Corank de Error500 e o Loogic Rank. ¿A razón? Creo que non hai a comunidade suficiente e ao final a persoa que remata enviando e votando novas é o mesmo autor do blogue.

Por outra parte, os medios tradicionais poden estar a tempo. ElPais.com introduciu cousas como a valoración de novas de 0 a 5 estrelas, pero sería aínda máis interesante a posibilidad de ver unha portada influenciada por esos votos, incluíndo novas da redacción e de periodismo cidadán como Yo, Periodista e non un simple ránking, obtendo na parte máis superior a nova máis importante para os lectores e de aí baixar en función do interés. Sería un contido xerado por medios e editado polos usuarios, algo que semella que non se tivo moi en conta e que podería poñelos en igualdade de condicións.

4 Comentarios

  1. An el 26 de December de 2007

    puf…puff. chego tarde para desexarche un ledo nada pero se non lembro mal inda teño tempo de desexarche un ano novo cheo de ledicia :) Saudos

  2. Los blogs son el ayer el 27 de December de 2007

    ¿Anda revuelta la quién?. Entra en MySpace, en MSN Spaces, en Live Journal, en Vox, en Bitácoles, Vilaweb,… te aseguro que ni han escrito del tema ni lo conocen.
    Blogosfera… ¿Qué es?.

    Por cierto, te noto muy aPrisado ;)

  3. anonimo el 28 de December de 2007
  4. Marcos Merino el 2 de January de 2008

Deja un comentario