El problema de liquidez financiera en la blogosfera
Estos días todos (ou eu ao menos) vemos nas novas o problema da falta de liquidez financieira nos mercados debido á crise dunha clase de hipotecas nos Estados Unidos.
E un, que aínda que tivo este ano na carreira dúas asignaturas con temas financieiros, non foron de macroeconomía e por tanto, non entende moi ben o tema da liquidez. Así que agardaba un pouco algunha entrada nun blogue que explicase por que, un pouco para xente non demasiado experta na materia.
De feito, cheguei a contactar coa xente de El Blog Salmón suxirindo iso mismo que se bota moito en falla na blogosfera salvo o caso de blogues como FaqOff (que nunca deixarei de recomendar pra todos aqueles que queiran aprender informática e cousas de internet). E vexo que non publican nada ao respecto, e a min ao menos me apetecería informarme algo sobre o tema.
¿Non se botan en falta seccións de “temática pra principiantes” en calqueira blogue temático? En Trebellos tivemos feito algo semellante algunha vez e non foi mal, e con casos como o actual da liquidez financieira sería xenial unha entrada nalgún blogue que explicase un pouco por que e que é exactamente. ¿Quere iso dicir que na factoría de Blogueiros o segundo blogue da rede sexa sobre economía, tentando cubrir ese aspecto? Nen confirmo nen desminto nada, que sempre é a mellor opción…
Actualización: Jaime pásame esta ligazón interesante sobre o tema, ¡Graciñas!
Actualización 2: Nos comentarios recomindan esta outra anotación tamén.
Actualización 3: El Blog Salmón: Solbes habla sobre la crisis financiera


Gracias por la mención. Si quieres leer algo serio sobre el tema, de un maestro además ahí va el enlace:
http://juan.urrutiaelejalde.org/anotaciones-barbaras-a-una-crisis-anunciada
Los agujeros que hay en divulgación, en todos los temas son enormes. A veces ocurre que el problema es que divulgas y no consigues llegar a la gente quieres porque compites con tropeciones spamers que se mueven mucho mejor en aguas donde a la gente le cuesta buscar, econtrar y filtrar la información.
Hey, que tal Andrés, ya salio la revista Genultra E-Magazine, con la entrevista que te hacemos, ahi para que la cheques, te dejo link http://www.genultra.com/magazine/
Óla, quería comentarte a existencia do meu blogue “Pontus Veteris” en http://pontevedra.blogaliza.org .
É un blogue creado por min, un pontevedrés de pro, mais algo descontento con algunhas cousas da cidade, un lugar onde debatir sobre cómo vai Pontevedra e tentar que entre todos fagamos unha boa vila mellor.
Alí te agardo, unha aperta.