Entrevista a Andrés Nieto
Hoxe me toca entrevistar a Andrés Nieto, deseñador e blogueiro no seu blog persoal Anieto2k.com, un completo blogue de referencia en usabilidade, deseño e programación web, lóxicos protagonistas tamén nesta entrevista. Se vos gustan estos temas tamén vos aconsello botarlle unha ollada á miña anterior entrevista a ?lvaro Castaño, outro bo deseñador web.
- Fai un tempo sacaches á luz Heysilver e Blogoedad, ¿con qué intención realmente? ¿tan cedo te namoraches do mundo Mac? Se rumorea por aí que Jobs xa se puxo en contacto contigo…
-A verdadeira e única intención é dominar o mundo, con BlogoEdad teño os datos de 1.600 usuarios e sé cales son os ananos aos que podo robarlles o bocata no cole, e HeySilver,… era pra distraer.
Agora en serio, a intención é aprender, no eido no que me movo todo cambia moi rápido e senon fas estas cousiñas pasa o tempo e te quedas “deprecated”.
Steve Jobs e eu xogamos ao golf xuntos, pero nada máis, prefiro desviar a atención falando da miña relación con Paris Hilton…
-¿Te plantexaches HeySilver cicais como unha especie de menú ópra un blogue? No senso de que poidas teclear “arquivos”, “rss” ou buscar cousas…
-Si, realmente está no posto 12 da miña lista de tarefas pendentes. heySilver me parece unha boa idea pra fortalecer as interfaces basadas no tegrado, facendo máis ampliadas as opcións que a web ofrece hoxe en día.
Un problema que lle veo, é que o lector medio non ten os coñecementos suficientes pra facer andar a aplicación, pero como te dixen antes sería unha forma de ampliar, non o único método.
- Ben, poñámonos serios. ¿A alguén que só coñece o Ajax de Amsterdam cómo lle explicarías que é a tecnoloxía Ajax que tanto soa por aí?
-Explicación simple: Ajax é unha palabra que trae visitas.
Explicación menos simple: Ajax é un concepto dunha tecnoloxía que nos permite realizar chamadas de forma asíncrona, oséase pola porta de atrás, sen que o usuario teña que agardar á recarga de toda a páxina. Esta tecnoloxía fixo recordar aos desenroladores que o javascript nos permite facer cousas moi enriquecedoras para nosas aplicacións.
- ¿Por qué só te presentaches á categoría “Tecnología” nos 20Blogs? Penso que en Deseño poderías ter feito un gran papel, de feito me sorprendeu non verte entre os finalistas…
-Me presentei pra conseguir a estatuilla, miña idea era a de poñela coas lembranzas de comunión que imos almaceando na estanteria (é algo que odio), debido aos problemas coa versión actual do certamen eliminei tódolas ligazóns que apuntaban hacia o concurso, pasei bastante do tema.
O deseño actual é grazas a Daniel Mota e non quería apuntarme tantos co traballo de outro. Así que pasei bastante do tema.
-Fai un tempo colaboraches con Hipertextual, se non lembro mal. ¿Foi algo ocasional ou seguen contando contigo?
-Manu Contreras é un tio de p.nai (o demostrou en a entrevista que lle fixeras) e se me pide que lle bote unha mano, ?ndres a bota, ou sexa que seguimos en contacto.
-Un ve blogs estranxeiros e se queda sorprendido en moitas ocasións da gran calidade dos seus deseños…¿En España e sobre deseñadores españoles podemos fablar do mesmo? ¿Que blogues españoles destacarías polo seu deseño?
-En España hai moitos deseñadores bos, aínda mellores que los que podamos atopar por outros paises, o problema é que non se lles da tanto bombo como aos estranxeiros. Tamén é certo que os blogues estranxeiros nos levan anos de vantaxe en canto a deseño web xa que fai anos que dispoñen de conexións decentes pra se conectar a internet e a verdade iso axuda.
Temos grandes deseñadores como por exemplo:
http://www.htmllife.com/
http://www.infectedfx.net/
http://icebeat.bitacoras.com/
-¿Qué consellos lle darías a alguén que comenzou a escribir un blogue e lle entra o gusanillo de deseñar un pouco e toquetear?
-Fai unha copia de seguridade do tema que queiras tocar, e ponte a tocar de arriba a abaixo. Esa é a única forma de aprender a facer algo no mundo da programación, se quieres aprender, tes que meter as mans ata o fondo, cometendo errores como as cousas se quedan e o mellor de todo é que lle perdes o medo a deixar aos teus usuarios sen blogue 5 minutos.
-¿Código ou deseño, que valoras máis?
-Uff, menudo dilema me pos ante meus ollos… está claro que o código son os cimentos pra desenrolar o deseño, pero o deseño pode condicionar o código… creo que o vou deixar nun … depende da situación (aínda que como programador o código me tira moito).
-¿Qué crees que é o futuro no deseño web?
-O futuro do deseño web será un futuro sen errores de validación. Non, en serio, según van os acontecementos o desenrolo web está demostrando que o contenido é o rei e de aí que surxan ideas como Microformatos, Ontoloxías,… que se basan en indexar e catalogar este contido. En futuras aplicacións este contido será vital pra as búsquedas de información na rede de redes.
-¿Fai falla ter un Mac pra deseñar ben, ou simplemente…axuda?
-A verdade é que axuda, eu era dos que defendía que un editor de texto ía ben en calquera Sistema Operativo, e me merquei o mac, case por estética e por lanzarme ao roldo. Pero agora que xa lle collín o truquillo… todo é máis sinxelo. Os accesos directos para todo, a consola, QuickSilver,…
-A raíz de que recentemente vimos o caso da avergoñante web do Congreso dos Deputados, ¿realmente en España as empresas ao encargar unha web valoran que valide e cumpla estándares web?
-Creo que o problema non é só de España, estamos nun mundo capitalista movido polos cartos, polo tanto calquera web ten únicamente unha finalidade, rendir beneficios, por riba de todo o demáis. Podo dicir por moita experiencia que a frase “Faino rápido e que funcione”, é a máis usada no mundo do desenrolo web, e a web do congreso é unha muestra de ilo. Un mileurista ao que seu xefe lle estivo metendo presión pra que desenrolara a aplicación (con 500 aplicacións máis) nun par de días pola que lles sisaron uns cantos millóns ao goberno.
O importante era que a web saiu o día que o xefe prometeu e cubría as espectativas dos incultos do goberno. O dito, isto pasa en todos os sitios…
-¿Segues deseñando, aínda que só sexa pouco e en forma de hacks, pra Internet Explorer?
-Lamentábelmente na empresa que traballo, desenrolamos maioritariamente pra IE, aínda que pouco a pouco imos tentando facer as cosas ben. Así que si, aínda sego dandolle patadas ao navegador máis odiado de internet.
-¿Por qué alguén debería deixar de usar Internet Explorer?
-Principalmente por que hai alternativas moito máis xugosas, coas que se poden obter mellores resultados. Hoxe en día o uso de navegadores como Firefox, Safari ou Opera,está aumentando debido á campaña “Odio IE” que Internet está promovendo. O incremento do número de blogues e as ansias de personalizalos está dando lugar a virguerías que navegadores basados en motores antigos non poden interpretar. Por este motivo usar navegadores modernos é una apuesta por unha Internet máis estándar e correcta.


Que puedo decir..otro maquero mas…cada dia somos mais :D
Bueno, que decir, enhorabuena por andrés que es muy bien chico. Pero… (no se si decir esto)
Aunque infectedfx (al que se cita aqui) es uno de los mejores diseñadores del mundo, no es español, y walter, de htmllife… tiene relacion con españa pero tampoco, (igual que icebeat si que lo es)
Por otra parte, la introduccion de dominar el mundo… antes deberas vertelas con google xD tendrá que ser por encima de su cadáver.
Muy bien defendida la postura de usar navegadores mas modernos y enterrar a IE.
TKM andres :P
infected es de mexico que no?
Sin duda uno de los grandes bloggers para mí. Si hubiera nacido 4 años antes ahora sería un top10 de cualquier ránking blogosferil.
Muy buena la entrevista, desde que comencé con mi blog seriamente (host y dominio propios) andrés nieto ha sido un buen punto de referencia, es una desarrollador de carajo, aún me pregunto de donde le salen tan buenas ideas.
Andrés que habla allí de conexion decentes, creo que está equivocado, estoy seguro que españa tiene mejores conexiones que muchos de los paises de habla hispana, para el ejemplo, tengo conexion de banda ancha (200kb) hace apenas unos 8 meses.
Sin animos de hacer publicidad, creo que a Andrés se le paso por algo este blog metal.ize
es de los mejores diseñadores que he visto.
y Enrique de metalize tambien es mexicano :)
Buena entrevista Andres (ambos) :-P jeje
Un saludo ;-)