Andrés Milleiro
Weblog personal

Entrevista a Jose Luis Orihuela

Nesta ocasión quero entrevistar a unha de esas persoas que cicais moitos lectores deste blogue non coñezan, pero que é parte fundamental en calquera análise da blogosfera hispana, escritor de libros sobre blogs como La revolución de los blogs ou Blogs. La conversación en Internet que está revolucionando medios, empresas y ciudadanos. De aconsellábel lectura calquera das súas palabras sobre a blogosfera, hoxe teño o placer de facer preguntas a Jose Luis Orihuela e seu blogue persoal, Ecuaderno.

-¿Qué é pra ti a blogosfera?
-A blogosfera é un espazo virtual e unha cultura real: é o espazo da web no que teñen lugar as múltiples conversacións que se establecen entre os blogues e é a cultura que xeran os bloguers.

-¿Qué poder teñen pra ti os blogues e a blogosfera?
-Pensar os blogues e a blogosfera exclusivamente en termos de poder, influenza e negocio é transplantar o modelo de análise que usamos pra os medios de masas convencionais e en consecuencia, deixar escapar o máis específico de este novo medio. A blogosfera é un espazo líquido, informal, desxerarquizado, descentralizado e anárquico no que converxen multitude de comunidades, de culturas e tradicións diversas, pra xerar de forma colectiva, distribuida e espontánea información, opinión e coñecimento.

-¿Crees que a burbulla dos blogues é igual que a burbulla inmobiliaria, é dicir, que semella nunca deixar de medrar?
-O ritmo de crecemento da blogosfera global (que dende 2003 se ven duplicando cada seis meses), seguramente comezará a ralentizarse dende o vindeiro ano. De tódalas formas, o máis significativo é que os blogues abriron a porta á xente corrente pra convertirse en protagonista dos procesos comunicativos. Máis aló dos blogues se extende o fenómeno dos medios sociales e iso non é unha moda nen unha tendenza, senón unha muda de paradigma que non ten volta atrás.

-Dado o tempo que levas e o popular que é teu blogue, ¿te consideras unha estrela da blogosfera?
-Son un profesor universitario que, entre outras cousas, escribe un blogue dende 2002. Me dedico a aprender e a ensinar a aprender. Os efectos secundarios da visibilidade que teño como bloguer son parte do xogo, como sempre que se fai comunicación pública, pero non son miña motivación nen centran meu interés.

-Qué crees que é mellor,¿un blogue monotemático ou politemático?
-Un blogue temático, e preferentemente de nicho, ten maiores posibilidades de convertirse nunha referenza en menos tempo e de ser máis visíbel á longa (se está ben escrito, se ten entradas de calidade e se actualiza con frecuencia).

-¿Venderías teu blogue ou teu posto no blogue?
-Non.

-¿A qué crees que é debido o éxito de eCuaderno?
-É pura persistenza.

-¿Crees que se pode chegar a vivir dos blogues?
-Por suposto, aínda que o risco é que deixen de ser blogues.

-¿Daríaslle unha patada no cú a algún blogger?
-Non é meu estilo.

-¿Nos sorprendería o saber a cantidade de feeds que lees ao día?
-Agora mesmo teño no meu lector suscripcións a 527 feeds. Os que son públicos poden verse en: http://www.bloglines.com/blog/ecuaderno.

-¿Qué valoración fas dos congresos sobre Blogues e Blogosfera que se veñen desenrolando en España ata o momento?
-O primeiro congreso nacional de bloguers en España se vai celebrar en Sevilla do 17 ao 19 de noviembre (nosos veciños portugueses xa están preparando o carto encontro nacional de bloguers pra o vindeiro ano). Ata agora tivemos algunhas xornadas como WebDosCero e Blogues. A Conversación, e moitas seccións dedicadas, mesas redondas e Intervencións en innumerabeis conferencias académicas de Comunicación e eventos profesionais de modo regular dende o ano 2003. A importancia de todos estos eventos é directamente proporcional ao impacto que conseguen fora da blogosfera, que ata agora foi moi limitado.

-A axencia Reuters anunciou fai uns días que introducirá un reporteiro no videoxogo por Internet Second Life,¿O consideras un intento de contrarrestar o poder do periodismo cidadán a través de blogues?
-Second Life é unha comunidade virtual cuxo alcance e impacto vai sorprendernos en pouco tempo. O menos interesante de SL é a clonación de tendas, medios e marcas que xa existen no mundo físico. O máis atractivo é seu potencial pra facer desaparecer parte das barreiras que temos no mundo físico pra encontrarnos e interactuar con persoas que están espacialmente distantes, e pra construir un mundo paralelo no que agardamos poder redimir os desastres que temos feito no noso pequeno planeta ou alcanzar aquelas metas que se nos escapan no “real life”.

-¿Non tes medo acerca do poder dos blogues e súa capacidade de expansión de novas,como por exemplo o pasado robo do escaño de Zapatero,que paralizou a tódolos medios de comunicación?
-Unha das características da blogosfera é que constitúe un ecosistema informativo autoregulado, de tal forma que as manipulacións sempre rematan saíndo á luz, os errores se corrixen, as opinións se contrastan e a información sempre gaña.

-Algúns medios en Internet como 20Minutos apoian á licenza Creative Commons,pero dun tiempo a aquí surxiron conflictos con medios tradicionais como El País.¿Cal é túa postura ao respecto neste conflicto?
-Máis aló da casuística, un dos temas máis relevantes pra o futuro da comunicación profesional é precisamente cómo se xestionan os dereitos de explotación de contidos, e de maneira máis global, cales serán os modelos de negocio viabeis pra os medios e pra os comunicadores profesionais. Nen todo pode ser gratis sempre, nen todo pode estar sometido a esquemas de dereitos e de explotación propios do século XIX.

-Blogues,videologues,podcast…¿Nun futuro cres que podería ser viábel un grupo de comunicación basado nestes tipos de periodismo cidadán?
-Unha vez máis: os blogues non son periodismo cidadán. Polo demáis, xa hai ao menos 16 redes comerciales de blogues en español.

-¿Qué definición poderías dar do Periodismo 3.0?
-Prefiro falar de Periodismo sen adxetivos, do contrario se remata mezcrándoo todo e esquecendo que -en España dende fai case 50 anos -o Periodismo é unha disciplina que se ensina e aprende nas aulas universitarias. A xestión profesional da información en medios públicos de comunicación vai mudar cada vez que se adopten innovacións tecnolóxicas, pero non por iso imos ponerlle unha nova etiqueta á nosa profesión cada fin de semana. A adopción do telediagnóstico non nos leva a falar de Medicina 3.0. Seguimos falando de Medicina, e xa supoñemos que os médicos se formarán e utilizarán o instrumental máis sofisticado que esté ao seu alcance en cada momento histórico. E pra seguir coa metáfora, o que os pacentes usen a rede pra investigar acerca das súas dolencias e compartilas con outros mediante páxinas personais, non lles convirte en “médicos cidadáns” que fan “medicina social”.

-Ben Jose Luis,moitas grazas pola entrevista.

17 Comentarios

  1. claudio el 24 de April de 2007

    grade josé luis, fue mi profesor en el magister en santiago de Chile, saludos

  2. manuel el 29 de May de 2007

    Vaya mierda de entrevista por el amor de dios!!!!!!!!!

    K cara de energumeno k tiene el payo

  3. Ummii el 5 de June de 2007

    me siirvio kaletah
    no sabiia cmo hacer una entravista en lengua y ya se como
    jaja

  4. [...] revolucionando medios, empresas y ciudadanos”, junto con otra gente como Jose Luis Orihuela, al que ya he entrevistado. Sin más, ahí va otra interesante entrevista, espero que os guste. -Hola Juan,encantado. -¿Qué [...]

  5. nicole el 18 de August de 2007

    qero un a entrevista para mi tarea

  6. [...] minutos antes de la medianoche: entrevista  Imprimir este post    View blog reactions tags: [...]

  7. rosario el 7 de March de 2008

    falta mas entrevista porque si eso s entrevista pues no porque eso es una porqueria

  8. jenny el 2 de April de 2008

    no me jodan

  9. nacho el 3 de April de 2008

    eres medio menso para dar entrevistas

  10. ARAA el 6 de April de 2008

    esta entrevista me sirve para LENGUA..
    muchisiiimas gracias no encontraba ninguna :S

    ls mando el reee beso

  11. jon el 11 de April de 2008

    sales m sirvo para mi tarea pero no la e leido
    ja ja
    adios
    espero q no m la agan leer

  12. hαdiiRαα^^ el 22 de April de 2008

    grααCiiααsSz! mee ziiRvee prα lα ttαreeαα!
    bziittooooOwwsSz^^

  13. hαdiiRαα^^ el 22 de April de 2008

    ni iO lOo hee leiidoO qee weebααα!!!
    jαjαjαjα x) bααbααee;cdtt^^..XOXO<3

  14. chuchitoxs el 11 de May de 2008

    aunq no e leido la entrevista.. pero me servira como tarea de lectura, expresion, oral y ecrita!
    gracias
    despues la leere y te doy mi opinión!

    zaludos

  15. owenganny el 12 de October de 2008

    Greetings! help me somebody please) I trying to find a text about computers. What is the most better AMD or Intel? I need immediately!
    cealis purchase online Thanks!

  16. Accibiabroort el 16 de October de 2008

    h i. I Need help! where i can find an information about all states of America I need immediately!
    viagara sildenafil citrate Hope you will help me

  17. RalkNinimeala el 17 de October de 2008

    Cheers! Tell me who knows please where i can find a text about all states of America Tell me please, who knows!
    <a href= order cheap Thank you very much!

Deja un comentario