Entrevista a Julio Alonso
Fai un tempo comentei que quería voltar coas entrevistas no blogue, se ben teño pendente unha entrevista con Andrés Nieto, hoxe quero publicar a entrevista que recentemente lle fixen a Julio Alonso, o CEO de Weblogs SL, a maior rede de blogues europea.
Recoñezo que para min foi un auténtico placer e unha honra ter entrevistado a alguén como Julio, que conseguiu crear dende España un negocio completamente rentábel e, na miña opinión, moi apetecíbel a moitos ollos do mercado europeo. Na entrevista, como é lóxico, falamos de negocios na rede e da situación pasada, actual e futura de Weblogs SL. Que a disfrutes.
-¿De ónde surxiu a idea de crear WeblogsSL?
-A inspiración veu claramente de Gawker Media e de Weblogs Inc., en especial a partir de un artículo en Wired. A espoleta foi un post no blogue de Loic Lemeur que me sinalou Hector Milla. Eu publiquei unha entrada similar en merodeando , se apuntaron unhas 20 persoas, de esas se foron caendo ata chegar a cinco e con esa equipa lanzamos xataka.
-Poderías explicarnos a orixe do termo Xataka? Foi algo sempre comentado na rede, de feito tédes o dominio Xataca.com …
-Xataka é unha palabra inventada buscando que tivera certa sonoridade a futuro e tecnoloxía e que fora internacional. Está construida a partir de Xanadu e Gattaca. Logo nos dimos conta de que non era pra nada doada de deletrear e tivemos que rexistrar uns cantos dominios máis. Tampouco é fácil de pronunciar. En teoría é Xátaka, con acento na a aínda que nunca o poñemos. Pero moita xente acaba dicindo xataka.
-Maxino que, como en calquera proxecto, os comenzos foron duros. ¿Coñecías aos que hoxe son teus compañeiros en WeblogsSL, é dicir a Raúl, a Antonio TocaAntonio Ortiz e a todo o mundo que traballa en Weblogs SL? ¿Algunha vez pesaron máis as ganas de deixar todo que as de continuar?
-Non coñecía en persoa a ningún de eles. Sí que lles tera lido nos seus blogues. Cando comezamos establecín un plazo inicial dun ano pra ver se a cousa funcionaba. Se nun ano non éramos capaces de facer algo suficientemente interesante entonces o deixaría. Obviamente cando chegou o ano nin mo planteei. Aínda que lembro meses duros ao principio cando o primeiro ou segundo mes de actividade apenas facturábamos 100 euros ao mes.
-Se ben WeblogsSL se pode considerar a maior rede de blogues española, constantemente están surxindo outras tantas, con xente coñecida detrás e con proxectos interesantes, como pode ser o caso de Medios y Redes, por tanto ¿Cres que aínda hai nicho de mercado no mercado das redes de blogues en castelán?
-Que haxa máis redes de blogues é positivo, en certa medida é unha validación do noso modelo. Se fóramos os únicos facendo isto sería raro. ¿Hai mercado para tantas redes? Non sei. Para que sobrevivan como tales teñen que alcanzar uns niveis de tráfico suficientes e, sobretodo, teñen que ser capaces de xerar ingresos nunha proporción moito maior a cómo o están facendo hoxe en día.
-Ao respecto do que moitos falan sobre a posíbel burbulla que se esté vivindo, ¿hai medo ou respeto?
-Estou con Marc Andressen en que non hai burbulla. Se predixeron moitas máis burbullas das que realmente existiron, que son poucas. Non hai, ao menos ata o momento, sobrevaloracións absurdas de activos, nen saídas a bolsa espectaculares nen inversores meténdose grandes cantidades de diñeiro en proxectos que non entenden. Agora, a mesma natureza de estos negocios fai que a maioría dos que o intentan non o consigan. Que é outra cosa moi distinta e que non ten que ver coas burbullas.
Hai riscos, pero na súa maioría están relacionados co entorno macroeconómico: que haxa unha crisis económica xeral que provoque que se reduza drásticamente o gasto en publicidade, cousas polo estilo.
-Relacionado coa hipotética burbulla, hai xente que actualmente vive de escribir nos blogues, sen ter demasiados estudios nen demasiado CV aparte dos blogues e todo o que ilo conleva. ¿Consideras preocupante esta situación?
-Hoxe por hoxe o máis que pode pasar é que alguén haxa dedicado dous ou tres anos da súa vida a esto e logo teña que buscarse o porvenir de outra maneira. En calquera caso terá sido unha experiencia persoal moi enriquecedora.
-¿Que consellos lle poderías dar a esas persoas que queren comezar un negocio exclusivamente na rede?
-Que non pense somente no producto ou servizo en sí, senón tamén no modelo de negocio e que o monte sen financiación externa, ao menos nunha fase embrionaria. É moito mellor ir a pedir financiación, se é que fai falla, cando o proxecto xa existe e está en marcha.
-Maxino que vosa “vida comercial” depende en gran maneira de cómo trata Google aos vosos blogues. Recientemente, Antonio Ortiz, en esta entrada comentaba algo que a moitos nos rondara a cabeza e que non é outra cosa que o monopolio que en moitos ámbitos empeza a exercer Google. ¿Qué opinión tes de esto?
-Pra nós Google é unha fonte de tráfico. Dun tipo de tráfico que chamamos “discovery traffic”. Máis alá de cánto tráfico te proporcione nun día e dos ingresos que eso poida supor nun intre dado, o que nos interesa é que fundamentalmente nos trae público novo; xente que non coñecía nosos blogues e que, nunha boa proporción, logo acaban convirtíndose en lectores habituais.
En canto á cuestión máis xeral, sí que é preocupante que Google acapare tanta actividade e que non haxa empresa ou empresas que sexan capaces de facerlle frente nesos ámbitos. Nembargantes, creo que se trata dunha “anormalidade do mercado” e que en 5 ou 10 anos non será para nada así.
-Despois do mes de Maio frenético que houbo en Weblogs SL, sempre queremos máis e estaremos atentos ás novedades, ¿Poderías desvelar algo no que estédes traballando?¿Algo distinto aos blogues?
-Estamos traballando agora mesmo en dous blogues máis para nosa rede e en outros dous pra clientes. Agardo que estén lanzados os catro antes do verán. Durante o mes de agosto, como é habitual, nos tomaremos un descanso e non lanzaremos nada novo.
-¿Poderías contar un pouco por riba cómo se crea un novo blogue en Weblogs SL? É dicir, un pouco cómo se vai dende a idea sobre que escribir un blogue ata súa presentación.
-Contado moi rápido (creo lembrar que alguén fixo unha vez un post sobre isto máis detallado):
1. Se selecciona a temática en función de: tráfico potencial, ingresos publicitarios potenciais e disponibilidade de blogueiros especializados.
2. Se forma a equipa e se empeza a traballar enteramente na liña editorial do blogue.
3. A equipa empeza a postear en pechado.
4. Se selecciona un nome.
5. Se empeza co deseño do blogue.
6. Se lanza.
-Maxino que despois do incidente que os levou a deixar a Ferca como lugar pra almacear a rede, te cuestionarías a situazón das pymes tecnolóxicas neste país. ¿Non hai envexa dos USA? ¿Realmente existen as bases para poder crear un negocio tecnolóxico global dende España? Creín escoitarte fablar de algo ao respecto de isto na charla no último Día de Internet en Madrid.
-A situación con Ferca non foi en absoluto tan dramática. Despois do incidente que comentas nos dimos conta que fora unha solución moi útil durante nosa etapa inicial, pero necesitábamos algo máis sólido (e máis caro) pra seguir adiante. Agora traballamos con NTT Europe Communications que teñen nosas máquinas en Alcobendas e que nos están dando un servizo estupendo.
Creo perfectamente posíbel montar un negocio tecnolóxico global dende España, mira a Fon. Agora, hai que ter a ambición de facelo e hai que superar bastantes obstáculos que en Silicon Valley non existen.
-Houbo venta de redes de blogues en Italia e no Reino Unido por grupos mediáticos. En teoría, Weblogs SL é a maior rede de blogues en Europa a nivel de usuarios e visitas, ¿Houbo ofertas realmente tentadoras?
-Tivemos tres ou catro aproximacións medianamente serias. Sen embargo, nengunha que realmente nos parecera arrebatadora. A empresa vai dar este ano un salto de facturazón moi importante, que nos permitirá demostrar que estamos en rango, en termos de facturación, con calqueira empresa de medios online en España. Aparte, ¿que pode existir máis divertido que montar e facer medrar Weblogs SL?
-Discretamente Weblogs SL abriu unha pequena oficina en Pozuelo, perto de Madrid. ¿Se debería dar máis relevancia a este feito no senso de pasar a ser unha empresa tradicional ou non ten nada que ver con iso?
-Durante bastante tempo fumos unha empresa 100% virtual . Pero chegou un intre no que nos facía falla un espazo físico para que algunhas das persoas que traballan en WSL estiveran xuntas. Na oficina de Pozuelo básicamente están as persoas que traballan en ventas e en administración. O equipo técnico está distribuido, o de servizos a empresas tamén e o editorial moitísimo máis.
-¿Cres que pode existir negocio en redes de blogues noutras linguas distintas do castelán, como por exemplo, o catalán, o basco ou o galego?
-É cuestión de tamaño de mercado. ¿Canto é o tamaño do mercado publicitario online de medios escritos en catalán? ¿Que cuota de ese mercado pode tener unha red de blogues? ¿Ese volumen de facturación a fai viábel?


Muy interesante la entrevista. Nunca está de más saber lo que ocurre en las “altas esferas” de la blogosfera. Y lo pongo entre comillas porque, y aunque pueda sonar a pelotería porque es mi jefe, Julio es un tío muy cercano con el que siempre se puede hablar. Eso si, cuando lo pillas, porque está siempre realmente ocupado :)
Buena entrevista, Andrés, más “incisiva” (en el sentido de buscar aspectos interesantes) que las habituales que le leo a Julio (que se suelen quedar en tres o cuatro cosas superficiales).
Una matización… el que firma (useasé yo) no es socio (aún) de la empresa :)
Consultor, corregido ya ;)
Genial entrevista Andrés.
Un saludo ;-)
Las demás redes de España, estamos a un 10-20% del camino recorrido por Weblogs SL. Si nos referimos a terminos de audiencia.
Nosotros en el primer mes de vida, no hemos llegado a las 200.000 paginas vistas. Medios y Redes tiene 500.000, en España el 2º es CDYS aunque no se cuantas páginas tienen.
Carlos: ¿Las demás redes de España a un 10-20% de Weblogs SL en audiencia?
WSL tiene un tráfico mensual de 25 millones de páginas vistas. Eso, creo, cuando lo confrontas con los datos que das a continuación señala una distancia muchísimo mayor. ¿No te parece?
Por cierto, nosotros, que aún no hemos constituido oficialmente nuestra ‘red’, ya estamos sirviendo 200.000 páginas/mes.
Saludos.
#Carlos Porqué aseguras que CDYS es el 2º? Me gustaría ver todos esos datos respaldados al ser publicados.
El listado de redes de blogs más actualizado y completo que hay es este:
http://www.teoriza.com/listado-redes-de-blogs.php
El panorama parece bien distinto, me encantaría ver más datos de tráfico de más redes. Ojalá se anímen.
Un saludo!
Entrevista diferente a Julio Alonso…
Una entrevista un poco diferente a Julio Alonso, cofundandor de Weblogs SL. Las preguntas quizás se salen un poco de lo normal, pero quizás eso es lo que la hacen más interesante….
Entradas en las blogosferas.3…
Entradas en las blogosferas.3
Microsoft también recomienda Linux para recuperar datos en instalaciones de Windows.
Más sitios que ofrecen películas online gratis.
Herramientas para crear un mapa de calor de clics en tu página web. FuseStats y Craz…
Muy buenas preguntas (y respuestas) en la entrevista. Esperemos que Weblogs SL siga creciendo para abrir más mercado y darle más peso al medio. Éxitos.
[...] por Mariano en Noticias Andrés Milleiro le hace una entrevista a Julio Alonso, CEO de WeblogsSL, probablemente la red de blogs de habla hispana más grande, con blogs [...]
Muy interesante, y muy buenas preguntas :D
[...] movilizamos. En esta ocasión por la demanda que la SGAE ha puesto a Julio Alonso (entrevista mía aquí) por un artículo meramente informativo escrito en su [...]
Interesante entrevista. A medida que la gente disminuye el tiempo que le dedica a la television para entrar a la web, estas redes tendrán más y más valor.
Por otro parte, yo creo que el enfoque correcto es en la calidad y no tanto en la cantidad que lo último te trae muchos visitantes nuevos, pero pocos lectores fieles.