Andrés Milleiro
Weblog personal

Entrevista a Microsiervos

Microsiervos

Unha entrevista máis a un blogue destacado na blogosfera despois das entrevistas a Nacho Escolar e a Iñaki Anasagasti ;neste intre teño o enorme pracer de entrevistar a tres autores (non aos catro,porque o carto é unha máquina) de Microsiervos,un dos blogues máis leídos en castelán (ademáis do mérito de ser un blogue cunha parte “made in Galicia”),e posíbelmente o máis lido de temática científica-informática en castelán.Sen negar o traballo que lles fixen pasar aos Microsiervos para contestar á entrevista e reiterando meu agradecimento vos deixo con ela…
-¿Qué poder teñen para vós os blogues e a blogosfera?
-(Wicho) A pesar de que facemos moito ruido entre nós, todavía teñen moi pouco ou ningún poder no MundoReal.Ninguén de Ikea lle pediu disculpas a Alvy, que se sepa Enrique Dans tampouco recibiu ningunha disculpa polo espantosa viaxe Shangai - Madrid vía Moscú co que o obsequiou Air Europa (aínda que lle devolveron o diñeiro porque puxo unha reclamación formal), nen tampouco rodaron cabezas en Jazztel a pesar de as protestas de Pixel.Aínda así, se é certo que a algúns blogues se nos está empezando a citar cada vez máis ou a invitar en participar en cousas non relacionadas directamente coa blogosfera como convencións políticas e similares, pero aínda hai moito camiño por andar. Incluso nos Estados Unidos a cousa non semella moito máis avanzada. Os problemas de Jeff Jarvis con Dell tiveron moito eco na blogosfera,¿pero máis aló?

-¿Creédes que a burbulla dos blogues é igual que a burbulla inmobiliaria,é decir, que semella nunca deixar de medrar?
-(Alvy)Hai que diferenzar burbullas de tendenzas ou moda. Burbulla soe ter sentido peiorativo e especulativo, a famosa “burbulla de Internet” ou “burbulla inmobiliaria”. Iso non quita que outras cousas sexan tendenzas ou modos, como usar a cor laranxa ou poñerlle “etiquetas” (tags) ás cousas. Semella claro que o máis alto porcentaxe de blogues que existe son páxinas personais, unha moda que medra e medra, algúns son ideas comerciais e logo só un moi pequeno porcentaxe ten carácter especulativo ou burbulloso, diría eu, como pasa en calquera outra área onde poda haber diñeiro de por medio.

-Dado o tempo que levades e o popular que é voso blogue, ¿vos considerades unhas estrelas da blogosfera?
-(Alvy) Polos anos que levamos nos consideramos máis ben “veteráns”. Tamén é certo que aparecemos na parte de arriba de moitos “ránkings de blogues”, según diversos criterios, o cal podería significar algo, básicamente que por algunha razón á xente góstalle o que facemos. En entrevistas hai xente que nos chamou “estrelas”, “expertos”, “gurús” e cousas así, pero outros nos insultan con términos similares máis ou menos coa mesma facilidade… Así que nunca se sabe. O que é seguro é que non nos oirás a nós mesmos autocalificarnos de esas formas. En fin, ese tipo de cousas non é que “un considere que o é” senón que máis ben eres o que te chaman outros, para ben ou para mal, e a verdade é que nos resulta indiferente. Se alguén nos chama “estrelas dos blogues” e ten certa reputación ou criterio é certamente un halago,e se nos chaman “blogstars” ou “famosillos” no senso peiorativo e por molestar, pois non nos gusta, pero tampouco nos quita o sono, claro.

-Que crédes que é mellor,¿un blogue monotemático ou politemático?
-(Nacho) Non se pode responder que un tipo sexa mellor que outro. Cada un ten súas cousas boas e non tan boas. É algo que depende moito dos intereses do seu autor ou autores. Tal vez un blogue que trate varios temas pode resultar máis entretido e aínda máis fácil de manter pra seu autor e teña máis alcance, pero non é necesariamente mellor nen moito menos. Hai excelentes blogues sobre temas máis ou menos concretos.

-¿Venderíades o blogue ou algún posto no blogue?
-(Wicho) Microsiervos non está en venta no senso de que non estamos a buscar un comprador nen nada parecido, pero todo ten un prezo, e se alguén puxera na mesa un cheque co suficiente número de ceros, ¿quén sabe o que podería pasar? En canto a vender un posto no blogue,definitivamente non, aínda que non descartamos a idea dalgunha vez ter un blogger invitado ou algo parecido.

-¿A qué credes que é debido o éxito de Microsiervos?
-(Alvy) A que hai un montón de xente que atopa afinidade con nós e cos temas sobre os que escribimos: a tecnoloxía, a cienza, certo tipo de cousas curiosas, series de televisión, os sudokus, a astronomía, en fin,un montón. O cal resulta un pouco raro porque nos consideramos un poco geeks, frikis e “raritos” en xeral, pero se ve que iso atrae a xente semellante, o que esa xente está en Internet e nos atopou e se ve que repite e nos visita a miudo.

-¿Credes que se pode chegar a vivir dos blogues?
-(Nacho) Hai xente que vive dos blogues -exclusivamente ou sumando outras actividades tales como escribir artigos ou libros, dar conferencias… Tamén noutros sensos ademáis de escribíndoos: explotándoos comercialmente,desarrolándoos para terceiros, programando ferramentas… da mesma forma que sucede con outro tipo de páxinas web.

-¿Daríades unha patada no cú a algún blogger?
-(Wicho) A blogosfera é o suficientemente meirande para todo o mundo,e se alguén te molesta, basta simplemente con que non o lexas, así que non, pero recoñezo que me repatean esas persoas que empezan un blogue e que nas súas primeiras anotacións se dedican a poñer a parir a uns cantos bloggers coñecidos, imaxino que coa intención de gañar algo de visibilidade rápida na Rede.

-No feed de voso blogue, o autor sempre aparece como ” onome@borraesto”. ¿Nos poderíades explicar a que ven esta curiosidade?
-(Wicho) É unha simple precaución contra o spam.Supoñemos que quen nos quera enviar un correo será o suficientemente listo como pra seguir as instruccións contidas na dirección, mentras que os bots que andan por aí recopilando direccións de correo electrónico non chegan a tanto, ó menos non todavía.

-¿Seguirédes dándonos envexa a tódolos geeks con Internality e a súa oficina? ;)
-(Nacho) Ben, non é ese o obxetivo pero de momento seguiremos por aquí, sí.
-(Alvy) Como oficina non é realmente gran cousa,pero a verdade é que é práctica, e terminou chea de cousas geeks que non nos deixan ter en casa.

-¿Non vos plantexades volver a abrir os comentarios en Microsiervos?
-(Wicho) Pechalos supuso un debate moi duro e penoso entre nós, e non foi unha decisión que tomáramos á lixeira… Así que voltar a abrilos exixiría un novo debate que nos permitira convencernos de que merece a pena,aínda que non é unha opción que descartaramos. Así que sí, ao mellor algún día volven -aínda que sexa como experimento- os comentarios a Microsiervos, ou en outro formato lixeiramente diferente.

-¿Alguén dubida nestes intres de que The Edge,o guitarrista de u2, que é amante da tecnoloxía,non lee Microsiervos? ;)
-(Wicho) Ben, eu escoito súa música -de feito é meu grupo favorito de tódolos tempos- así que ¿por qué él non vai ler meu blog? ;-)

-¿Últimamente tendes o tempo suficiente para Microsiervos ou cicais baixara un pouco o ritmo de publicación?
-(Wicho) Non, non creo que baixara, o que pasa é que este verán decidimos desconectar máis que outros anos, así que aínda que deixamos cousas preparadas para que Cron as publicara,certamente houbo menos cantidade de anotacións publicadas que outros anos.

-¿Por qué Microsiervos non está publicado con licencia CC?
-(Wicho/Alvy) Algunhas cousas sí que se publican como CC pero non a totalidade. Non podemos publicalo todo CC xa que en Microsiervos hai contido que os tres escribimos pra outros medios que nolo impide. En calquer caso, sempre que alguén nos pediu permiso para publicar algo do noso blogue o dimos. Por outra parte,aínda que as licenzas CC están moi ben, temos máis que comprobado que case ninguén as respeta nen as entende realmente, e de feito se publicaron textos e fotos nosas sen respetar a licenza, cando o único que pedimos é que fagan a atribución correspondente. Aquí hai algúns exemplos de materiais que publicamos e logo saíron en medios tradicionais grazas á CC:

Fotos do Rebeco
http://www.microsiervos.com/archivo/mundoreal/el-rebeco-se-hace-famoso.html
esta saiu nos xornais

Cory Doctorow en Madrid
http://www.microsiervos.com/archivo/mundoreal/cory-doctorow-en-madrid.html
estas saíron nos xornais
Estos son algúns exemplos de materiais variados publicado directamente con licenza CC ou equivalente:
http://www.microsiervos.com/archivo/diseno/biografia-mc-escher.html
http://www.microsiervos.com/archivo/puzzles-y-rubik/resolver-el-cubo-de-rubik.html
http://www.microsiervos.com/archivo/weblogs/saltar-urls-al-azar-php.html
e a experienza co manual sobre o cubo Rubik foi especialmente mala porque alguén a vendía por capítulos no seu sitio, non puxeron unha ligazón ao orixinal, en fin, non era a idea que tiñamos, logo falamos con eles e se arranxou un pouco o tema.

- ¿Qué tal se portou Cron no seu primeiro verán?
-(Wicho) Estupendamente, demostrou súa valía con creces. É toda unha tranquilidade deixarlle cousiñas encargadas e poderte ir á plaia ou a dónde prefiras sen estar preocupado do que estará pasando co blogue.
De feito este verán Microsiervos estivo durante uns días en piloto automático total cando Alvy, Nacho e eu non estivemos desconectados á vez.

-¿Pensádes sacar algún recortable máis tipo “indicador DEFCON” ou o cartaz de “WWWC”? A verdade que causaron furor…
-(Nacho) Se surxe a ocasión non deixaremos de compartir nosas microcervadas con calquera que teña interés nelas, por suposto.

A imaxe desta entrevista foi publicada mediante Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial 2.1 España en La Tejedora

10 Comentarios

  1. meneame.net el 23 de September de 2006

    Entrevista a Microsiervos…

    Entrevista a los Microsiervos algo distinta de las típicas entrevistas. Por ejemplo,¿quién no ha soñado con tener una oficina como la suya?…

  2. Microsiervos el 24 de September de 2006

    Entrevista en 7 minutos antes de la medianoche…

    Andrés nos ha hecho una entrevista vía correo electrónico que acaba de publicar en su blog como Entrevista a Microsiervos, así que si quieres saber alguna cosilla más acerca de nosotros, pásate por allí a leerla. Me pareció especialmente interesante……

  3. chuza.org el 24 de September de 2006

    Entrevista a Microsiervos…

    Unha entrevista máis a un blogue destacado na blogosfera;neste intre teño o enorme pracer de entrevistar a tres autores (non aos catro,porque o carto é unha máquina) de Microsiervos,un dos blogues máis leídos en castelán (ademáis do mérito de ser un bl…

  4. borja el 24 de September de 2006

    Estupenda entrevista! Me ha encantado leerla! Muy interesante, las preguntas muy acertadas y unas muy buenas respuestas de estos tíos que se toman en serio este mundillo.

    Ahora si que si, te nos haces famoso y nos abandonas :-p!!!!

    Que pases buen fin de semana!

  5. Asunción el 24 de September de 2006

    Lo que resulta lamentable es que hablen de que les copian cuando su página no aporta contenidos nuevos si no referencias a otros.

  6. Aponcho el 24 de September de 2006

    Muy buena idea la entrevista,
    Saludos

  7. J.Úbeda el 24 de September de 2006

    Muy interesante la entrevista. Buen trabajo.

  8. Manuls el 25 de September de 2006

    Esta ben a entrevista :)

  9. Ernesto Graf el 30 de September de 2006

    Buena la entrevista.

    Solo un detalle: decis “La imagen de esta entrevista ha sido publicada mediante Licencia Creative Commons”… por favor cuando se hable de CC acostúmbrensen a ESPECIFICAR QUE LICENCIA es, porque licencias Creative Commons hay varias, y muy diferentes entre si. Hay licencias CC que son totalmente libres y otras que son realmente restrictivas.

  10. Andrés Milleiro el 30 de September de 2006

    Ernesto Graf,cambiado :)

Deja un comentario