Entrevista a Rosa Jiménez Cano
Ben, despois dun tempo abandoadas as entrevistas neste blogue (cicais por empezar a facelas en Tortilla de Patata) as retomo, cunha persoa á que lle teño un enorme aprecio e que é máis que unha compañeira nisto da blogosfera, simplemente Rosa Jiménez Cano. Coordina dende fai un tempo toda a Comunidade Online de ElPais.com e é unha periodista incansábel; na entrevista falamos de La Gran Guía de los Blogs, libro do que é co-autora e de moitas cousas máis, creo que resultou interesante.
-Recentemente publicaches xunto a Francisco Polo un libro chamado La Gran Guía de los Blogs 2008 . ¿Que tal vai o ritmo de distribución e ventas do libro?
-O certo é que non teño cifras de ventas, pero semella que na editorial están bastante ledos coa colección de Planta 29. Tanto a Gran Guía de los blogs como El Poder de las redes están a ter bastante penetración.
-¿Que sabor de boca te deixa La Gran Guía de los Blogs 2008? É dicir, ¿a túa opinión da blogosfera española mudou algo dende que escribiches o libro?
-Máis que mudar a opinión, que sempre foi boa e síntome moi a gusto nela, saquei algunha que outra impresión nova. Por exemplo, aínda que non é nada que non se intúa a pouco que se navegue, hai moitos blogues de tecnoloxía, moitos que falan da propia blogosfera e se liga menos do que me gustaría. Repítense moitísimos contidos e sería xenial que fósemos un pouquiño máis creativos. En xeral, visto por temáticas, hai blogues moi interesantes.
-O libro destaca por estar publicado completamente baixo o dominio público, ¿non tedes pensando en publicalo en internet, aínda que sexa pasado un tempo da publicación? Sería interesante para poder ter a man un material “interactivo” coa vosa selección…
-Si, claro que se pode poñer en internet. Sinceramente, eu teño no meu ordenador as fichas que fixen e o meu capítulo, máis algúno que outro. O ideal sería ilo soltando, pero dáme toda a pereza do mundo. Apenas teño tempo para “coidar” meu blogue como quisera. Se alguén o subise á rede sería moi ben recibido polos autores, o digo sinceramente. ;)
-Traballas en El País, concretamente na xestión da súa comunidade online. Lembro cando saíron iniciativas como Yo, Periodista ou La Comunidad de Blogs. ¿Que balance fas da actividade da xente como comunidade de El País? ¿Haberá algunha sorpresa futura?
-Góstame porque moita xente se está introducindo no mundo dos blogues dun xeito sinxelo e que lles dea certa visibilidade. Ao ser unha auténtica comunidade non se sinten tan soios como cando abre un blogue. Hai un bo punhado de blogueiros dispostos a ensinarlles e acollelos. ¿Sorpresa? mmm, se o digo a cargo. Si é certo que estamos a preparar moitas máis cousas. No tema dos blogues tivemos feito un concurso coa entrega dos Goya, pero é só o comenzo. Ademáis, pronto terán notábeis melloras.
-Agora mesmo podemos distinguir dous tipos distintos de webs de noticias: por un lado webs como El Mundo ou El País (algúns ata lembramos a ElPais.es) e outras webs como Soitu.es ou estamos.es, que teñen seu terreo nativo na web. ¿Móllaste con unha predicción?
-Se fixese prediccións tería bola máxica. Digamos que aínda non me podo mollar. Xa sabes, pola miña experiencia en Bolivia e en periodismociudadano.com que teño fe na capacidade de crear dos cidadáns. Hai que atopar un modelo equilibrado, fiábel e de calidade á hora de dar información. A converxencia entre ambos modelos é máis que evidente.
-¿É un modelo rentábel o ofrecer suscripcións a contidos de pago en medios online?
-Pois non cho podo dicir, mais creo que tal e cómo anda o mercado publicitario non é demasiado rentábel. É un modelo tan caduco que non só ELPAÍS abriu seus contidos, senón tamén os grandes periódicos a nivel mundial.
-Recoñezo que estou totalmente pez no tema de Las Indias , o RMD e o Feevy. Blogues coñecidos como o teu ou Blogpocket uníronse a unha iniciativa cicais aínda un tanto descoñecida. ¿Poderías explicalo nunhas líñas?
-É máis sencillo do que semella, aínda que son unha perezosa sen remedio e non o termino de ter de todo ben “maqueado”. Trátase dun simple engadido que te permite que teus usuarios se den de alta e poidan escribir non só no teu blogue miniposts, senón tamén nos da túa rede. ti elixes que versión de cada usuario queres cando comezas a relacionarte con outros blogues. É unha boa maneira de enriquecer o blogue, dar a coñecer outros blogues e distribuir información. En Blogpocket especialmente me publican moitísimos. Las Indias nunca deixa de sorprendernos. ;)
-Outro proxecto no que estás algo involucrada é o de Las Ideas , proxecto creado por noso amigo Cesar CalderónCesar Calderón . ¿En que consiste exactamente?
-MMM, como o lea J.L Prieto, te mata. Las Ideas existe dende fai bastante anos, pero non como hoxe se coñecen. Niso si que ten moita culpa Cesar Calderón. Non teño moi claro cómo se ve “dende fora”, pero somos un grupo de amigos, entusiastas dos blogues. Neles falamos de moitos temas, pero o que nos une é a inquietude por construir unha contorna de progreso.
-Lembro proxectos sobre eleccións estranxeiras nos que estiveches como os das pasadas eleccións de Sarkozy ou recentemente Ahora Bolivia .¿Non haberá nada para as vindeiras eleccións xerais?
-Aquí si que me pillaches. Cada vez teño menos tempo. Creo que non poderá ser. Non teño tempo nen para manter o blogue como me gustaría. O de Bolivia faime sentir especialmente orgullosa, Sebastián Molina foi un gran compañeiro en todo o camino.
-Teño que dicir que te vexo unha completa experta en redes sociais, en parte porque teu traballo está íntimamente relacionado. ¿Que balance fas da integración dos políticos nas redes sociais nesta campaña electoral? Chegamos a ver casos de Rajoy felicitando a un amigo de Facebook no seu tablón…
-Me parece que lles falta crérselo de verdade. Sóio coñezo o caso de David Cierco como político que de verdade usa as redes sociais para mostrarse como é e sen terceiros “metendo man” na súa rede social. No resto non teño tan claro que o vexan como algo máis aló que unha moda pasaxeira.
-¿Facebook ou Tuenti? Non sei se o ves igual, pero ao menos no meu grupo de amigos fora da blogsfera (e por tanto menos techies) a penetración de Tuenti é brutal frente a Facebook, onde teño á maioría dos meus contactos da blogsfera…
-Pensamos igual. Canto máis xóvenes, pero menos techies, máis optan por Tuenti.com. Moito máis sinxelo, en castelán e con “tí@s boas”. Facebook ten esa parte, claro, pero tamén o lado profesional ou de difusión de mensaxes, causas, eventos. Maxino que Tuenti evolucionará e sempre é positivo que a xente se vaia familiarizando coas redes sociais aínda que sexa en “lo-level”.
-¿Para cándo o voto geek ou voto techie? ¿Crees que o canon afectará a algún dos partidos políticos, hai masa crítica suficiente como para que se teña en conta ese voto?
-Creo que o PSOE se ve obligado a telo e en certo modo o tratan de acallar. O PP non ten alternativa, pero o usa para facer ruido e mover aos xovenes. Poucos cren no voto techie e a súa forza porque iñoran, case sempre, os canles, códigos e valores nos que nos movemos.
-Ben Rosa, mil grazas por concederme un pouco de tempo, agardo que servira para que os lectores do blogue te coñezan un pouco mellor..
-Mil grazas a ti por fixarte en min. Con tres “milleiros” máis enriquecíamos un montón a blogosfera. Paciencia en “charrolandia”.


Buena entrevista.
Por cierto, la foto donde apareceis los dos estuve presente (detrás de las cámaras).
Eso si, “charrolandia” brutal !! xD
Saludos ;-)
Jajaja, me quedé frita con el regalo el día de la foto.
[...] Galicia que conozco. En cuestión de horas se solucionará el asunto porque aterrizo en La Coruña. Coincide con la publicación de esta entrevista que me hizo, precisamente, Andrés Milleiro. [...]
Go, Rosa, go!!
Cada día sos más grande :)
[...] hoy el bueno de Milleiro, en su entrevista a Rosa J.C., que la RMD era una iniciativa un tanto desconocida. Quizás tenga razón. Yo sólo pienso que es [...]
[...] el bueno de Milleiro nos deleita en su blog personal con una entrevista a otra blogger de las que merece realmente la pena: Rosa Jiménez [...]
[...] Milleiro (perfil en Bitacoras.com) entrevista a la periodista y blogger (no necesariamente en este orden) Rosa Jiménez Cano (perfil en [...]
Qué buena entrevista. Se lee bien. Felicitaciones a Rosa por las iniciativas, sobre todo por sus ganas.
Saludos desde Chile.
eres un fenomeno
Ademáis de intelexente e moi bela :) Saudos Andres :)