Andrés Milleiro
Weblog personal

Meme: 5 cosas que te gustaría tener

Estos días recibín dous memes, un de Felipe e outro de Emilio, e como estiven algo liado con exames esta semana ata hoxe non puiden contestalos. Pero xa vou, primeiro co de Emilio. As 5 cousas que gostaría ter neste intre son:

  • Un Macbook e non é que me encantaría, é que xa case é necesidade, o pobre do meu portátil está nas penúltimas…(acéptanse doazóns)
  • O título de Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión, pra poñerme a traballar, que creo que me apetece, aínda que me quede este curso pra rematar a carreira.
  • Ese alguen especial ao que aínda non atopaches ou deixaches ir…
  • Unha batería de música, algo co que levo soñando dende sempre, ecreo que se me deu ben, e ademáis góstame.
  • Unha empresa que fose ben e que se chamase Blogueiros.

Paso o meme a Breogain, a Carlitos Mantero, a Arantza e a Iago Laz (a ver se así publica…).

4 Comentarios

  1. Marcus el 7 de September de 2007

    Quero entender que con Macbook te refires a Macbook Pro, ¿non?

  2. Andrés Milleiro el 7 de September de 2007

    Non Marcus, como Macbook refírome ao Macbook, concretamente ao branco con gravadora de DVD :)

  3. FeLiPe RM el 7 de September de 2007

    jejeje

    Creo que tenemos algunos gustos en común:
    - El Mac Book (que caerá en mis manos en poco)
    - La carrera ^_^
    - Y una guitarra eléctrica n_n jejeje

    Saludos ;-)

  4. breogain el 8 de September de 2007

    pois nada, xa lle busco un oco este finde para respondelo eu tamén .. polo momento irei pensando as miñas prioridades , xa teño un par delas en mente :)

Deja un comentario