Meme: Unas cuantas preguntas
Neste post de Sferazero, Óscar pásame este meme, así que alá vou a contestar:
¿Canto tempo levas blogueando?
Dende 2005 en “Os tempos son chegados”, que se pechou pra bloguear en andresmilleiro.info con “7 minutos antes da medianoite”, que agora é simplemente meu blogue persoal.
¿Cómo te enteraches da existenza dos blogues?
Pois porque xa navegaba por internet e sentía curiosidade, pois coñecía a Manu Quiroga de outras cousas e sabía que tiña blogue.
¿Dime 5 blogs que segas a diario ou con moita frecuenza?
Ben, a través de Google Reader leo todos por igual, pero te diría… Lifehacker, Escolar, Error500, Compradicción e o blogue de Varsavsky, que nos da envexa paseando ao neno namentras toquetea ao iPhone…
¿Eres lector anónimo dalgún blogue?
Sí…dalgún que outro.
Algúns autores que te esperten especial simpatía:
Buf, son moitos… Manu Quiroga,Rosa Jiménez, Óscar Baeza….e é que a lista sería interminábel, de veras, son moitos, aínda que ben, na sección “Amigos” do blogroll do blogue tento telos a todos.
¿Con qué 5 blogueiros te irías de borracheira?
Con Enrique Dans , Julio Alonso, Martín Varsavsky, Carlos Blanco e algún Microsiervo. ¿É que alguén se maxina a todos borrachos? Sería impagábel.
¿Con qué tres blogueiros/as pasarías unha noite de tolemia sexual?
Isto comprometería moitas cousas, así que non o direi…
¿Namorácheste algunha vez dalgún blogueiro?
Posíbelmente, pero ao coñecela en persona, lóxicamente…aínda lembro o momentazo con Marta de Esparta nos Premios 20Blogs e con Píxel y Díxel. Impagábel.
¿Estás satisfeito co teu blogue?
Ben, meu blogue aí está, últimamente estou nunha etapa de insatisfacción xeral con todo, pero creo que tivo un crecemento bastante grande dende Febreiro do 2006, non me podería queixar moito.
Elixe entre 3 e 5 blogueiros pra que contesten estas preguntas nos seus blogues:
Uhm, o paso a Rosa (ahora que rematou de contestar memes) , a Manu Quiroga, a Iago e a quen queira seguilo.


[...] me apetecía andar con más memes, pero parecen la fiebre del mes de agosto. Viniendo de Andrés no me puedo negar. Además, si yo me mosqueo cuando no me contestan las preguntas, debo predicar con el ejemplo. Como [...]
“Esto comprometería muchas cosas” jajaja me parto la caja. A ver si te crees que la gente no sabe lo tuyo con Angela Merckel (ella postea desde el Bundestag) en Suiza y con Letizia Sabater en la T4 de Barajas (porque ella era Marta ¿no?) XD
[...] Milleiro envioume un meme (aínda teño que facer outro) sobre 5 cousas que me gustaría ter. Teño máis de 5 cousas rondándome a cabeza polo que vai ser [...]