J.Andrés Milleiro
Weblog personal

O problema de agochar o botellón

Como rapaz pontevedrés que son, ás veces falo de temas da miña cidade, pese a estar en Salamanca e visitar Pontevedra de vez en cando. Anda revolucionado o patio estes días na cidade a raíz da proposta do alcalde, do Bloque Nacionalista Galego, de trasladar o botellón.

Vou comentar a historia, antes que nada. En Pontevedra dende sempre se saiu de copas na zona vella, e é aí onde se fai botellón, nun parque ao carón dunha igrexa, o “Campillo de Santa María”. Hai un par de bares pequenos alí xustamente, mais alí se fai botellón ao ser un parque e perto do Casco Vello. Lóxicamente, alí tamén viven veciños, polo que sempre existiu o problema de ruídos.

Nesta 3º lexislatura conxunta de BNG+PSOE en Pontevedra se plantexa a opción do seu traslado
, se levaron a cabo reunións con asociacións veciñais e co colectivo de mozos (para que logo digan que o BNG non escoita) e o BNG propuxo levar o botellón a un parque ao carón do Recinto Feiral, ao outro lado do río, onde non existe veciñanza pero a algo menos de 5 minutos andando do Casco Vello. Ademáis, Guillerme Vázquez, edil do BNG comentou a idea de aproveitar o Recinto Feiral que está ao carón para ofrecer alternativas de lecer e que non sexan o botellón.

O botellón non debe agacharse como se fai con moitos problemas, debe ser abordado entre tódolos sectores implicados para a súa soluciónResulta que hoxe a Asociación de Veciños do casco Vello din que non pode ser un mero traslado e que se deben ofrecer alternativas (aquí nótase quen non le a prensa). O PSOE pontevedrés, socio de goberno do BNG critica que se plantexe un traslado do botellón sen aportar alternativas, pois o botellón seguirá a existir.

Eu fixen (e fago) botellón, aquí en Salamanca case sempre na residencia pois na rúa multan.
E, de pouco serve ocultar as cousas, pois seguirán existindo alá onde sexan, e xa poño aquí o exemplo, pois se segue facendo botellón. Se a xente quere facer botellón, se deberían adaptar recintos como o que propón o BNG. ¿Botellódromo? E que problema hai, alí non hai veciños que se poidan molestar, a limpeza sería máis sinxela pois se concentraría nun só sitio.

Resumindo, o botellón existirá namentras existan bares que cobren cantidades excesivas por copas que teñen de todo menos alcol, e namentras existan rapaces que queiran practicalo. Porén, se deberían adaptar lugares específicos e consensuados para que non haxa problemas e non ocultar o problema, pois xa temos experiencia en ver problemas ocultos que saen á luz

4 Comentarios

  1. Pablo do Paso el 24 de October de 2007

    Lin hoxe unha opinión moi atinada, equilibrada diría incluso, sobre o botellón. Está na web do Café Plaza de Ribeira -non estou facendo publicidade, é que está alí, en barplaza.com, é dun escritor de Noia que se chama Maxi Olariaga. Posiblemente concordes co que expón este home. Noraboa por este blog, por outra banda.

  2. breogain el 24 de October de 2007

    Andrés, como veciño de Pontevedra e como amigo, ademais de como “practicante” tamén do botellón na nosa cidade estou totalmente dacordo coas túas palabras, este ano plantexouse o tema do traslado posto que aproveitando as obras na Basílica de Santa Maria xa podian arranxar todo aquelo, eu penso que a idea do parque de Rosalia de Castro non está nada mal, está perto do casco vello e si, seria moito máis doado de limpar, o do transporte urbano como oín por ahí xa me parece un pouco ilóxico, tamén algunha xente dixo de que non habia que trasladalo, senón erradicalo, cousa totalmente fóra de lugar, có botellón non van a rematar, haberá por tanto que minimiza-lo seu impacto na cidade e a opción do Bloque Nacionalista Galego antóllaseme a máis atinada.

    un saúdo compañeiro !!

  3. MarioQuartz el 24 de October de 2007

    El botellodromo de Salamanca esta en la Sindical. Y los vecinos de mi barrio lo sufrimos. La poli solo actua en el nuestro cuando hay botellones en La Sindical.

  4. Carlos Mantero el 24 de October de 2007

    Totalmente de acuerdo con tus últimas palabras:

    El botellón existirá mientras existan bares que cobren cantidades excesivas por copas que tienen de todo menos alcohol, y mientras exista juventud que quiera practicarlo.

Deja un comentario