Pechan Aduaneiros Sem Fronteiras
Pecharon Aduaneiros sem Fronteiras. E non o pecharon Berto Yáñez e máis Pánchez, ven de ser pechado por ameaza de orde xudicial.
Para quen non o coñecese, Aduaneiros era un blogue emblema da rede en galego, onde se satirizaban con humor gráfico grandes aspectos do galego ou da Galiza, non en forma de viñeta cómica senón en forma de logos ou deseños, como o mítico “Ga lego” co cartaz dos xogos Lego que en tantísimas camisetas se imprimiu.
Segundo reza o texto de feche:
Sendo requiridos por Dom Pablo Carvajal de la Torre, representante legal de Dona Yolanda Castaño Pereira, a retirar do nosso site o desenho gráfico “Tu Quoque Iolanda?? e os comentários a ele adjuntos, sob ameaça de demanda judicial por delitos de injúrias com publicidade, e nom querendo ferir a delicada sensibilidade da nossa insigne poetisa, Aduaneiros sem Fronteiras, questionando-nos até que ponto tem sentido continuar a fazer humor gráfico neste país e a desenvolver umha autocrítica da razom galega, vimos de decidir fechar o nosso site por enquanto o nosso legítimo direito à liberdade de expressom nom se veja a salvo de coacçons judiciárias fora de lugar.
Unha vergoña certamente. A imaxe en cuestión é a seguinte, da que se falou en blogues casteláns como Papel en Blanco:

¿É ferinte? En fin, non o sei, mais a min ao menos paréceme bastante extrema a medida tomada por Iolanda Castaño e seus avogados. ¿Sentará precedente? Agardo que non, ao menos podemos seguir disfrutando do humor de Berto no seu blogue persoal.
Fánse eco da nova tamén Zero Vacas, Galpón de Breogán, ModestoWeb, Apocalipse do porco (e 2), Chuza!, Código Cero Vieiros, e en xeral todo o blogomillo, de luto por un blogue emblemático da rede en galego. Por se non se supón, todo o meu apoio aos Aduaneiros.


joderrrr, eu teño un par de camisolas na casa de aduaneiros, increible o que pode chegar a pasar por tomarse a vida un pouco en broma, acabo de enterarme polo teu blog Andrés, e déixasme abraidado, de verdade que é unha mágoa, eu tamén me solidarizo con eles.
[...] (17-10; 16:30h.): La Opinión de A Coruna Bitácoras punto.com Agal-GZ Xornal Andrés Milleiro Ana Bande A Dorfunteca Apocalipse do porco Choutos Marcus Opaco Si home si Unha leituga en apuros [...]
[...] Vía | Escolar.net, Andrés Milleiro [...]