Andrés Milleiro
Weblog personal

Retrasos en los recordatorios sms de Google

Google CalendarNa miña organización personal recoñezo que Google Calendar é unha das miñas aplicacións estrela, básicamente por un motivo: é o único calendario na rede que ten recordatorios de citas programadas ao móbil completamente gratis, vía SMS. O calendario do meu BackPack ten reminders a operadores noutros países, incluso Portugal, pero non na España. E, a verdade, é algo realmente útil, que te permite ata certo punto despreocuparte do que tes que facer ata 45 minutos antes, que é cando soio ter programado o aviso por SMS do que teña que facer.

E ben, dun tempo a esta parte, veño lendo en varios blogues novas de varios servizos (ver reseña dun en Genbeta) que usan unha API ou o servizo que Google Inc. ten pra enviar sms a móbiles, usada en Google SMS ou Google Calendar e así poder enviar gratuitamente mensaxes SMS a teléfonos móbiles.

Pois ben, hoxe tiña programada a reunión que vía Skype tódalas semanas facemos Iago, Seve e eu sobre Trebellos e novos proxectos e a verdade que me esquecín completamente de ela, se ben o aviso SMS a soe lembrar. A reunión era ás 20:30;o aviso en teoría debía chegar ás 19:45. Pois ben, chegou o aviso por SMS ás 21:41, 1 hora e 11 minutos despois da reunión cando, como é de supor, pouco sirviu.

Maxino que Google, que tanto se molesta na nosa privacidade saberá do mal uso do servizo, pero me resulta raro que non faga nada ao respecto pois é, na miña opinión, un completo desprestixio pra o producto.

5 Comentarios

  1. Manuls el 19 de June de 2007

    A lo mejor era por la zona horaria que andaba mal puesta…

  2. ?lex el 19 de June de 2007

    A lo mejor es porque pone BETA [1] en el nombre ;) Supongo que esos “fallitos” como siempre, se irán solucionando.

    [1] http://www.zipurl.info/beta

  3. Andrés Milleiro el 19 de June de 2007

    Manuls no, vengo usando Google Calendar perfectamente con los SMS Reminders hasta que salieron este tipo de servicios…

  4. Suevo el 19 de June de 2007

    Eu mandei varios SMS empregando o servizo a-legal “Limbo! SMS” (http://pisagatos.googlepages.com/mobile.html) e ao principio chegaban ao momento pero agora comezan a tardar un pouco. Supoño que os de Google deben verse desbordados con tanto SMS e non dan feito (o incremento de mensaxes seguramente sexa exponencial dia a dia).

    Por que non fan nada? as malas linguas din que lles interesa “recopilar” números de móbiles pra comezar a enviar publicidade mais adiante, pero non cho sei

  5. Moisés el 29 de June de 2007

    Mmmm creo que en ningun caso se puede garantizar que el retraso fuera cosa de google… es de hecho bastante mas probable que fuese cosa del centro de envío de la operadora.

Deja un comentario