Javier Úbeda me pasa este meme, para que dé 3 consellos para ser un bo blogueiro. Debería dicir que un de eles é ter tempo para poder comentar e xerar amizades, en ocasións como esta pido perdón a esos blogues que non comento pero que leo sempre, leo moitísimos blogues. A cousa é que se debería facilitar comentar dalgún xeito dende o lector de feeds… Pero ben, como estaba suscrito o lin e aí vou a contestalo:
Monitoriza todo o que lle sucede ao blogue.
Sorpréndeme a cantidade de xente que non está suscrita á semente RSS do seu blogue. Non se trata de egocentrismo, trátase de poder ver cando falle a semente e poder arranxalo a tempo. Hai outros servizos que uso, como ExternalTest, que notifican vía email das caídas do blogue e poder ver cousas de ese tipo. Moita xente non lle da importancia a que o blogue esté caído (outras menos mal que sí, como Julio Alonso, que me consta), e iso sempre é bo.
Creételo.
Con isto refírome a que hai que ter pacienza ao escribir un blogue, e ser optimista, tremendamente optimista. Eu loitei por ser nominado aos Premios 20Blogs, cada día sentía que daba un paso, e cando finalmente fun nominado… sentín que era o fruto de meses de traballo dende atrás. Créetelo, podes chegar a facer o que te propoñas.
Constancia.
Se vas publicar hoxe unha entrada, e dentro de dúas semanas outra, creo que non é o teu. Na blogosfera se non es constante non se medra, intenta tódolos días ou ao menos semanas publicar algo, que se note que hai vida no teu blogue. Con constancia e pacienza é cuestión de tempo que veñan os bos resultados…
Paso o meme a Manuls, a Perdomo e a Jasp, ademais de quen queira facelo.