Andrés Milleiro
Weblog personal

Ha muerto Marta de Esparta 2

Comenteino o Xoves, mataran a Marta…a nosa Marta. A esquela, no blogue de Gorka Limotxo:

esquela de Marta de Esparta

Pío pío, quien habrá sido… 4

O presentador, o tamén blogger Hernán Zin , foi aplaudido por moitos (algún o apodou “Coti”, pola súa procedencia arxentina)

Crónica de Daniel Basteiro en 20Minutos

Cobertura de los Premios 20Blogs 2006 4

Y...finalmente

Estou na cerimonia de entrega dos Premios 20 Blogs. Podes seguir en directo miña cobertura:

En Twitter (texto)
En Flickr (fotos)

Un saúdo.

Gracias 11

Ben, chegou o día. Me irei a cama, mañana irei a clase, e logo…tren hacia Madrid. Chego a Chamartín co tempo xusto de ver a miña irmá Irene, ir ao piso das miñas irmás en Madrid, ducharme, facer catro cousas e irme pitando pra a gala dos Premios 20 Blogs.

En fin, que, pase o que pase, sexa cal sexa o resultado de mañá, gañe ou perda, o ter chegado a ser finalista de todo esto foi xenial, de veras.

Grazas a aqueles que se acercaron a felicitarme, que se molestaron en deixarme un comentario no blogue, que, en fin, se preocuparon.

Grazas ao equipo de Trebellos (Iago, Seve, Pedro e Jose) por todo o apoyo, a tódala xente do Blogomillo e especialmente de Chuza! que sei que me apoiarán mañá. Grazas tamén a tódala xente do foro do Pontevedra CF e tamén á xente que traballa no Pontevedriña e que me escribiron un correo dándome apoio. Grazas a Manuel Jabois por facerme un oco o pasado Domingo no Diario de Pontevedra, grazas a tódala xente de Twitter, aos que me votaron, en fin…a lista é interminábel.

Grazas, de veras. Se finalmente gaño, vai por vós.

P.D.-A non ser que teña algo de tempo antes da gala (que o dudo), non publicarei aquí, pero na gala estarei poñendo fotos en Flickr e comentando cómo vai todo en Twitter, así que xa sabédes como cotillear mañá a partir das 19.

Mis favoritos para los Premios 20 Blogs 3

Como fixen anteriormente con mes candidatos a ser nominados (e ben, acertei nalgúns e fallei outros, c’est la vie), neste intre quero facer, non con tódalas categorías senón coas que máis controlo, unha lista de “a quenes lles daría eu o Premio 20 Blogs” vendo a lista de nominados. Vendo algunhas categorías (a de actualidade, por exemplo, se quedaron grandes blogues fora e os tres escollidos son xeniais). Sen máis, imos aló:

Reflexiones 8

Todos sabemos que as verbas non son ceibes, de aí ven o dito: Somos donos do que calamos e escravos do que dicimos, se ben en momentos preferimos ser escravos con tal de quedarse un a gusto. Entre onte e hoxe, este blogue tivo moitas visitas e, por ende, moitos comentarios; hoxe estou algo de resaca: de resaca pola noite de celebrazón e por todo o dos Premios 20 Blogs, pero quero reflexionar un pouco sobre todo o que está pasando.

Onte, concretamente dixéronse moitas cousas, incluso se chegou a dicir que o galego estaba de loito porque eu teño que traducir entrada a entrada ao galego e non uso un traductor automático (o Opentrad, por exemplo). Creo que o problema consiste en que sabemos que hai loito pero non sabemos o por que, cicais porque o blogue dalgunha persoa non tivera sido elexido como finalista nos Premios 20 Blogs, estando por riba de Cinema Friki na clasificación. Lembremos que as votacións non influían na nosa categoría, polo que o veredicto foi dun xurado: se non elexiron seu blogue, cicais sexa por outro motivo.

Creo no bilingüismo. Nacín na Galiza, e orgulloso estou de ilo; nacín por tanto nun lugar bilingüe. Eu creo nas posibilidades do galego (se non, non crearía Trebellos, por exemplo). E creo nas posibilidades do castelán: se cremos en que varias culturas fan a unha persoa máis intelixente ou máis culta, eu penso que varios idiomas fan a unha persona bilingüe máis apta pra moverse no mundo.

Non me gusta pechar portas, e por ilo non quero pechar ningunha porta, nin a do galego, nin a do castelán. Aproveitado, me dirán. Pois, tiven moitos intres nos que desexei abandoar, e o recoñezo. Non é demasiado agradábel, nen agradecido, aínda que esto dos Premios 20 Blogs cicais sexa un recoñecemento a ilo. Se as portas do castelán pechase, non podería ter feito ningunha das entrevistas, por exemplo; e se as portas do gallego pechase non tería cousas como esta nominazón.

Sei que virán moitas críticas a raíz de esta entrada, pero non me importan. Se algo defendín sempre foi a liberdade (por exemplo, sendo socio e ademáis voluntario actualmente en Amnistía Internacional). Liberdade pra poder elexir o idioma no que un se expresa.

As penas, mellor pagalas con o alcohol e non cun teclado.

Finalista en los Premios 20Blogs 14

7 minutos de la medianoche, finalista nos Premios 20Blogs na categoría “Otras lenguas constitucionales”.

Todavía estou nunha nube, volo aseguro…non quero maxinarme como gañador o Xoves que ven.

Prometo escribir pronto sobre ilo…agora creo que é moi precipitado, millóns de grazas aos que me tedes felicitado na anterior entrada ou me tedes mandado SMS.

Claro que o Xoves que ven estarei en Madrid (teño sitio onde durmir e está perto de Salamanca), e ben, alí agardo veros a moitos a-list bloggers… e a moitos finalistas que non coñezo en persoa e me apetecería coñecer un montón (Píxel y Díxel, CinemaFriki, Marta de Esparta, JRMora, PezonesBlancos, Periodismo incendiario) …. Creo que, aínda que finalmente non gañe, será unha noite grandiosa. O será.

Se coge antes a un mentiroso… 14

En os comentarios da anterior entrada vin un comentario da xente do blogue “Cogiendo Caracoles”. E me cheirou raro, todo hai que dicilo. Así que San Google me deu a razón, o podédes ver eiquí.
Pois iso, que se collen antes.

Mis votaciones en los Premios 20Blogs 12

EnekoCicais esté sendo algo pesado cos Premios 20Blogs, pero teño que recoñecer que a cousa está bastante interesante.
Onte nun correo Javi me deu a idea de facer unha entrada coas miñas votacións categoría a categoría, así que…aí vai miña elección (ao menos, neste intre). Non están tódalas categorías, senón só as categorías nas que polo dagora teño un voto máis ou menos fixo:
Mellor blogue de actualidade : El Ventanuco (votar)
Mellor blogue de ciencia e medioambiente : Gaussianos (votar)
Mellor blogue de cultura e tendenzas : Ya está el listo que todo lo sabe (votar)
Mellor fotoblogue : Fotomaf (votar)
Mellor blogue de humor : JRMora, humor gráfico (votar)
Mellor blogue latinoamericano : El desván (votar)
Mellor blogue persoal : 86400 (votar)
Mellor blogue de tecnoloxía : Anieto2K (votar)
Mellor videoblogue : Entrevistado (votar)

Por qué votarme en los Premios 20Blogs 6

EnekoO pasado día 8 comezaron as votacións nos Premios 20Blogs e este blogue se presentou en varias categorías. Principalmente agardaba ter algo en Mejor blog escrito en otras lenguas constitucionales distintas del castellano, aínda que ben, cicais exista lugar á sorpresa.
Para moitos o fundamental do seu blogue é seu contido, que se note esforzo en ofrecer algo distinto. Tiven visto bastantes blogues de esa categoría e moitos ofrecen, ao igual que este blogue, unha versión bilingüe, pero unha versión baseada en calquera dos traductores automáticos da rede, namentras que a versión en galego de este blogue é traducida post a post manualmente por min. Sí, vale, é máis traballo, pero prefería facelo así, é un contido de calidade tanto en castelán como en galego.
Tamén busquei contido orixinal e me decidín a facer entrevistas a blogueiros coñecidos como Nacho Escolar, de Escolar.net (entrevista), a Iñaki Anasagasti (entrevista), aos Microsiervos (entrevista), a Jose Luis Orihuela, de eCuaderno (entrevista), e a Juan Varela, de Periodistas21 (entrevista).
A decisión está na súa man.

Posteriores »