Andrés Milleiro
Weblog personal

Agradecimientos varios 2

Fai unhas semanas atopei un defecto máis na miña lista: a pereza que me entra últimamente co blogueo no meu blogue persoal. Pero como é de ben nado ser agradecido, e máis vale tarde que nunca (teño o día refraneiro), quería agradecer dúas cousas:

  • ? xente de Fresqui terme enviado o libro da Web 2.0 Hispana, por Fumero e Vacas. Realmente, libros así deberían poñerse á venda, é interesantísimo. E ademáis, ven cun mapa xenial de os Microsiervos.
  • ? xente de 11870.com, posíbelmente un dos meus servizos web preferidos, que a raíz da miña entrada ¿Qué é 11870.com? e de algunha cousa máis me mandaron unha camiseta moi chula e unhas tarxetas pra deixar en sitios dos que faga revisións. Un millón de grazas rapaces!

El Gobierno recupera España 1

Se a esquerda empeza a confundir a comunidade cívica coa comunidade nacional, o populismo virá da man. No horizonte inmediato, o novo mapa de medios que emerxirá este outono e cuxos emblemas, con certeza empezarán a dar corporeidade a esa nova esquerda. Unha esquerda que mostra os primeiros síntomas de facer seu -a destempo histórico- un proxecto modernizador clásico -isto é, nacionalizante- que dende os 70 e ata o dagora lle fora alleo.

Máis en esta entrada do blogue de David de Ugarte. A raíz de isto, lembrar o lanzamento en Outono de Público, o periódico dirixido por Nacho Escolar (entrevista miña eiquí) e que pretende ser a competencia directa a El País.

Despilfarro monetario en la Cidade da Cultura 3

Cidade da Cultura

Ben, isto que védes era un monte. Recalco o era porque o vaciaron completamente por dentro e fixeron edificios, nun complexo chamado “Cidade da Cultura”, en Santiago de Compostela.

O complexo comezou a construirse anos atrás no mandato de Fraga na Galiza (no que moitos calificaban o mausoleo do antigo político). Sen ter demasiadas utilidades definidas durante súa construcción (se falaba de arquivo documental, de bibliotecas…), foise construíndo.

Se ben aínda non está nada terminado, aínda que xa algún edificio bastante avanzado, o Consello de Contas (órgano regulador das cotas da Xunta de Galicia, que revisa as contas de fai 2 ou 3 anos) está sacando á luz verdadeiros desfalcos e cousas totalmente irregulares.

Por exemplo, o arquitecto Peter Eisenman, que foi o gañador do concurso de ideas, non só se retrasou nos prazos, senón que, ademáis cobrou varios millóns de euros e non recibiu ningunha penalización polo retraso, tal como dicía o contrato, senón que subiu a cantidade que cobrou.

Se alguén quere enterarse un pouco máis do que está pasando, en El País publican un artigo sobre o derroche na Cidade da Cultura a modo de resumen e, se con todo isto fora pouco, en Vieiros comentan que se está construíndo con pedras dunha canteira ilegal, propiedade dun familiar do ex-alcalde de Ortigueira, do PP (sí, o mesmo que foi ao programa de Pocholo en Ibiza). Como dicía Pérez-Reverte fai unhas semanas, en Xapón por menos hai harakiris de ministros.

Máis información: Despilfarros en la Xunta de Fraga (El País)
Máis información: A Cidade da Cultura constrúese con pedra dunha canteira ilegal (Vieiros)
Máis información: Web oficial da Cidade da Cultura

Fotos de la abandonada Cárcel de Carabanchel 3

Cárcel de CarabanchelDesde fai un tempo, pese a non ser usuario, leo o foro de SkyScraper na súa versión hispana: recoñezo que me encanta. Para quen non o coñeza, nel se falan de cidades, de estructuras, de espazos, algo ao que me aficionei non sei moi ben por qué dun tempo a esta parte, derivado tamén da miña lectura habitual de os foros de Andén 2 (Amigos do Metro de Madrid), pois o Metro e máis especialmente súas instalacións é algo que me fascina.

Ben, ao que vou: na miña última pasada polo foro atopei este fío sobre o antigo cárcere de Carabanchel, xa abandoado, e onde un usuario mostra as fotos dunha visita que fixeron. E é aí, cando se mezcla esta afición con outra miña, a fotografía, onde case só me falla aplaudir. Algo semellante me pasou no seu tempo coa historia de a estación abandoada de Metro en Madrid, a Estación de Chamberí, historia que realmente me fascina e lugar polo que sempre paso cada vez que vou a Madrid.

O que queda do cárcere a algúns lles parecerá tétrico, sobrecolledor, a min ao menos me parece peculiar por ver o espazo dun cárcere, xa tomado por vándalos, grafiteiros e demáis. Lóxicamente a mín me disgusta iso último, pero recoñezo que é case inevitábel. Non me maxino a sensazón de pasear por un cárcere máis ou menos recén pechado, pero será algo semellante ao que sentín no DA2, o Museo de Arte Contemporáneo de Salamanca, que ocupa o edificio da antiga Prisión Provincial tal e como era.

Máis información: Cárcere de Carabanchel (Wikipedia)
Máis información: “Un día en la Cárcel de Carabanchel (fotos no foro de SkyScraperCity.com)
Máis información: “La estación abandonada de Chamberí en Metro Madrid (artigo neste blogue)

Concierto de Ok Corral Band en Salamanca 1

Ok Corral Band

Ok Corral Band, aquela banda da que falei no seu momento, actúan hoxe en Salamanca. Como a cantante é amiga e o grupo non está mal, haberá que ir media hora ao Savor a escoitar boa música Country.

Pra quen se apunte tamén, aí van os dados:

Bar Savor (ao carón do 24h de Gran Vía e da Praza de Bretón)
Xoves 24 de Maio
23.30h
Entrada libre

Encuentro de Blogueros en el Día de Internet 2

O comentan nos seus blogues Octavio (ao que tiven tempo de coñecer e charlar un pouco de tempo nos 20Blogs, unha persoa xenial), Julio Alonso e Jesús Encinar: finalmente o Encontro de Blogueiros pra charlar na Casa de América de Madrid onte día 17, o Día de Internet, non estivo nada que nada mal, contando tamén con algún blogueiro máis como Nacho Palou, de Microsiervos (que tamén vin nos 20Blogs).

En fin, grabaron a charla e resultou algo xenial, de veras, recomendábel pra tódalas persoas que están interesadas nos blogues e queran saber un pouco máis de el, auténticos cracks charlando sobre o fenómeno blogue hispano, aí vos vai:

El Birdland gana el juicio a la SGAE 0

Leo en La Voz de Salamanca que o Birland Jazz Bar (un bar de Salamanca) gañou o pleito que lle tiña interposto a SGAE por, supostamente, reproducir obras musicais dos seus representados.

O abogado do establecemento, Felipe Crespo, logrou demostrar que a música utilizada foi baixada de Internet e baixo licenzas libres, de feito a sentenza di:

Dun modelo de difusión dos contidos musicais limitado á venta e ao alquiler de exemplares, controlado pola industria de contidos, se pasou a un modelo case ilimitado, grazas á difusión global que proporciona Internet, ámbito no que os propios creadores, sen intermediación da industria, poden poñer a disposición dos usuarios de Internet copias dixitais das súas obras.

Parabéns a toda a xente do Birdland.

Descarga: A sentenza
Máis información: Derecho-Internet.org
Máis información: David Bravo

Feliz día del libro 0

franco
Vía Fedello

de conciertos charros 4

Julieta VenegasÉ curioso como nesta cidade, en Salamanca, se agolpan os concertos “coñecidos”; con isto me refiro a que nun mes poidas ter dúas, tres, ao sumo catro concertos de grupos ou solistas máis ou menos bos e máis ou menos coñecidos e logo pasen varios meses sen nada. Con isto me refiro a este mes, que está fino en Salamanca…

-Esta semana (non sei se foron xa): Julieta Venegas e outro día Pancho Céspedes.
-Este Sábado Fito y Fitipaldis.
-Algún día da semana que ven (creo) La Fuga en acústico (non penso pagar 20€ por velos de novo, asi que non irei)
-The Unfinished Sympathy este Jueves en el CAEM (CONCIERTO RECOMENDAD?SIMO).
-Dover o 26 de Maio. (este xa queda algo máis lonxe)

Pero é incríbel como de ter pasado Xaneiro e Febreiro sen nengún concerto (cicais pola etapa de exames), de sopetón nos atopemos nun mes con Julieta Venegas, Pancho Céspedes, Fito y Fitipaldis, La Fuga e The Unfinished Sympathy…
Por certo, esta entrada serve pra lembrarme que debo daros envidia por ter esta entrada .

Afición a “Chomsky Vids” 7

Últimamente sento algo que é afección ao Youtube. Pero non é afección de ver un vídeo tonto de 20 segundos tipo “mira como este xaponés se come os mocos misturados nos tallarines e non se da conta“, senón como alternativa á TV.

Fai tempo que deixei de ver bastante a TV, só a veo pra algún partido do Barça, e ver de vez en cando algunha serie como Aida que góstame, aínda que cicais tamén recoñezo que sexa que o traballo co ordenador me quita tempo para “perdelo” vendo TV tan rápidamente. Ou cicais tamén que cada vez que poñes a TV sae algo de Cachuli e demáis cantamañanas que viven na parrilla televisiva sen máis futuro que roubar uns perfumes nun aeroporto.

Ben, ao que ía. Que de un tempo a esta parte e por Escolar.net coñecin a unha persoa que subía moitísimas capturas interesantes de programas de TV, e se lle podía recoñecer polo “Chomsky Vids” que sempre poñía. Entón botei unha ollada a súa conta en Youtube e me suscribín aos seus vídeos. ¿Que ten que ver isto coa miña poca paixón á TV? Que a voltei a recuperar un pouco, debido a que el colga tódolos días cousas interesantes. Anímovos a botar unha ollada á súa conta, e ben, o último que tiven visto foi esta mañá cedo antes de ir a clase unha entrevista interesantísima a Andreu Buenafuente emitida no programa de Cayetana Guillén Cuervo mais non sei cando, cicais anoite: parte un e parte dúas. Disfrutádea.

Posteriores »