Andrés Milleiro
Weblog personal

Programa NEW, Ninguna Empresa sin Web 2

Disclaimer: este artigo é un artigo patrocinado.
O programa NEW (Ninguna Empresa sin Web) é unha iniciativa creada por parte do Goberno de España, a través do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, mediante a cal se tenta fomentar unha maior presenza das empresas españolas en Internet.

Por ilo, a un prezo de aproximadamente 65 euros, calquera empresa poderá dispor dun espazo web
, con varias direccións de correo electrónico e posibilidade de anunciarse nos laterais dos resultados do buscador Google.

Na miña opinión, este plan podería funcionar se se anuncia bastante, pois na súa intención paréceme algo fantástico, que debería terse feito fai moito tempo xa, dando un paso máis hacia a tan mentada “sociedade da informazón?.

Fun a Nominalia, pois é un dos partners do plan, e ofrecen o seguinte por 70 euros ao ano, durante dous anos:

  • Un dominio .es
  • 13 enderezos de correo electrónico con 1Gb de espazo, con antivirus e antispam en tódalas contas
  • Espazo ilimitado para aloxar a web
  • 50€ de publicidade en Google.

Destacaría tamén a posibilidade de usar ilimitadas bases de datos SQL, e así poderemos instalar bos xestores de contido como pode ser Drupal para montar un pequeno portal sobre noso negocio ou Wordpress para instalar un blogue e ter así un contacto máis man a man cos clientes.

Parabéns ao Goberno, recalco unha vez máis que nunca é tarde se a dita é boa, e agardemos agora que as empresas tomen concienza da importancia de ter seu negocio aberto 24h na rede, sen demasiado mantemento e unha boa rentabilidade.

Máis informazón: Programa New

Con Solo Tres G, nuevo blog en la red 1

Disclaimer: Esto é unha análise vía Zync.es
Descubro un blogue de bastante recente creación chamado Con Solo Tres G. En principio, semella “outro blog de trebellos e de tecnoloxía”, se ben creo que sería inxusto catalogalo así, pois tamén escribe sobre outros temas, e ata sobre poesía.

Destacaría o esforzo que está facendo o autor do blogue
, sobre todo en evitar o copy&paste no que recoñezo que máis dalgún caimos ao escribir sobre trebellos, e en dar o toque persoal a cada artículo que escribe, o que seguro que se terminará valorando a longo prazo.

Nótase que está aínda empezando o blogue, pois nótase a promoción, ben a través de revisións como ista, ben a través dos badges e botóns que hai polo blogue; todos pecamos diso en máis dunha vez, sobre todo cando empezamos. Pero, neste caso, o contido pode superar ao continente e facer que sexa un faio menor.

Destacar tamén algo que me parece curioso, pois ata o dagora, sempre que tiven que facer entradas patrocinadas, sempre foron sobre un producto ou servizo e nunca sobre un blogue, e certamente penso que é unha boa idea, en termos de conseguir relevancia en lugares como Technorati e en termos de conseguir visitantes. Ao menos agora, boten unha ollada a Con Solo Tres G, seguro que convence.

Dónde consultar vuelos baratos 1

A raíz da anterior entrada sobre Guías de Viaxe, seguro que máis de un e dunha se estará preguntando… ¿e como me entero eu de esas ofertas de última hora?

A verdade é que, sen navegar demasiado, nos atopamos cun blogue acerca de Vuelos Bajo Coste no cal, vía RSS por exemplo poderemos enterarnos de esos chollos de última hora que a veces sacan as compañías aéreas. E non me estou refirindo a aerolíneas de baixo custo como poden ser Vueling, EasyJet ou RyanAir, senón que neste blogue tamén atopamos ofertas de aerolíneas tradicionais, como o caso de Iberia.

Sinceramente, o que fai esta web me parece algo xenial, pois incluso eu non tiña unha web/blogue de referencia onde poder consultar esas ofertas, e sobre todo coa comodidade do RSS, algo que para mín empeza a ser imprescindíbel pra seguir calquera web por falta de tempo.

Entre as ofertas que vin destacaría a oferta de Vueling, que ofrece 25000 plazas a 0€ (todo incluído, según o anuncio, maxino que tasas tamén), mercando ida e volta dun traxecto. Como é lóxico, estas ofertas son limitadas e por tanto é necesario collelas pronto, polo que unha web como ésta é bastante útil.

Esta entrada está patrocinada por ReviewMe.

Qué hacer en un fin de semana 0

En máis dunha ocasión seguro que, pra esquivar un pouco a rutina, nos apeteceu irnos nalgunha ponte a algunha capital europea. A pereza cicais poida connosco, aínda que sobre todo pereza soe ser máis atopar información, poñerse a buscar información na rede, a miúdo desperdigada sobre que sitios ver e visitar na cidade en cuestión.

Pois ben, dun tempo a esta parte na rede atopei unhas xeniais Guias de Viaxes onde poder ver destinos e lugares a onde poder facer unha escapada calquera fin de semana. Nela temos información contrastada de calquera das capitais europeas, na que verdaderos profesionais dan consellos acerca de que zoas visitar, que cidade é máis aconsellábel neste intre do ano, que cousas non nos debemos perder…sen necesidade de estar unha tarde enteira visitando deceas de web e, posíbelmente, sen atopar demasiada información contrastada.

Na web se centran sobre todo en capitais europeas como Madrid, Berlín (da que todo o mundo me fala ben últimamente, mudou moitísimo) ou París.

Se ben é certo que a máis dun e dunha lle parecerán estos destinos cicais algo alonxados, a verdade é que últimamente coas liñas de baixo custo ou incluso con algunha compañía tradicional como Iberia se poden atopar boas ofertas, só basta con acudir a unha axencia de viaxes ou bucear un pouco pola rede.

Esta entrada está patrocinada por ReviewMe.