Hoxe publico a entrevista a ?lvaro Castaño, unha persoa á que realmente admiro, pois é unha persoa, de case 20 anos (naceu o mesmo ano que eu), e que en breve será autónomo, o que me deixou algo en estado de shock. ?lvaro adícase ao deseño web (podédes ver o portafolio en Minizen) e ademáis colabora en GrupoBlog, unha rede comercial de blogues. Sen máis pretensións, a entrevista, agardo que vos guste como me gustou a min:
-¿Cómo te auto-presentarías nunhas liñas?
-?lvaro Castaño, de case 20 anos, asturiano de pro, tolo por Internet, o deseño e os blogues. Son perfeccionista, ata rozar o enfermizo, e ás veces non sei se iso é unha virtude ou un defecto. No persoal, un chaval tirando a calado, humilde e con gañas de saírse sempre do común e sorprenderse a diario.
-¿Cómo comezou túa paixón polo deseño e todo no que traballas agora?
-Andar cos ordenadores sempre me encantou, e dende fai uns anos tiña a inquedanza de deixar meu granito de area en Internet. Non teño mentalidade de programador, son un troll en PHP, así que fun directo a aprender (fará uns 6 anos) CSS e xHTML pra tentar facer cousas pola vía do deseño. O feito que marcou que comezase a deseñar pra outros e non só pra min foi a entrada en Grupoblog, que me serviu como portafolio público ante un bo puñado de xente, e as semanas traballando con Walter Kobylanski as que me animaron a poñerme en serio con isto. O apoio e a confianza de Javier Martín e Jordi Villar tamén son destacábeis, e lles debo moito.
-Recentemente comentaches que vas ser autónomo, cicais o sono de moitos. ¿É xa viábel ser autónomo con case 20 anos en España e no deseño web?
-Sen nengunha dúbida. Estamos na web2.0, que aínda que xa nos soe como algo de andar por casa, moitas empresas tradicionais aínda están comezando a notalo, e les pilla en pañais, con sitios web que non están optimizados pra buscadores, e cunha estética oitenteira. Hai traballo de sobra se te propós facelo ben. Agora, o tema dos 20 anos, creo que me beneficia polo feito de que parezo máis accesíbel a novos contactos e proxectos, así que estou encantado e creo que empecei no momento xusto.
-¿Se pode traballar nese aspecto fóra dunha gran cidade?
-Sí, a vantaxe de Internet é que non necesitas recibir aos clientes no teu despacho: cun meeting por Skype ou polo móvil xa o solucionas perfectamente. A ‘identidade online’, o feito de estar aberto a un público que coñece teus datos e quén eres, lles da aos clientes esa confianza que pode dar o ‘cara a cara’, de que non te vas a largar co seu diñeiro ou que non lles vas a axudar a instalar o novo deseño. De feito eu aínda non traballei con ninguén de dentro de Asturias, e non notei cambio de traballar con alguén de Barcelona e alguén de Uruguai.
-¿Plantexas seguir ti só no tema de deseño web ou podemos adelantar algunha primicia?
-Penso seguir só, sen nengunha alianza a medio prazo, pero sempre realizando colaboracións con empresas, xa sexa por contrato ou freelance, porque é importante que alguén te axude a buscarte os clientes. Polo pronto, o rediseño de minizen me estáme a traer oportunidades moi interesantes, que teño que valorar durante estos días. Como pequenas primicias, seguirei deseñando en Grupoblog, e colaborando con Davilac.net e Eprim.net para (re)diseñar as webs dos seus clientes.
-¿Vas a continuar cos estudos?
-Miña intención é estudar unha carreira, sexa a que sexa, pra tela como ‘respaldo’. O curso que ven seguramente esté estudando Deseño Industrial en Valladolid (ou Galiza ;-)), porque non quero abandoar o deseño web, co que penso seguir todo o que a sorte e meus intereses permitan.
- ¿En qué estado se atopa GrupoBlog?
-Grupoblog está en standby, como meu DVD, pero cando se volte a enchufar vai ser bastante importante o asunto. E non o digo porque é o que se soe dicir, é que vai en serio. Gostaría adelantar algunhas cousiñas, pero estaría violando o contrato dos interesados, así que sóio nos queda agardar un pouco. O único que podo dicir é iso, que nos vai sorprender a todos, incluíndome.
-¿Que lle recomendarías a alguén que se plantexa seguir teus pasos?
-O primeiro que suxeriría é que deixasen de seguir meus pasos ;-) Pra algo como o deseño, sempre digo que calqueira nunha semana pode aprender xHTML e CSS a nivel bastante profesional. Pero o que lle da o encanto a esta profesión é o gusto, o estilo persoal, o broche único que deixas en cada deseño, e non podes andar seguindo os pasos de outro que seguramente o fará mellor ca ti (hoxe en día se ve moita xente seguir a estela de Jeffrey Zeldman ou Dan Cederholm, por poñer dous exemplos). Eu non recomendaría meterse a isto seguindo un libriño, ou unha guía online, creo que o deseñador se fai a partir de probar e romper moitísimas veces, ata que atopa seu estilo persoal.
-¿Te maxinabas fai un par de anos estar onde estás?
-Son moi cabezota, e case sempre remato facendo o que me propoño. Aínda que pra ser sincero, eu me tiña posto metas un pelín máis baixas, e é verdade que isto, tal e como me vai agora, nen o pretendín nen o maxinei. Meus pais me din que ‘que sorpresa, a que non o esperabas?’, e eu penso que simplemente estou recollendo o que sementei, porque detrás de cada deseño, redeseño e decisión, hai horas de estudo e traballo.
-¿Poderías comentar o equipo completo que usas cando estás a traballar?
-Son máis de software online que de hardware á hora de traballar. Me comunico por MSN, Skype e Gmail, xestiono proxectos co activeCollab, publico con Wordpress e me informo con Google Reader. Adobe Photoshop CS3 pra facer os mockups gráficos, e Notepad++ pra tirar código. Meu ordenador é un HP Pavilion dv5000 (que teño ganas de xubilar por un macbook), que me levo a onde faga falla, xunto coa miña Moleskine (onde escribo miñas ideas), meu móbil Motorola L6 pra estar dispoñíbel a todas horas, e os cascos Logitech USB Headset 250 pra escoitar música relaxante, que é algo que todo o mundo debería facer mentras traballa.
-Cuestionario rápido:
-Un blogue: Últimamente vóltame tolo http://www.core77.com/blog/
-Un libro: “Mi primera enciclopedia” (qué queres, é que non leo!)
-Unha película: The Matrix
-Un grupo/solista de música: System of a Down
-Un obxeto que cambiara o concepto de deseño: iPod (aínda que tal vez debería dicir o eMac)
-Unha marca: Bugatti
-Unha comida: Fabes, claro.
-Un lugar: Miami
-O último deseño que fixeras (toma compromiso): Non me comprometo :-). O último diseño que fixen e do que podo falar é Davilac.net
-O último deseño que realmente te encantara (sexa teu ou non) ;) : Que compromiso… te diría centos, pero déixame dicir dous: http://uxmag.com/ e http://www.aiga.org/ .