Andrés Milleiro
Weblog personal

Pequena adiviñanza 6

Adiviñen ónde se atopa a siguiente paisaxe…
sorpresa

A) Morro de Sao Paulo, Brasil.
B) Illa do Guidoiro Areoso, Pontevedra.
C) Dubai, Emiratos Árabes.

A resposta: Efectivamente, é a B. Atopei a foto de casualidade e nunca estiven alí, ten pinta de ser un lugar incríbel…

El País e as fotografías 10

Hoxe merquei El País pois viña unha entrega da colección de librodiscos de Héroes del Silencio e caín en que cicais no novo formato de periódico se dea énfase á fotografía, algo que me parece realmente interesante.

Estiven un rato buscando, mais non veñen as fotografías na edición dixital, así que teño que fastidiarme. De tódalas formas, quen teña a edición impresa de hoxe día 1, que se fixe nas fotos dos seguintes artigos:

Certamente, ademais das dúas da edición galega do periódico, resultáronme máis que curiosas as dúas fotos nas páxinas do PP: nunha Rajoy como se estivese a punto de caerse antes de dar unha roda de prensa na sede do PP e a outra do grupo parlamentario do PP, con Martínez Pujalte e Zaplana en primeiro plano ríndose de algo. ¿Algún lector/lectora ten El País a man? Que lle bote unha ollada, porque gústanme as fotografías do novo periódico…

Unha imaxe vale máis que mil palabras 4

Fascista dando a man a un Ertzaintza

Galería de fotos do 12 de Outubro en Donostia

(Manifestación nacionalista basca / Manifestación nacionalista española)

Arte tabernaria pontevedresa 4

Hai ocasións nas que as institucións fan verdadeiros monstros e outras nas que os cartos públicos semellan facer obras de arte, entenderedes o que digo. Viña lendo onte no tren a Salamanca A Nosa Terra e percateime dun artigo, básicamente polas súas fotografías. Se algún lector de este blogue ten o último exemplar do periódico, que vaia á páxina 31, pois na web non sae nada ao respecto.

Resulta que o Concello de Pontevedra ven de editar un libro/guía de restauración da cidade, concretamente de lugares do Casco Vello. Sinceramente, as fotos son sublimes, obra de Eduardo Expósito, e ten toda a pinta de ser un libro que realmente pague a pena, a tenor das fotografías que publicou o periódico, destacando elementos da cultura tradicional galega e de Pontevedra.

Chamei ao propio Concello para preguntar acerca do libro, e pendente quedo de enviar unha solicitude, a ver se hai sorte. Seguiremos informando.