Andrés Milleiro
Weblog personal

Unha vez máis… 2

A reordenación de material aplicada por Renfe, aproveitando os trens que xubila o AVE nas rutas nas que comeza a circular, volve penalizar a Galiza, que contará cos convois con menos prestacións de toda a cornixa cantábrica en enláces con Madrid e cun talgo a Barcelona que nin sequera disporá de tecnoloxía de cambio de ancho para aproveitar o trazado de alta velocidade entre Zaragoza e a capital catalá.

Isto ven tamén para recalcar os novos Talgo a Madrid, nos que puden vir eu de Zamora a Pontevedra onte…e eran os novos. Supostamente tiñan que ter algún cambio, pois eran os que operaban o Madrid-Málaga antes do seu paso a ser AVE e xa digo que….de diferencia pouca, Renfe segue a ter os mesmos retrasos…e algúns son tan vellos que ata arden. E algúns os seguirán a votar…

R comeza na telefonía móbil 2

Logo R

Pequena sorpresa que saiu á luz fai unhas semanas e que dende que saiu me apetecía comentala por eiquí. Dicía, pequena sorpresa ou non, pois é un segmento de negocio cada vez máis apetecíbel, sobre todo tratándose da cableira galega e do ritmo imparábel ao que está a medrar.

Para quen non o saiba, R comezará nun par de meses (rumoreábase que para Navidad) a operar con telefonía móbil baixo a cobertura de Vodafone, o que lle permitirá ofrecer nun mesmo conxunto servizos de telefonía fixa+internet+televisión+telefonía móbil.

Dende fora da Galiza se menospreciou a incorporación de R ao elenco de compañías que comezaron a prestar servizos como OMV. Unha das razóns para este menosprezo creo que é o descoñecemento do que ven facendo R en canto a tarifas e que pode rematar de rachar o mercado galego (lembremos que en clientes de telefonía fixa R xa supera a Telefónica na Galiza, como ben lembra Breo en esta entrada).

En telefonía fixa R ofrece chamadas entre clientes a 0€/min e 0€ establecimiento, o que non sería de estranar na telefonía móbil (ao igual que o que fixo Ono). Por tanto, imaxinádevos un comercial que traballa nunha empresa que ten R nas súas oficinas, cun telefóno móbil da mesma R para traballo, e con R na súa casa. Creo que queda todo claro.

Actualización: En XatakaMóvil publican as tarifas de R como operador móbil: 0 cents se a chamada é a un número de R noso e 3 cénts se é outro cliente de R, segue sendo apetecíbel.

A realidade galega 0


A demanda de chan industrial na Comarca do Barbanza equivale a 85 campos de fútbol

Galiza exporta albaneis e camareiros a Canarias e impórtaos de Sudamérica

Manolo Rivas para o Premio Nobel 0

Manolo RivasCertamente anda o blogomillo algo revolto estos dias a raíz de un post no blogue de Jaureguízar propoñendo a Manolo Rivas como candidato para o Premio Nobel de Literatura:

Por unha vez podíamos facer as cousas co tempo que precisan. Propoño que agora que falta un ano para a elección do Premio Nobel de Literatura apuntemos todos na mesma dirección para lograrmos o primeiro galardón galego na Casa da Bolsa de Estocolmo. Non ten nada de toleirán intentalo, porque hai casos semellantes como o do escritor occitano Mistral, e temos que aproveitar que contemos con Manuel Rivas, un escritor que suscita apoios unánimes no país, ten calidade abonda e a proxección internacional requerida. Todo o que precisamos é traducirmos algunhas das súas mellores obras en diferentes disciplinas para o sueco e que Cultura a súa embaixada para promover ao escritor da Coruña como merece.

Jauréguizar é conscente do debate que se creou, e iso é innegociábel. A min Manolo Rivas cáeme incríbelmente ben e me parece que ten calidade de sobra para optar ao galardón. Jaureguízar ben merece un premio por esa obra maestra do Bravú galego que é Fridom Spik, pero iso xa son outros derroteiros…

Posteriores »