O mellor vídeo de humor visto en moito tempo 0
O novo ídolo de rock, moito máis heavy que Charly García, Fito e Calamaro. Pomelo é un rockeiro de verdade. Pomelo descontrola, Pomelo bardea, Pomelo é rock.
O novo ídolo de rock, moito máis heavy que Charly García, Fito e Calamaro. Pomelo é un rockeiro de verdade. Pomelo descontrola, Pomelo bardea, Pomelo é rock.
Só podían ser os de Muchachada Nui…
Volve, mais non é a terceira tempada, ou iso me parece. Teñen un blogue agora en El Correo Digital, e maxino que estarían atarefados nese tema, cicais por iso non saiu todavía a Terceira Tempada, polo dagora con data de saída indefinida.
Para quen non o coñeza, Qué Vida Más Triste é, na miña opinión, o mellor videoblogue en castelán, un lugar onde tódolos domingos Borja, a personaxe principal, fai un resumo da súa semana, con humor do bo, do basco, ao máis puro estilo de Vaya Semanita. En breve, agardamos a terceira tempada, en Youtube. Para acortar a espera, un dos mellores capítulos da segunda tempada…
Teño que recoñecer que son usuario intensivo de Goear, sobre todo cando estou nun ordenador alleo, como sucede agora, e quero escoitar algo de música. Apetecíame un dos meus temas favoritos de Amaral, “Estrella de Mar” (e por certo, descubrín que existe versión en inglés).
Así que entrei en Goear, e cal é miña sorpresa, ao fixarme na sección existente na páxina principal na que aparecen as últimas cancións subidas e ver unha canción chamada “Te la vas a tener que tragar“. E sí, fala do que se maxina un; aviso, é reggaetón. Así está o panorama musical…
Hoxe estaba comendo e vin unha das promos de Muchachada Nui, o programa que comezará a emitir La 2 con os actores de La Hora Chanante. Só vin unha, na que se imitaba a Bono, o cantante de U2, namentras cantaba Lemon, unha das miñas cancións favoritas da banda. Por moitos é coñecida miña gran afición a U2, e non puiden evitar a gargallada ao ver o vídeo, tremendo.
Sobre o programa, empeza o 19 de Setembro ás 23 horas en La 2, e páreceme, independentemente de se o quero ou non, unha aposta por humor e, ao menos seguro, por traer audiencia á TV pública. Parabéns, e aí vai o vídeo:
Relacionado: Las promos de Muchachada Nui (¡Vaya Tele!)

Visto en Diario de un Noctámbulo. A web orixinal onde sae é Impextrom.
Y eso que aún no hemos empezado el curso en la ciudad charra… “Un joven se corta el pene y lo tira al retrete en Salamanca porque ‘no quería pecar más’“.
Onte en directo…cando o vin, pensei que non podía da risa…