De intrusismo e outros males 34
Vaia Domingo, espértome e facendo o repaso ao lector de RSS dánme a primera na frente. Rosa Jiménez destaca nesta entrada que un consello para xovenes periodistas é que non usen flash.
E eu pregúntome, ademáis de que fai un periodista usando flash máis ben que fai un periodista deseñando unha web, e en moitos casos cobrando como se de un profesional do deseño e a maquetación se tratase. E sinto ter estos líos con Rosa, pero é algo que me toca a moral, a min e a gran parte dos informáticos.
Porque sí, agora todo o mundo é informático, todo o mundo merca o Windows para torpes e se bota para adiante a ofrecer servizo técnico. Pois non, coño. ¿Acaso eu vendo meus artigos a xornais? Non, eu limítome a facer iso que chaman periodismo cidadán e que non é outra cosa que aportar un punto de vista que se diferencia claramente do de un periodista en que non vai pedir cartos a cambio pois non é algo profesional nen cicais teña tampoco a mesma calidade.
É que sigo facéndome a pregunta na cabeza de que fai un periodista deseñando unha páxina web e sego sen entendelo, agora que veñan os trolls do gremio, pero a verdade que non me cabe na cabeza. Rosa di que o intrusismo é un invento dos sindicatos, pero pregúntome eu que lle parecería se lle quito o posto en El País cobrando sen ter o título de Periodismo.



Levaba uns días querendo facelo e anoite me decidin: instalei Windows virtualizado na miña Ubuntu e aumentei a partición de Ubuntu a todo o disco duro pra deixar de usar Windows como SO principal.
Dun gran tiempo a esta parte uso como xestor de correo electrónico