Cousas do MundoReal™ 6
(librería de Salamanca, apenas unhas horas atrás, despois de ter agardado 10 minutos de reloxo e de cola nun local ateigado de xente que empurra)
- Óla, estaba a buscar La Gran Guía De Los Blogs 2008, tivo que chegaros esta semana… ¿sóate?
- ¿Iso que é, drama, poesía?
- É unha guía de blogues.. de páxinas web.
- Ah, ah, pois entón na segunda planta.
(subo a segunda planta, agardo 5 minutos despois de ter escoitado un “agarda un intre” e ver cómo acto seguido o dependente pónse a colocar un cartón debaixo das facturas para escribilas ben cando sexa o intre)
-Dime, que querías?
- Óla, estaba a buscar La Gran Guía De Los Blogs 2008, tivo que chegar esta semana… ¿sóate?
- ¿Seguro que se chama así? Non me soa…a ver, dime cómo se chama de novo…
- La Gran Guía De Los Blogs 2008
- (o busca en Google) Ah, Ciberprensa… pois, pois non, síntoo.
Síntoo porque me pesa, pero me paso a mercar online, dáme igual se Casa del Libro ou o que sexa, pero é que hai actitudes que me desquician…


Se por algo pensei que era coñecida Salamanca era pola súa Universidade, súas bibliotecas e, maxinei, polas súas librerías. Pero ben, hoxe me levei unha pequeña decepzón.
.É Rebelarse vende, editado por Taurus e escrito por dous xoves canadienses mestres de universidade. No libro un encarna unha postura máis de esquerdas mentras o outro defende á dereita, pero ambos fan unha crítica ós estereotipos, con casos por exemplo como o de Kurt Cobain e o grunge, un movemento que intentaba ser todo o oposto ó que rematou por ser: outra moda musical máis (lembran o odio de Kurt e o Grunge por revistas do tipo Rolling Stone, na que rematou saíndo en portada cun cartel criticándoa). Sen ir tan lonxe, temos exemplos máis a mán como os do El Canto del Loco e as súas zapatillas Converse alternativas, ou a moda dos pantalóns desgastados e alternativos (que recoñezo que teño,pero é que na tenda non hai outra opción en vaqueros que uns desgastados…).
Tras este título se esconde un libro, escrito por Michka Assayas e editado en España pola editorial Alba. En Pontevedra só o atopei nunha librería (Librería Paz) e por un prezo algo excesivo (23,50 euros),pero bon, como gran fan de U2 e despois de ler referenzas do libro decidínme a mercalo.