Andrés Milleiro
Weblog personal

Recién oído 2

No autobús, chegando a Carabanchel

Rapaza 1: Que forte o do espía. Ao final era polonio.

Rapaza 2: Que non, tía, que era ruso.

Máis en Recién Oído, un xenial blogue que comezou fai pouco, sobre todo iso que “se escoita” en Madrid…

Google falará do Open Social en Madrid 2

Logo Congreso Webmasters

O que parecía un simple congreso en Madrid terminou por animarse. Dende este Mércores ata o Domingo estarei en Madrid, principalmente para o Congreso de Webmasters, aínda que tamén para celebrar meu cumpreanos e ir a algún que outro sitio, como á charla que dará o Xoves o fundador de Technorati.

O que comentaba acerca do Congreso é que se animou, e moito. As razóns as comenta María Rosa Díez no seu blogue. Ela é unha das organizadoras do evento, e ven soltando algunha exclusiva:

Máis que interesante se aveciñan estos días en Madrid, ¿ou non?

De contactos en Madrid 8

En Madrid

Agora que estou uns días en Madrid (ata mañá, en concreto, que collo un vo hacia Pontevedra), estou vendo a xente blogosférica, e noutros casos coñecendo.

De feito onte invitáronme a tomar café os rapaces de 11870.com á súa oficina(foto), e tivemos tempo de charlar acerca de cómo vai o servizo, futuras suxerencias e demais, creo que funcionou moi ben, e a oficina é tremendamente chula.

Pola tarde-noite houbo Beers&Blogs madrileño, como todos os últimos mércores de cada mes
. Estiven con Felipe RM (teño foto con il, pero tampouco me trouxen cable USB da cámara, perdón Felipe!), cos rapaces de MobuzzTV, co Hipertextual Paniagua, con Rosa JC (segunda foto), con Octavio Rojas (dáme medo Octavio, creo que sabe demasiado de min :D), con Rodrigo “Zordor”, con JoseDaze, con un dos editores dun dos meus blogs de mesilla de noite, Madrid me mata, e con un rapaz de Addoor. Lóxicamente, tamén había máis xente, pero dos que aínda non asocio cara con blogue, dádeme tempo…