Andrés Milleiro
Weblog personal

Entrevista a Rosa Jiménez Cano 10

Andrés Milleiro y Rosa Jiménez CanoBueno, después de un tiempo abandonadas las entrevistas en este blog (quizá por empezar a hacerlas en Tortilla de Patata) las retomo, con una persona a la que le tengo un enorme aprecio y que es más que una compañera en esto de la blogosfera, simplemente Rosa Jiménez Cano. Coordina desde hace un tiempo toda la Comunidad Online de ElPais.com y es una periodista incansable; en la entrevista hemos hablado de La Gran Guía de los Blogs, libro del que es co-autora y de muchas cosas más, creo que ha resultado interesante.
Read more »

Nace Estamos.es 6

Nen Soitu nen Público.es nen adn.es gostáronme tanto como gosto de Estamos.es, fantástico.

Algúns dirán que non se poden comparar entre eles. Eu opino que sí. Vale, por un lado temos a proxectos, en moitos casos con cartos detrás e polo outro ao experimento dun Teleco madrileño. Pero eu se mañá tivera que lanzar un periódico on-line apostaría por algo radicalmente distinto, algo que logrou Estamos.es. Encántame, encántame. Recoñezo que lle faltan aínda moitas cousas (cicais unha ligazón a nova ampliada, créditos de fotos, etc…), mais pode ser un proxecto fantástico.

O comenta no seu blogue fesja: Estamos.es, otra forma de ver las noticias. Parabéns crack.

De intrusismo e outros males 34

Vaia Domingo, espértome e facendo o repaso ao lector de RSS dánme a primera na frente. Rosa Jiménez destaca nesta entrada que un consello para xovenes periodistas é que non usen flash.

E eu pregúntome, ademáis de que fai un periodista usando flash máis ben que fai un periodista deseñando unha web, e en moitos casos cobrando como se de un profesional do deseño e a maquetación se tratase. E sinto ter estos líos con Rosa, pero é algo que me toca a moral, a min e a gran parte dos informáticos.

Porque sí, agora todo o mundo é informático, todo o mundo merca o Windows para torpes e se bota para adiante a ofrecer servizo técnico. Pois non, coño. ¿Acaso eu vendo meus artigos a xornais? Non, eu limítome a facer iso que chaman periodismo cidadán e que non é outra cosa que aportar un punto de vista que se diferencia claramente do de un periodista en que non vai pedir cartos a cambio pois non é algo profesional nen cicais teña tampoco a mesma calidade.

É que sigo facéndome a pregunta na cabeza de que fai un periodista deseñando unha páxina web e sego sen entendelo, agora que veñan os trolls do gremio, pero a verdade que non me cabe na cabeza. Rosa di que o intrusismo é un invento dos sindicatos, pero pregúntome eu que lle parecería se lle quito o posto en El País cobrando sen ter o título de Periodismo.

Encontros na blogosfera 0

O outro día deume un arrebato de probar a buscar en Google, Facebook, Tuenti e demais redes sociais a antigos compañeiros de clase de Pontevedra, e non atopei gran cousa salvo unha pequena sorpresa en forma de blogue.

Resulta que en Periodista Digital teñen un blogue chamado Las cartas sobre la mesa onde dous estudantes universitarios de Periodismo e Ciencias Políticas, Aida (a miña amiga) e Alfredo intercámbianse cartas en forma de posts falando acerca da situación actual da política.

Certamente interesante, eu xa me suscribín.

El País e as fotografías 10

Hoxe merquei El País pois viña unha entrega da colección de librodiscos de Héroes del Silencio e caín en que cicais no novo formato de periódico se dea énfase á fotografía, algo que me parece realmente interesante.

Estiven un rato buscando, mais non veñen as fotografías na edición dixital, así que teño que fastidiarme. De tódalas formas, quen teña a edición impresa de hoxe día 1, que se fixe nas fotos dos seguintes artigos:

Certamente, ademais das dúas da edición galega do periódico, resultáronme máis que curiosas as dúas fotos nas páxinas do PP: nunha Rajoy como se estivese a punto de caerse antes de dar unha roda de prensa na sede do PP e a outra do grupo parlamentario do PP, con Martínez Pujalte e Zaplana en primeiro plano ríndose de algo. ¿Algún lector/lectora ten El País a man? Que lle bote unha ollada, porque gústanme as fotografías do novo periódico…