Como rapaz pontevedrés que son, ás veces falo de temas da miña cidade, pese a estar en Salamanca e visitar Pontevedra de vez en cando. Anda revolucionado o patio estes días na cidade a raíz da proposta do alcalde, do Bloque Nacionalista Galego, de trasladar o botellón.
Vou comentar a historia, antes que nada. En Pontevedra dende sempre se saiu de copas na zona vella, e é aí onde se fai botellón, nun parque ao carón dunha igrexa, o “Campillo de Santa María”. Hai un par de bares pequenos alí xustamente, mais alí se fai botellón ao ser un parque e perto do Casco Vello. Lóxicamente, alí tamén viven veciños, polo que sempre existiu o problema de ruídos.
Nesta 3º lexislatura conxunta de BNG+PSOE en Pontevedra se plantexa a opción do seu traslado, se levaron a cabo reunións con asociacións veciñais e co colectivo de mozos (para que logo digan que o BNG non escoita) e o BNG propuxo levar o botellón a un parque ao carón do Recinto Feiral, ao outro lado do río, onde non existe veciñanza pero a algo menos de 5 minutos andando do Casco Vello. Ademáis, Guillerme Vázquez, edil do BNG comentou a idea de aproveitar o Recinto Feiral que está ao carón para ofrecer alternativas de lecer e que non sexan o botellón.
O botellón non debe agacharse como se fai con moitos problemas, debe ser abordado entre tódolos sectores implicados para a súa soluciónResulta que hoxe a Asociación de Veciños do casco Vello din que non pode ser un mero traslado e que se deben ofrecer alternativas (aquí nótase quen non le a prensa). O PSOE pontevedrés, socio de goberno do BNG critica que se plantexe un traslado do botellón sen aportar alternativas, pois o botellón seguirá a existir.
Eu fixen (e fago) botellón, aquí en Salamanca case sempre na residencia pois na rúa multan. E, de pouco serve ocultar as cousas, pois seguirán existindo alá onde sexan, e xa poño aquí o exemplo, pois se segue facendo botellón. Se a xente quere facer botellón, se deberían adaptar recintos como o que propón o BNG. ¿Botellódromo? E que problema hai, alí non hai veciños que se poidan molestar, a limpeza sería máis sinxela pois se concentraría nun só sitio.
Resumindo, o botellón existirá namentras existan bares que cobren cantidades excesivas por copas que teñen de todo menos alcol, e namentras existan rapaces que queiran practicalo. Porén, se deberían adaptar lugares específicos e consensuados para que non haxa problemas e non ocultar o problema, pois xa temos experiencia en ver problemas ocultos que saen á luz…