Andrés Milleiro
Weblog personal

No es fácil ser del Pontevedra 4

Pontevedriña

No es fácil, y no sé cómo decirlo, ni cómo explicar qué ha pasado hoy.

Tercera fase de ascenso consecutiva a 2ªA después del descenso y tercera ocasión que perdemos en casa de una manera bastante triste. En uno de estos tres años ganamos la Copa Federación, este año hemos sido el equipo menos goleado de 1º,2º y 2ºB y, pese a todo, hemos perdido 1-2 ante el Ceuta.

He hablado con varias personas, entre ellas con Manuls, que estaba en el campo, y el cabreo es monumental, porque es lo mismo de siempre, la misma mierda de siempre que a muchos les empieza a cansar.

El fútbol es injusto en días como hoy ciertamente, pero como decía aquel, el fútbol es así. Por mucho cabreo estoy seguro que en Agosto comenzará una nueva temporada en 2ªB, en esa ciudad de 80.000 habitantes que es Pontevedra y que hoy ha metido a 11.000 personas en el campo, metiendo de media 5.000 y haciendo que tenga una afición que ya les gustaría a muchos, no de 2ªB, sino ya de 2ª.

En fin, queda lo que nos ha quedado estos 3 últimos años, la sensación de soñar y ver que habrá que esperar un año más, que queda un día menos para el ascenso, pero la verdad es que la herida este año ha sido especialmente gorda, después de haberse metido la paliza mucha gente del viaje a Ceuta en autobús y ver como el Ceuta apenas desplazó a 10 personas a Pontevedra…no nos lo merecemos.

Pero en fin, hai que roelo señores, no queda otra.

Morreu John Balan 7


Acábome de enterar pola radio nada máis espertarme da morte de John Balan, unha entrañábel personaxe de Marín (Pontevedra), bastante querido por todos; cicais a algúns os soe porque debaixo do título do meu blogue hai unhas frases aleatorias, varias de elas relacionadas con el, hai varios vídeos en Youtube de el por se a alguén lle interesa.

A Balan o coñecín polas festas de San Xosé do meu Barrio (Campolongo) onde daba pregóns nos últimos anos, e maxino que lle podería un pouco a tristeza de non ter podido este ano. Perdínlle a pista uns anos ata que fai 4 comecei a ser voluntario no Asilo de Anciáns de Pontevedra e alí o atopei e lle recoñecín, así que cando ía os Sábados tiñamos algunha charla. Funme a Salamanca e o contacto sóio se mantivo cando ía ao Asilo no Nadal e na Homenaxe que se lle fixo fai un verán no Teatro Principal.

Mais en fin, hoxe lle chegou o día. Descanse en paz, comedor de fanecas.

Actualizazón: Para quitar un pouco a tristeza de enriba recomendo escoitar a canción que lle adicaron os enormes Dandy Fever

Actualizazón 2: O blogomillo comeza a movilizarse, e nótase no novo logo de Chuza!, adicado a John Balan.

Hai que Roelo! 3

O problema de agochar o botellón 4

Como rapaz pontevedrés que son, ás veces falo de temas da miña cidade, pese a estar en Salamanca e visitar Pontevedra de vez en cando. Anda revolucionado o patio estes días na cidade a raíz da proposta do alcalde, do Bloque Nacionalista Galego, de trasladar o botellón.

Vou comentar a historia, antes que nada. En Pontevedra dende sempre se saiu de copas na zona vella, e é aí onde se fai botellón, nun parque ao carón dunha igrexa, o “Campillo de Santa María”. Hai un par de bares pequenos alí xustamente, mais alí se fai botellón ao ser un parque e perto do Casco Vello. Lóxicamente, alí tamén viven veciños, polo que sempre existiu o problema de ruídos.

Nesta 3º lexislatura conxunta de BNG+PSOE en Pontevedra se plantexa a opción do seu traslado
, se levaron a cabo reunións con asociacións veciñais e co colectivo de mozos (para que logo digan que o BNG non escoita) e o BNG propuxo levar o botellón a un parque ao carón do Recinto Feiral, ao outro lado do río, onde non existe veciñanza pero a algo menos de 5 minutos andando do Casco Vello. Ademáis, Guillerme Vázquez, edil do BNG comentou a idea de aproveitar o Recinto Feiral que está ao carón para ofrecer alternativas de lecer e que non sexan o botellón.

O botellón non debe agacharse como se fai con moitos problemas, debe ser abordado entre tódolos sectores implicados para a súa soluciónResulta que hoxe a Asociación de Veciños do casco Vello din que non pode ser un mero traslado e que se deben ofrecer alternativas (aquí nótase quen non le a prensa). O PSOE pontevedrés, socio de goberno do BNG critica que se plantexe un traslado do botellón sen aportar alternativas, pois o botellón seguirá a existir.

Eu fixen (e fago) botellón, aquí en Salamanca case sempre na residencia pois na rúa multan.
E, de pouco serve ocultar as cousas, pois seguirán existindo alá onde sexan, e xa poño aquí o exemplo, pois se segue facendo botellón. Se a xente quere facer botellón, se deberían adaptar recintos como o que propón o BNG. ¿Botellódromo? E que problema hai, alí non hai veciños que se poidan molestar, a limpeza sería máis sinxela pois se concentraría nun só sitio.

Resumindo, o botellón existirá namentras existan bares que cobren cantidades excesivas por copas que teñen de todo menos alcol, e namentras existan rapaces que queiran practicalo. Porén, se deberían adaptar lugares específicos e consensuados para que non haxa problemas e non ocultar o problema, pois xa temos experiencia en ver problemas ocultos que saen á luz

Madura o blogomillo pontevedrés 3

Lume na Ponte da Barca

Vía A Ponte Vella entérome dun suceso acaecido na mañá de hoxe nas inmediacións da Ponte da Barca, en Pontevedra, concretamente o incendio na cabina dun camión.

Pois ben, xa dous blogueiros pasaron por alí, sacaron un par de fotos e as publicaron no seu blogue,
concretamente en Beber para Olvidar e en A Ponte Vella.

E, sinceramente, me parece fantástico, todo un síntoma de que o blogomillo pontevedrés está medrando e madurando, e iso do periodismo cidadán nótase moito en casos como este, pois un se entera antes polos blogues de Pontevedra que polos medios tradicionais. Orgulloso estou, parabéns aos dous, de veras.

Arte tabernaria pontevedresa 4

Hai ocasións nas que as institucións fan verdadeiros monstros e outras nas que os cartos públicos semellan facer obras de arte, entenderedes o que digo. Viña lendo onte no tren a Salamanca A Nosa Terra e percateime dun artigo, básicamente polas súas fotografías. Se algún lector de este blogue ten o último exemplar do periódico, que vaia á páxina 31, pois na web non sae nada ao respecto.

Resulta que o Concello de Pontevedra ven de editar un libro/guía de restauración da cidade, concretamente de lugares do Casco Vello. Sinceramente, as fotos son sublimes, obra de Eduardo Expósito, e ten toda a pinta de ser un libro que realmente pague a pena, a tenor das fotografías que publicou o periódico, destacando elementos da cultura tradicional galega e de Pontevedra.

Chamei ao propio Concello para preguntar acerca do libro, e pendente quedo de enviar unha solicitude, a ver se hai sorte. Seguiremos informando.

Imserso 0

Ya estoy en Pontevedra, me quedo hasta el Domingo. He venido a echar una mano en la agencia, pues mañana es el Imserso (véase avalancha de jubilados). Ciertamente, se monta bien pues se evitan las colas mañana Sábado, pero servidor se las ha apañado desde hace unos años, y toca compartir DNI’S entre oficinas con Google Docs :)