Queda una semana para las elecciones 20
Hoxe é Domingo 20 de Maio e queda unha semana pra as eleccións, no meu caso e no de Pontevedra, pra as eleccións municipais (nas nacionalidades históricas só hai municipais o Domingo que ven).
Eu, ao estar en Salamanca, xa votei, o fixen por correo, ao igual que outros amigos meus de Pontevedra que están en Salamanca. Foi todo bastante cómodo: gastas 5-10 minutos en Correos recheando todo (o tiña feito en Pontevedra en Semana Santa), e logo te chegan tódalas papeletas a casa, decides, metes todo nun sobre, e de volta a Correos.
¿A quén votei? Ben, recoñezo que pra ser a primeira vez que voto, me costou decidir. Decidir porque ningún dos partidos me convence ao 100% e me gustaría que algún deles o fixese. No tema do Estadio de Pasarón ningún dos 3 partidos fixo algo medianamente bo e así estamos, coa obra retrasada infinidade de tempo, e debería pasarlles factura, pero o dubido.
Se algún lector está buscando o titular, non votei a Telmo, e creo que por cuestións obvias: eu mismo o valoré moi positivamente en tanto en canto tiña elaborado moitísimo súa campaña (é que non lle queda outra pra gañar, a verdade), con cousas bastante claras e que, sen entrar no contido, me pareceu o candidato mellor “organizado”.
Se tivera que facer unha reflexión, gostaría que houbese un partido galego non de esquerdas, e non pra votalo, senón porque penso que ese voto galeguista de centro-dereita se está indo a partidos onde penso que no encaixa como o PP, un partido que non sexa como o enxendro de caciques que montaron, que realmente sexa una alternativa ao bipartidismo PSOE-PP que, a mín persoalmente, me ten bastante aborrecido, se ben tanto en Pontevedra como na Galiza gobernan o BNG co PSOE. Creo que dende que chegou Anxo Quintana, o BNG intenta ocupar na Galiza o lugar de CiU en Catalunya ou o PNV en Euskadi, e creo que o BNG non debe ocupar ese papel. Ao menos eso me parece a min.
Se hai algo que destacaría, pese a non vivir agora en Pontevedra e non estar enterado ao 100% é algo que comentei en PorsilasMoscas.net, o blogue de Daniel Basteiro, redactor do 20Minutos ao que coñecín o outro día en Madrid: que o BNG apenas fixo campaña agresiva nen tivo inauguracións en Pontevedra, ou iso me parece a min (se Jabois le isto, que mo confirme, que el está ao tanto).
¿Quén creo que gañará? Pois, outra vez o bipartito BNG-PSOE. Gostaríame que estivese animado, que houbese algo de baile de cifras, pero maxino que será como nas enquisas, que o PSOE roubará ao BNG un escano e outro ao PP (creo que era así), e xa está. O Domingo se verá.



