Andrés Milleiro
Weblog personal

Primer Flashmob en Salamanca 3

Dicen los entendidos que fue un rotundo éxito, viendo el vídeo parece que había bastante gente congelándose ayer en la Plaza Mayor durante 5 minutos…

Más información : FlashMob Salamanca
Vídeo: Youtube

Sobre la “desaparición” de la UD Salamanca 2

Concentración UD Salamanca

Aunque últimamente este blog se está centrando bastante en internet y otras hierbas, quería hacer un pequeño apunte sobre lo que tiene algo revolucionada a Salamanca estos días. Para quien no sepa nada del asunto, el equipo de la ciudad (la UD Salamanca) dicen que está al borde de la desaparición pese a estar en 2ª División, por motivos económicos.

La cosa vox populi es tal que así:

  • La UD Salamanca tiene deudas como gran parte de los clubes, calculada entre 10 y 15 millones de euros, y para saldar la deuda se pensó en hacer una permuta de terrenos.
  • Entra como máximo accionista en Abril del 2007 Juanjo Pascual, un empresario de la construcción, se dice que viendo la posibilidad de remuneración económica que entraña esa permuta.
  • La permuta finalmente no se consigue llevar a cabo y por tanto la deuda sigue ahí.
  • Juanjo Pascual dice que la deuda es asfixiante y por ello se plantea vender la plaza que la UD Salamanca ocupa en la 2ª División, para así saldar esa deuda pero obviamente volviendo a jugar desde la 3ª División al vender la plaza, como hizo el Ciudad de Murcia.

Por ello, contra la desaparición de la UD Salamanca se hizo ayer una manifestación en la que se llenó la Plaza Mayor (10 000 - 15 000 personas). La cosa es que por ejemplo el Deportivo da Coruña tiene 145 millones de euros de deuda reconocidos oficialmente por el club y el señor Lendoiro y ahí sigue perfectamente como entidad, recordemos que el Salamanca tiene entre 10 y 15 millones de deuda.

Obviamente, lo primero que ha pensado la gente es que el señor Juanjo Pascual quiere recuperar su dinero invertido en comprar el 51% de las acciones a costa de sacrificar la propia UD Salamanca, cosa que no permiten sus aficionados, como es de esperar.

En fin, un caso más de la basura en la que están convirtiendo un deporte como el fútbol, convirtiéndolo en un simple negocio donde prima más el cliente que tiene un palco vip que el aficionado que sigue día sí y día también al equipo. Cosas que pasan cuando los números que se hacen no son los de los goles, sino los de la taquilla. Dejen ya al fútbol en paz, por favor.

Más información : Fotos en Flickr

Cousas do MundoReal™ 6

(librería de Salamanca, apenas unhas horas atrás, despois de ter agardado 10 minutos de reloxo e de cola nun local ateigado de xente que empurra)

- Óla, estaba a buscar La Gran Guía De Los Blogs 2008, tivo que chegaros esta semana… ¿sóate?
- ¿Iso que é, drama, poesía?
- É unha guía de blogues.. de páxinas web.
- Ah, ah, pois entón na segunda planta.

(subo a segunda planta, agardo 5 minutos despois de ter escoitado un “agarda un intre” e ver cómo acto seguido o dependente pónse a colocar un cartón debaixo das facturas para escribilas ben cando sexa o intre)
-Dime, que querías?
- Óla, estaba a buscar La Gran Guía De Los Blogs 2008, tivo que chegar esta semana… ¿sóate?
- ¿Seguro que se chama así? Non me soa…a ver, dime cómo se chama de novo…
- La Gran Guía De Los Blogs 2008
- (o busca en Google) Ah, Ciberprensa… pois, pois non, síntoo.

Síntoo porque me pesa, pero me paso a mercar online, dáme igual se Casa del Libro ou o que sexa, pero é que hai actitudes que me desquician…

Salamanca en CQC 4

Anoite saiu a reportaxe en Caiga Quien Caiga da Manifestación pola Subida de Impostos en Salamanca. A parte onde fala o alcalde Lanzarote non ten precio…

II Beers and Blogs and Podcasts Salamanca 3

B&B&P Salamanca
Beers and Blogs and Podcasts Salamanca
II Edición
15 de Decembro de 2007
18 horas
Bar Rayuela (C/Rúa Mayor).

Ben, aquí está, a 2ª Edición do Beers and Blogs and Podcasts Salamanca, de novo convocada por Darco e por un servidor.

Certamente, conseguimos darlle continuidade a este pequeno evento. Se estás comezando nisto dos blogues, pode ser unha oportunidade xenial de coñecer a xente fantástica como Jose Antonio Gelado, creador de Comunicando Podcast, o Podcast máis escoitado en Castelán e o pioneiro, a Raúl Hernández “Consultor Anónimo”, ou a Ramón Rey de Esquiva Esto Podcast. Creo que ademáis confirmaron a asistencia outras persoas como Mario, de Cuarzomundo ou Manuel Holgado.

Tamén hai apartado de ausencias esta vez
, por exemplo Rosa Jiménez Cano, a encargada de Comunidade de ElPais.com no poderá vir… pero seremos uns cantos, pasaremos un bo rato falando da actualidade de blogues en medio de cañas e cafés.

Se queres apuntarte, métete no Grupo de Google que creamos para a ocasión.

Saio en El País 4

Manifestación contra os abusos do alcalde en Salamanca, artigo que me publican en Elpais.com, grazas Rosa!

P.D.: As fotos da manifestación .

Actualización: Tamén me nombran en SalamancaBlog. Graciñas Darco!

Cuarto Milenio na Cova de Salamanca 4

O que faltaba…

Internet, algo máis que o messenger 5

Javier Castellanos, de El Rincón del Vago


Hoxe na Escola Universitaria de Informática da UPSA tivemos unha conferencia a cargo dun ex-alumno da facultade
, Javier Castellanos, creador da web El rincón del vago (que ten oficinas eiquí en Salamanca), e agora xerente de portais de Orange (France Telecom).

Certamente, a charla foi un poco mezcla de moitas cousas sen moita conexión: falou de Web 2.0, de Seguridade nas redes Wi-Fi, dos usos que se lle pode dar a Google, etc…
pero teño que dicir ao seu favor que estivo bastante ben. Fíxome gracia o rato que falou de “o considerado gurú da blogosfera española Enrique Dans” (dito por el hoxe), citando tamén a Xataka como blogue de referencia. Tamén falou de servizos web como del.icio.us, Flickr ou Facebook, certamente interesante para quen non coñecera os servizos. Na parte de blogosfera usou un termo do que eu nunca escoitara falar, e foi o de blogoblog (creo que dixo iso), e é un blog dos chamados tamén “copy+paste”, pois copian novas de outros sitios para metelas no seu blogue.

Botouse de menos que falase un pouco sobre cómo comezou o tema de El Rincón del Vago, mais posíbelmente a finais de Novembro se faga unha segunda charla con el e mais coa outra persoa que leva o portal para que expliquen un pouco o tema de como levar unha web, e agardo que tamén sobre cómo comezou todo. Comentar que o rapaz contou que non acabou nunca a Carreira de Informática pois se pasou a Económicas (creo que por culpa dunha das profesoras alí presentes)….pero unha historia curiosa, algo como lle pasou a Steve Jobs na Universidade….

O problema de agochar o botellón 4

Como rapaz pontevedrés que son, ás veces falo de temas da miña cidade, pese a estar en Salamanca e visitar Pontevedra de vez en cando. Anda revolucionado o patio estes días na cidade a raíz da proposta do alcalde, do Bloque Nacionalista Galego, de trasladar o botellón.

Vou comentar a historia, antes que nada. En Pontevedra dende sempre se saiu de copas na zona vella, e é aí onde se fai botellón, nun parque ao carón dunha igrexa, o “Campillo de Santa María”. Hai un par de bares pequenos alí xustamente, mais alí se fai botellón ao ser un parque e perto do Casco Vello. Lóxicamente, alí tamén viven veciños, polo que sempre existiu o problema de ruídos.

Nesta 3º lexislatura conxunta de BNG+PSOE en Pontevedra se plantexa a opción do seu traslado
, se levaron a cabo reunións con asociacións veciñais e co colectivo de mozos (para que logo digan que o BNG non escoita) e o BNG propuxo levar o botellón a un parque ao carón do Recinto Feiral, ao outro lado do río, onde non existe veciñanza pero a algo menos de 5 minutos andando do Casco Vello. Ademáis, Guillerme Vázquez, edil do BNG comentou a idea de aproveitar o Recinto Feiral que está ao carón para ofrecer alternativas de lecer e que non sexan o botellón.

O botellón non debe agacharse como se fai con moitos problemas, debe ser abordado entre tódolos sectores implicados para a súa soluciónResulta que hoxe a Asociación de Veciños do casco Vello din que non pode ser un mero traslado e que se deben ofrecer alternativas (aquí nótase quen non le a prensa). O PSOE pontevedrés, socio de goberno do BNG critica que se plantexe un traslado do botellón sen aportar alternativas, pois o botellón seguirá a existir.

Eu fixen (e fago) botellón, aquí en Salamanca case sempre na residencia pois na rúa multan.
E, de pouco serve ocultar as cousas, pois seguirán existindo alá onde sexan, e xa poño aquí o exemplo, pois se segue facendo botellón. Se a xente quere facer botellón, se deberían adaptar recintos como o que propón o BNG. ¿Botellódromo? E que problema hai, alí non hai veciños que se poidan molestar, a limpeza sería máis sinxela pois se concentraría nun só sitio.

Resumindo, o botellón existirá namentras existan bares que cobren cantidades excesivas por copas que teñen de todo menos alcol, e namentras existan rapaces que queiran practicalo. Porén, se deberían adaptar lugares específicos e consensuados para que non haxa problemas e non ocultar o problema, pois xa temos experiencia en ver problemas ocultos que saen á luz

Nube tóxica de amoníaco en Salamanca 5

Nube tóxicaOnte sucedeume algo especial, e aínda que algúns de Twitter xa o saben vouno comentar.
Onte á tarde estaba na biblioteca da facultade e quedara con Arantza para tomar algo ao saír, sobre as 20. Resulta que nada máis sair, me pregunta se noto o amoníaco…e a verdade é que había un cheiro bastante forte a amoníaco, aínda antes de saír á rúa, aínda noclaustro.

Saímos á rúa Compañía, e un cheiro tremendo, a xente tapándose con panos o nariz, meténdose en lugares pechados…así que decidimos ir ao Alcaraván, que está enfrente da facultade, e esperar alí a ver que pasa, cun pouco de nervos metidos no corpo por saber que estaba pasando. Ao rato de estar alí un dos do local ordena apagar cigarillos e demáis, pois se pechou a porta do local para evitar que entrase o amoníaco e sen deixar entrar a ninguén máis (que non o evitou, porque ao rato se empezou a notar dentro do local). Namentras estabamos dentro se veía como unha neblina pola rúa, e dous periodistas de TV gravando cunhas mascarillas (non sei de que TV serían, maxino que da local). Curioso, chamo a Emerxencias 112, que lóxicamente tiñan constancia de ilo e me dixo que estaban os bombeiros tentando ver a orixe da fuga, que non saise á rúa ata dentro dun anaco.

Ao rato (rato cicais unha hora) probamos a saír e o cheiro baixara, non moito, pero un pouco menos se notaba; así que fomos hacia San Justo pra ir a Gran Vía e ata casa; e certamente en San Justo aínda se notaba bastante o cheiro. Nada máis chegar a casa, conecteime a Internet a ver se atopaba algo de información e resulta que houbo cinco intoxicados por un gran escape de amoniaco que colapsa a capital, procedente dunha fábrica de abonos.

En fin, unha historia para non durmir, pero que te asusta un pouco ao descoñecer que pode estar pasando. Agradecín onte un pouco ter a man o E65, pois o local no que estabamos tiña Wi-Fi e me puiden conectar a Twitter e a Internet para tentar enterarme de que pasaba, e ao menos serviu para comunicar que estaba pasando…

Posteriores »