Andrés Milleiro
Weblog personal

Nuevo diseño en el blog 7

Pois sí, se visitades o blogue vía web o miraredes, se ides vía feed RSS ou email mellor visitade o blogue e o veredes. Tiña certos problemas co anterior deseño (se reseteaba constantemente, e creo que era do diseño, así que agardo que con este non suceda). Detalles do novo deseño:

  • Orixinalmente é Reboot!, un deseño de Manu Contreras, se ben está bastante modificado ao meu gusto. Escollín ese tema porque, pese a todo, creo que compartimos gustos no deseño, unha mágoa que xa non siga publicando temas pra Wordpress…
  • Debaixo do título incluín unha frase aleatoria, en honor a varias cousas, pero especialmente aos freaks galegos, que habelos hailos, como dicía Gallegos, qué friquiños:

    Hasta hace poco éramos un pueblo que votaba mayoritariamente a un señor salido de La noche de los muertos vivientes. Los crímenes de Puerto Hurraco parecían niñerías en la tierra de Paulino de Chantada, y la pobre Dolores Vázquez tenía todas las papeletas para acabar sus días en la cárcel por parecerse a un personaje de novela de Stephen King y además ser, según el fiscal, “muy gallega”. Por no hablar de los grandes momentos que hemos dado al teatrillo bizarro español con personajes como el genial John Ballan, Cañita Brava, Karina Fálagan o el alcalde de Ortigueira, que hizo sacar al mayor freak televisivo estatal un arranque de lucidez, cuando Pocholo dijo del hombre que trataba de comprar su camaradería exhibiendo billetes de 500 que “este tío sabe latín”.

Pois iso, como sempre, suxerencias e demais, nos comentarios. Agardo que vos guste.

Vacaciones blogueras 1

Estos días estou baixando un pouco o ritmo de publicación do blogue, e quen o sega o notou. Estou 15 días en Sanxenxo (Pontevedra), con Internet de Yoigo e maxino que nos vindeiros días poderei probar o Wi-Fi que trae o Nokia E65 grazas á xente de ClubZed que elexiu a varios blogueiros, entre eles a mín, pra probar algunhas cosas, así que nos deixan o teléfono unha tempada e algo de consumo ao mes, todo un luxo.

Pero ao que ía, pechei os comentarios no blogue, pois non vou a estar moi atento ao correo e non quero descoidar discusións e demáis; aínda que seguirei publicando cicais, pero a un ritmo non tan diario.

Bilingüismo de facto 6

(artigo meu que sae hoxe publicado no Blog de Bloggers de ElPais.com)

Podería comezar este artigo presentándonme, falando do estupor que pode causar o que apareza neste lugar un artigo firmado por alguén á insultante idade de 19 anos. Pensei en facelo criticando a todos aqueles que xeralizan á miña xeración, tachándoa prácticamente de cocainómanos que rondan esquinas infestas. Pero non o farei, non pretendo desunir e crispar con este artigo. Nada máis lonxe.

Creo no bilingüismo. Nacín na Galiza, un territorio bilingüe, antaño completamente galegoparlante pero que, por uns ou outros motivos en parte se castelanizou, onde agora na miña xeración volva a coller pulo noso idioma. Somos afortunados de, como tedes visto, poder ter vivido as máis variadas situacións lingüísticas e, por ende, ter aprendido ou ter escarmentado.

Como era de agardar, recibín bastantes críticas no meu blogue, sobre todo nalgún intre tachándome de españolista, sobre todo de xente que non me coñece. Recoñezo que me tentou en máis dun intre o poñer no blogue como idioma principal o galego e non o castelán como agora, pero os datos de suscritos a un e outro feed RSS fan que manteña como idioma o que ten máis lectores, e creo que é algo lóxico.

Aposto polo bilingüismo porque penso que as dúas lenguas debemos convivir en harmonía, pero sen inclinarme pol o bilinguismo harmónico que propuñaba o goberno de Fraga nas aulas e nunca se cumpliu realmente pois só se daba en galego a asignatura de galego. Pero tampouco quero politizar demasiado o tema, porque é de este xeito como comeza a crispación, o insulto ou o menosprezo.

É difícil, bastante difícil escribir un blogue bilingüe, sobre todo á hora de publicar vídeos nos que saio falando ou ao ter que traducir entradas longas como algunha das miñas entrevistas, pero tiven grandes intres nos que se recoñeceu meu traballo, como meu posto de finalista nos Premios 20 Blogs como Mellor Blogue escrito en lengua constitucional distinta do castelán. Creo que algunha das cousas que conseguín co meu blogue, entre elas poder coller este pequeno megáfono é porque teño un blogue bilingüe, e iso é un pequeno rasgo de orixinalidade.

Ata logo, gero arte, a reveure, hasta luego.

Saldré en el Blog de Bloggers 2

Rosa me ha ofrecido salir en el Blog de Bloggers de El País y orgullosísimo que estoy. Estoy algo liado con algunas cosas y escribiendo el artículo para el blog, pronto lo podréis leer.

Soy primero en el blogomillo 7

Botando unha ollada ás estadísticas fai un rato, me pasei polo ránking de blogues no blogomillo da Blogaliza é dicir, o ránking de blogues escritos en galego e cal é miña sorpresa ao ver que este blogue estaba en primeiro lugar, pra máis inri deixo unha captura de pantalla:
Ranking Blogomillo
De todas formas, creo que nuns días baixarei de tan honroso lugar (sobre todo porque boto a algúns blogues en falta), pois están facendo cambios no ránking e pronto voltarei ao carto ou quinto posto que ocupaba últimamente (e que tampouco é mal lugar).

Cosas pendientes (y una petición) 17

Creo que non lle queda moito ao blogue por tocar, se ben cicais cambie algo máis, pero non sustancial. O que falla agora é:

  • Quero meter miniposts e non son capaz. Probei de varios xeitos, engadidos, sabores e tamaños e o tema peta. Creo que os miniposts sempre foron miña asignatura pendente, cicais porque todavía non aprendín moito PHP.

Creo que por agora é iso, se alguén sabe unha maneira “doada” de meter miniposts que mo diga, porque…non fun capaz.

En outro orden de cosas, pídovos un favor aos cento e pico lectores do blogue: ¿Que vos parece o novo deseño? ¿Que mudaríades? ¿Cicais o autor do blogue? As respostas, nos comentarios.Graciñas.

Cambiando el blog 5

Levaba un tempo, uns meses cicais, querendo mudar algunhas cousas de este blogue e facelo algo máis persoal, e creo que o estou conseguindo.

A primeira vista notaredes que mudei a tipografía: o blogue pasou dunha típica “Arial” a unha de tipo “Serif”, que me gusta algo máis como xa teñen, así que lembre, Vieiros ou creo que tivo un tempo Minid.net. Tamén estou facendo algúns cambios arriba, metendo unha caixa de búsqueda no blogue.

Nos cambios “internos” estou tentando que o código do blogue valide como XHTML 1.1 (como 1.0 validaba onte) (xa valida, comprobádeo) e estou simplificándoo un pouco, pois atopei bastante código sen usar que había. Pero xa advirto que tentarei cumplir algún cambio máis que teño en mente.

En fin, como se soe dicir sempre, agardo que vos guste.

La tiranía de Adsense 9

AdsenseDun tempo a esta parte, e grazas a Manu estamos metendo publicidade de Adsense neste blogue, en Trebellos e en Pontevedracf.NET; os ingresos non son a panacea pero ben, algo de xugo lle estamos a sacar ao sistema de publicidade de Google.

O problema vene que, dun tempo a esta parte Google nos ven avisando de clicks inválidos na nosa conta, e de reembolso de diñeiro a anunciantes. Quen teña un pouco de memoria nisto lembrará que a Ricardo Galli lle tiñan pechado a conta en Menéame por clics inválidos según Google. Eu, de feito, estou baneado de Adsense por algo que non sei qué é. Google fai un par de días voltou a avisar por segunda vez en pouco tempo e, ante a nosa impotencia lles preguntamos que, ao menos, nos digan que criterios están tendo clics inválidos pra quitalos e ver qué está sucedendo, pero Google só se atén ás súas normas, polas que non pode nen decir que criterios son, e se limita a mandar un correo sen persoalizar sequera.

En Trebellos temos a opción de GaliciaBanner, un sistema que paga bastante ben, se ben antes de saír á luz Trebellos non se querían arriscar a meter publicidade e teremos que agardar uns meses a ver se todo vai hacia arriba. Anteriormente traballábamos con NetFilia pero é que apenas paga a pena comparado co que da Adsense. E nesas estamos, sen saber moi ben qué facer, preguntándonos se seremos baneados porque a alguén, por exemplo por vinganza ou odio persoal, se dedique a facer clics a mansalva (que tampouco, eu ao menos non vin aumentos desmedidos nos clics).

Cambios en el blog 3

Recoñezo que dun tempo a esta parte, sobre todo despois da saída á luz de Trebellos, que coincidiu / está coincidindo co tramo final do curso (o que implica menos tempo todavía), estiven algo desorganizado ao respecto de este blogue.

Ben, a raíz de notar eu o pequeno caos decidín facer cambios no blogue, que polo dagora serán dous e que agardo que con ilo remate de organizarme e programarme, que está resultando algo medianamente bo:

  • A partir dagora non existen máis Videoracións. Os que sexades máis fans do blogue vos daríades conta fai xa tempo, outros cicais non. A razón a isto é que, por se non o sabédes, xunto con Manuls comezamos Tortilla de Patata, un blogue onde poñemos as tonterías que nos pasan e/ou atopamos pola rede, principalmente vídeos, polo que xerar un contido repetido non me parece demasiado bo de cara a vós, os lectores, pero ben, lóxicamente, visitade Tortilla de Patata.
  • Recoñezo que o tema de as entrevistas o fixen dunha maneira un tanto irregular, así que a partir dagora publicarei unha entrevista ao mes, que a terei planificada con tempo e demais. A de Maio, a Andrés Nieto, unha entrevista que, recoñezo, fai tempo que a pactamos (o 27 de Xaneiro, vergoña me tería que dar ver todavía o borrador en Gmail, o sinto Andrés) e que por cuestións de tiempo quedou algo apartada. Antes de final de mes prometo publicala.

Agardo que vos gusten os cambios do blogue que, principalmente os fixen pra darme algo de respiro e poder compaxinar isto un pouco mellor e poder planificar todo máis.

Cobertura de los Premios 20Blogs 2006 4

Y...finalmente

Estou na cerimonia de entrega dos Premios 20 Blogs. Podes seguir en directo miña cobertura:

En Twitter (texto)
En Flickr (fotos)

Un saúdo.

Posteriores »