Andrés Milleiro
Weblog personal

R comeza na telefonía móbil 2

Logo R

Pequena sorpresa que saiu á luz fai unhas semanas e que dende que saiu me apetecía comentala por eiquí. Dicía, pequena sorpresa ou non, pois é un segmento de negocio cada vez máis apetecíbel, sobre todo tratándose da cableira galega e do ritmo imparábel ao que está a medrar.

Para quen non o saiba, R comezará nun par de meses (rumoreábase que para Navidad) a operar con telefonía móbil baixo a cobertura de Vodafone, o que lle permitirá ofrecer nun mesmo conxunto servizos de telefonía fixa+internet+televisión+telefonía móbil.

Dende fora da Galiza se menospreciou a incorporación de R ao elenco de compañías que comezaron a prestar servizos como OMV. Unha das razóns para este menosprezo creo que é o descoñecemento do que ven facendo R en canto a tarifas e que pode rematar de rachar o mercado galego (lembremos que en clientes de telefonía fixa R xa supera a Telefónica na Galiza, como ben lembra Breo en esta entrada).

En telefonía fixa R ofrece chamadas entre clientes a 0€/min e 0€ establecimiento, o que non sería de estranar na telefonía móbil (ao igual que o que fixo Ono). Por tanto, imaxinádevos un comercial que traballa nunha empresa que ten R nas súas oficinas, cun telefóno móbil da mesma R para traballo, e con R na súa casa. Creo que queda todo claro.

Actualización: En XatakaMóvil publican as tarifas de R como operador móbil: 0 cents se a chamada é a un número de R noso e 3 cénts se é outro cliente de R, segue sendo apetecíbel.

Probando el Nokia E65 77

Nokia E65Como ben comenta Carlos Mantero no seu blogue, varios blogueiros fomos seleccionados pra testar unha serie de cousas, e recibimos o terminal que podedes ver na imaxe, o Nokia E65.

O terminal simplemente é xenial. Ten 3G, Bluetooth e todo o que se lle soe pedir a un terminal normal, pero además ten Wi-Fi, polo que nos poderemos conectar a unha rede sen fíos e navegar por internet, simplemente xenial. Ademáis, pertence á serie E de Nokia, orientada aos negocios, e ten algunhas aplicacións pra ler correo e demáis.

Destacar, ademáis do Wi-Fi, a batería, que non é a normal que soe meter Nokia, senón un modelo que polo dagora teñen o N95, N93, E65 e algún máis, e que dura un tempo maior, o que se agradece cando se navega vía Wi-Fi, aínda que ben, se querédes ver unha boa revisión do producto, lede a de Carlos Mantero, que eu aínda teño que probalo bastante máis.

Más información: Blogue de Carlos Mantero
Más información: Web oficial

Por qué no despega el internet móvil en este país 3

Fala Enrique Dans no seu último artigo acerca do plan de prezos do iPhone en AT&T, a compañía coa que se comercializa nos Estados Unidos, e que non é outro que o seguinte:
plan de precios iphone

De il se poden sacar varias conclusións:

  • Algo que xa sabíamos, e é que os SMS en USA non despegaron, a diferenza de España. AT&T sabe seu menor uso e en España sería raro que pagando máis no se teñan máis cantidade de SMS pra mandar. Aquí hai os mesmos nos 3 plans, que son 200.
  • Tráfico ilimitado de datos. Esto básicamente é o máis importante e é o que fai que avance a “sociedade da información” tan comúnmente cacareada.

E destaco o mesmo que destaca Enrique, en España non se pode acceder apenas ao internet móvil (salvo no caso de Yoigo, que é o único que compensa actualmente), nengún dos tres tene unha tarifa plana real de datos ilimitada. Como ben di Dans:

Y después habrá quien se pregunte por el estado de la competencia en nuestro mercado o porqué el Internet móvil no despega en España…